Edward John Smith

Edward John Smith, nado en Hanley o 27 de xaneiro de 1850 e finado a bordo do RMS Titanic no océano Atlántico o 15 de abril de 1912, foi un oficial de reserva da Royal Navy e capitán de barco inglés. Estivo ao mando de transatlánticos como o RMS Olympic ou o RMS Titanic, do que foi o primeiro e único capitán.

Infotaula de personaEdward John Smith

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1850 Editar o valor em Wikidata
Hanley (Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda) Editar o valor em Wikidata
Morte15 de abril de 1912 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Oceano Atlântico Norte (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte accidental Editar o valor em Wikidata (Afogamento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
Residencia17 Marine Crescent, Waterloo (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmariño , capitán de barco Editar o valor em Wikidata
EmpregadorWhite Star Line (1880–) Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rama militarRoyal Naval Reserve (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ConflitoSegunda guerra bóer Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosHelen Russell-Cooke (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
14 de abril de 1912-15 de abril de 1912afundimento do RMS Titanic
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic
10 de abril de 1912-15 de abril de 1912viaxe de inauguración do RMS Titanic Editar o valor em Wikidata
Premios

WikiTree: Smith-49339 Find a Grave: 3042 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

 
O SS Atlantic, xemelgo so SS Republic.

Smith ingresou na White Star Line en marzo de 1880 como cuarto oficial do SS Celtic. Serviu a bordo dos navíos que cubrían a ruta Australia-Nova York, nos cales ascendeu pronto. No ano 1887, a White Star Line poñía nas mans de Smith o SS Republic. No ano 1888, Smith alistouse na reserva da Royal Navy licenciándose como tenente. Isto significaba que nos tempos de guerra, Smith podía ser chamado a servir na armada inglesa.

Capitán de grandes navíos editar

Edward Smith foi capitán do SS Majestic desde 1895 ata 1904. Cando comezou a segunda guerra dos boer en 1899, Smith transportou a bordo do Majestic tropas cara a Colonia do Cabo, realizando dúas viaxes a Suráfrica, ambas sen incidentes, e polos seus servizos, o rei Eduardo VII do Reino Unido outorgoulle a Medalla do Transporte en 1903.

Desde 1904 Smith estivo ao mando do RMS Baltic e en 1907 recibiu o mando do RMS Adriatic. Fíxose moi popular e famoso na prensa especializada inglesa, dando moitas entrevistas pola súa carreira sen incidentes ata entón e concedéndoselle o título de capitán máis seguro e experimentado da White Star Line, aínda que tivera que enfrontarse a un sinistro a bordo do RMS Germanic na cidade de Nova York e a un incendio no Baltic.

Desde o ano 1910 comezou a asumir mandos honoríficos ao levar nas súas primeiras viaxes aos novos barcos da compañía.

Capitán do Olympic editar

 
Smith xa abordo do Olympic.
 
O Olympic e o Titanic, marzo de 1912.

Smith fíxose co mando do RMS Olympic para a súa viaxe inaugural o 21 de xuño de 1911. Antes da travesía, invitou ao rei Afonso XIII de España a visitar o barco, este desfrutou tanto da visita que enviou persoalmente unha carta de condolencias a Eleanor Smith tras a morte do seu marido no Titanic.[1] A viaxe inaugural do Olympic viuse afectada por unha pequena colisión contra un remolcador no porto de Nova York.

Incidente do Hawke editar

 
O RMS Olympic e o HMS Hawke tras a colisión.

O primeiro accidente notable da carreira do capitán Edward Smith produciuse en setembro de 1911 entre o RMS Olympic e o HMS Hawke, ocasionando grandes danos en ambos os dous barcos. Este accidente obrigou que se atrasase a construción do RMS Titanic mentres se reparaba o Olympic.[2]. A responsabilidade do accidente non prexudicou a imaxe de Smith e a fin das reparacións do Olympic este foi entregado ao capitán Herbert Haddock.[3]

Capitán do Titanic editar

 
O Titanic o día que levantou áncora de Southampton, o 10 de abril de 1912.
 
Smith xunto ao xefe asistente Hugh McElroy, a bordo do Titanic, o 11 de abril de 1912.

O 31 de marzo de 1912, Smith contemplou por primeira vez ao Titanic. O 1 de abril de 1912, Smith embarcou no Titanic para realizar as probas de mar, pero por malas condicións de tempo, pospúxose para o día seguinte, o 2 de abril; despois de extensas manobras no mar, foi oficialmente aprobado para o servizo de pasaxeiros. Rematadas as probas, parte cara a Southampton para abastecerse e recibir a nova tripulación. A saída estaba fixada para o 10 de abril de 1912.

A White Star Line realizara unha gran campaña propagandística para o Titanic e a venda de pasaxes superou as expectativas da compañía. Smith adicouse a preparar a saída e por políticas da compañía, a recibir ós pasaxeiros de primeira clase de maior connotación social.

O 10 de abril, xusto ao mediodía, o Titanic tocou a súa sirena tres veces e Smith ordenou soltar amarras, os remolcadores axudaron ao xigantesco transatlántico a colocarse en posición da canle. Durante a saída o Titanic creou un gran vórtice que fixo soltar as amarras do transatlántico New York, atraéndoo cara a el. Smith ordenou dar marcha atrás e grazas á axuda dun remolcador conseguiuse evitar a colisión. Moitos dos presentes consideraron dito incidente como un mal presaxio para o Titanic.

Unha vez superado o incidente, o Titanic diríxese cara a Cherburgo onde chega ao solpor do 10 de abril, alí recolle a máis pasaxeiros e parte cara a Queenstown, á mañá seguinte. Neste período de tempo, é cando un pasaxeiro toma a derradeira fotografía do capitán Smith e mais o seu barco. Tras un intercambio de pasaxeiros e correo, o Titanic parte cara Nova York.

A noite da traxedia editar

A viaxe do Titanic transcorreu sen moitos incidentes, o 12 de abril comezáronse a recibir mensaxes telegráficas que anunciaban a presenza de grandes concentracións de icebergs na ruta.

A ruta orixinal do Titanic aparentemente interceptaba as zonas de xeo, por iso Smith ordenou unha ruta 16 millas máis ao sur para así bordear a zona de perigo.

Durante o domingo 14 de abril, o telégrafo da sala Marconi descompúxose por 10 horas o que obrigou aos operadores de radio Jack Phillips e Harold Bride a reparalo ao longo de sete horas. Cando por fin se compuxo, as partes de icebergs acumuláronse, ademais diso, os pasaxeiros desexaban enviar as súas mensaxes, polo que o humor do operador Jack Phillips non era moi bo.

Ao atardecer do 14 de abril, o Titanic dirixiuse novamente 10 millas máis ao sur do normal mentres caía a noite. Segundo algunhas fontes, o capitán Smith mantivo unha entrevista con Bruce Ismay no salón de fumadores de primeira clase no cal Ismay incitaba ao capitán a que aumentara a velocidade a pesar dos avisos de xeo.

O SS Californian, que estaba máis adiante do Titanic, detívose a causa dos icebergs e quixo informar ao Titanic da súa presenza, pero Philips non escoitou os avisos do Californian. O operador do Californian, ó ver que non lle facían caso apagou o equipo ás 22.00 horas e retirouse a durmir.

As 20.00, Smith reuniuse para cear cun grupo de pasaxeiros de primeira clase no restaurante á carta da cuberta B. Entre eles estaban George Widener, a súa dona Eleanor e o major Archibald Butt, axudante de campo do presidente dos Estados Unidos, William Taft. Pasada a cea, Smith baixou ao salón de fumadores de primeira clase.

O Titanic navegaba por augas moi quedas, case sen ondas, as luces do gran barco reflectíanse nun grande espello líquido escuro sobre a auga. Ás 20.55, Smith apareceu na ponte, alí estaba o segundo oficial Charles Ligtholler ao mando e comentoulle o estado do mar e Smith afirmou que nunca vira un mar nesas condicións. Ligtholler observou que nesas condicións a visión de icebergs era moito máis difícil, ao que Smith respondeu que confiaba que grazas ao ceo estrelado o xeo fose avistado a tempo e ordenou redobrar a garda nas cofas.

Ás 21.20, Smith ordenou que se lle informara en caso de calquera incidente, e marchou cara ao seu camarote. Ás 22.00, o primeiro oficial, William Murdoch relevou a Lightoller e este informoulle das instrucións do capitán.

 
Posible iceberg que impactou co Titanic. Foi fotografado 5 días após o afundimento polo mariñeiro Stephan Rehorek, quen o fotografou pola liña vermella na base.

Ás 23.38 divisouse un iceberg a proa, e Murdoch ordenou xirar a babor e ir cara a atrás. Ás 23.40 o Titanic chocou co iceberg que lle pasou polo costado e dobrou as pranchas abrindo o casco baixo a liña de flotación o cal provocou que o Titanic comezase a afundirse.

Smith presentouse na ponte e esixiu novas a Murdoch: -¿Con que chocamos?- Cun iceberg señor, e infórmalle das manobras realizadas: -Pechen as comportas estancas- ordenou Smith temendo o peor e Murdoch respondeu que xa estaban pechadas.

Tras observar os danos, Smith ordenou deter as máquinas e chamou a Thomas Andrews e o carpinteiro para facer unha inspección do barco. Tras a inspección, Andrews informou de que se ían afundir en como moito dúas horas.

A fin de Edward Smith editar

 
Portada do New York Herald informando sobre a catástrofe do Titanic.

As matemáticas confirmáronlle ao capitán Smith que só poderían salvarse entre 900 e 1.100 persoas das 2.200 que viaxaban no Titanic. Ante isto ordenou a Ligtholler que dese preferencia ás mulleres e os nenos. Logo diso reuniu ao resto dos oficiais e ordenoulles que espertaran aos pasaxeiros e os mandaran ir cara a cuberta.

A continuación dirixiuse cara a sala Marconi e ordenou que se enviase un sinal de socorro empregando as siglas S.O.S., dicindo: -Creo que así hai que facelo nestes casos-.

Os botes salvavidas colocáronse na borda e as 0.30 comezaron a encherse, moitos deles de xeito insuficiente. Nalgúns deixouse subir aos homes, aparentemente non houbo moito control nisto, e Smith non parecía ter coñecemento da situación. Pola outra banda, os pasaxeiros de terceira clase descubriron que os accesos cara ás cubertas superiores do barco estaban pechados. Moitos deles subiron por lugares inadecuados e moi poucos lograron chegar aos botes. O SS Californian estaba a tan só 10 millas do lugar, e algúns dos oficiais do Titanic afirmaron ver luces pero nada sucedeu ante os sinais luminosos. Smith ordenou ao cuarto oficial que trouxera os foguetes de emerxencia. E de feito no Californian viron as luces dos foguetes pero o capitán Stanley Lord pensou que non eran máis ca sinais da compañía e non mostrou maior interese.[4]

Moitos dos sobreviventes afirmaron que Smith nunca demostrou nerviosismo ou descontrol algún da situación. Moitos víronno cun megáfono dando instrucións a viva voz. Desde a sala de Marconi, recibiu a noticia de que o barco máis próximo era o RMS Carpathia e que estaba xa de camiño, pero que tardaría polo menos catro horas en chegar. Algunhas testemuñas afirman que ao recibir esta mala nova, Smith quedou en estado de shock. Ordenou sacar as armas e entregalas aos oficiais para que estes as utilizaran en caso de que se descontrolara a situación.

Nun dos últimos botes, Bruce Ismay conseguiu salvar a vida sen que ninguén llo impedira. Á 1.45, xa case non quedaba ningún bote a bordo do RMS Titanic e Smith, ao decatarse de que a maioría estaban medio baleiros, comezou a chamalos para que salvasen a máis pasaxeiros. Ás 2.00 a ponte do barco estaba xa a ras da auga e se lanzou o último foguete. Ás 2.20 o Titanic desapareceu baixo as augas do océano Atlántico logo de partirse en dúas metades. Cando o buque afundía, Smith foi visto camiñando cara á ponte poucos minutos antes de que el e o resto da superestrutura fosen engulidos polo mar.[5]

Circularon moitas versións arredor dos últimos momentos do capitán Smith; na auga cun neno pequeno nos seus brazos, tirando-se cunha pistola. Ou (e isto é o máis probable), morrendo no seu posto na ponte cando o Titanic afundiu.[6][7][8] O seu corpo nunca foi recuperado.

Notas editar

  1. Mark Chirnside. Ano: 2004. Páxina:47
  2. Gérard Piouffre. Ano: 2009. Páxina: 70
  3. Mark Chirnside. Ano: 2004. Páxina: 77
  4. Titanic and the mystery ship. Sean Molony
  5. Testimony of Charles Herbert Lightoller
  6. Spignesi, Stephen (2012). The Titanic for Dummies. John Wiley & Sons. p. 207. Consultado o November 6, 2012. 
  7. Ballard, pp. 40–41
  8. Mystery surrounds Captain Smith's last Smith

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar