Edward Sapir, nado en Lauenburg (daquela pertencente a Pomerania) o 26 de xaneiro de 1884 e finado en New Haven (Connecticut) o 4 de febreiro de 1939, foi un lingüista estadounidense de orixe alemá. Foi o fundador, xunto con Leonard Bloomfield, do estruturalismo norteamericano.

Edward Sapir
Nacemento26 de xaneiro de 1884
Lugar de nacementoLębork
Falecemento4 de febreiro de 1939 (55 anos)
Lugar de falecementoNew Haven
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterUniversidade de Columbia, Stuyvesant High School e DeWitt Clinton High School
Ocupaciónantropólogo, lingüista, sociolingüista, profesor universitario, etnólogo e filósofo
PremiosSterling Professor
Na rede
Bitraga: 3566 WikiTree: Sapir-17 Find a Grave: 176527180 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Sapir naceu na Prusia Occidental, na actual Lębork en Polonia, nunha familia xudía de lingua yiddish que emigrou para os Estados Unidos cando el tiña só cinco anos. Fixo os seus estudos na universidade de Columbia onde foi alumno de Franz Boas.

Os seus estudos de lingüística xeral baseáronse nas súas investigacións sobre idiomas indíxenas americanos, a partir das cales elaborou unha nova clasificación tipolóxica das linguas.

Enfocou o seu estudo sobre as linguas atapascanas, do grupo na-dené, e especialmente sobre as linguas e culturas chinook, navajo, nootka, paiute, takelma e yana. Aínda que salientou no terreo das linguas amerindias, foi tamén prolífico na lingüística en xeral. No seu libro Language propuxo unha clasificación gramatical e tipolóxica das linguas (con exemplos tomados do chinés ou do nuu-chah-nulth), críticano a especulación sobre o fenómeno da linguaxe ou as arbitrariedades que se cometían ao asociaren lingua, raza e cultura.

Durante os últimos anos da súa vida, mantivo unha importante relación co psiquiatra Harry S. Sullivan, e ambos os dous asentaron as bases do que posteriormente sería a psiquiatría transcultural ou psiquiatría cultural (cfr. Antropoloxía médica).

Foi director da sección de antropoloxía do museo canadense de Otava e profesor das universidades de Chicago e Yale (1931 - 1939).

Hipótese de Sapir-Whorf editar

Foi un dos creadores do que agora se coñece como a hipótese de Sapir-Whorf, que sostén que a concepción do mundo dun pobo está directamente relacionada coa estrutura conceptual da súa lingua.

Obras editar

Libros editar

  • Wishram Texts (1909).
  • Language: An introduction to the study of speech (1921) (link). Edición en galego (2010): A linguaxe: introdución ó estudo da fala. USC (link Arquivado 30 de novembro de 2015 en Wayback Machine.).
  • Nootka Texts (1939).

Ensaios e artigos editar

  • The Function of an International Auxiliary Language (link).
  • The problem of noun incorporation in American languages. Am. Anthropol. 13:250-82. (1911).
  • Time Perspective in Aboriginal American Culture: A Study in Method. Canada Department of Mines, Geological Survey, Memoir 90. Anthropological Series, No. 13. (1916).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Edward Sapir: Appraisals of His Life and Work. Ed. Konrad Koerner. Philadelphia: John Benjamins, 1984. A collection of obituaries, bibliographic sketches, and critiques (mostly positive) of Sapir's work by his colleagues, students, and others affected by his work.
  • The Collected Works of Edward Sapir. Ed. William Bright. Berlín: Mouton de Gruyter, 1990. Volume IV presents more of his anthropological work, and makes reference to his work with Fang-Kuei Li. Volumes V and VI contain his work on American Indian languages.
  • Edward Sapir: Linguist, Anthropologist, Humanist. Regna Darnell. Berkeley and Los Angeles: University of California Press, 1990. Darnell's book is the best source on Sapir's life and his work as an anthropologist.