Edward Emily Gibbon, nado en Putney o 8 de maio de 1737 e finado en Londres o 16 de xaneiro de 1794, foi un historiador británico, considerado como o primeiro historiador moderno, e un dos historiadores máis influentes de todos os tempos.[1][2] A súa obra magna, The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (Historia da decadencia e caída do Imperio romano), publicada entre 1776 e 1788, é un traballo fundamental cuxa influencia perdura ata hoxe en día, non só para comprender a evolución historiográfica sobre este tema —que non o estado da cuestión, dado que a obra está, loxicamente, desfasada—, senón tamén como sólido fito metodolóxico no estudo histórico.

Infotaula de personaEdward Gibbon

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento8 de maio de 1737 Editar o valor em Wikidata
Putney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte16 de xaneiro de 1794 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Londres Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Peritonite Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaFletching (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro do Parlamento da Grã-Bretanha (pt) Traducir
1774 – 1784
Member of the 14th Parliament of Great Britain (en) Traducir

Member of the 15th Parliament of Great Britain (en) Traducir

Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaPutney (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino de Gran Bretaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónCatolicismo e Protestantismo Editar o valor em Wikidata
EducaciónMagdalen College
Kingston Grammar School (en) Traducir
Westminster School
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria, Antigüidade clásica e literatura de divulgação científica (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónhistoriador , erudito clásico , político , escritor Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Whig (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaLingua francesa, lingua inglesa e lingua checa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor em Wikidata
PaisEdward Gibbon (en) Traducir Editar o valor em Wikidata  e Judith Porten (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Gibbon-313 Find a Grave: 10453968 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Naceu en Putney, daquela unha cidade xunto ao río Támese, preto de Londres, Inglaterra. O seu avó fixera e perdera a fortuna familiar na burbulla dos mares do Sur. Gibbon era fillo único, e nas súas memorias descríbese a si mesmo como un "raparigo enfermizo". A súa nai morreu cando el contaba con dez anos, e a súa crianza e coidado correu a cargo da súa tía Catherine Porten. Asistiu ao Kingston Grammar School, residindo na casa da súa favorita "Aunt Kitty", seguida de Westminster School. Aos 14 o seu pai enviouno ao Magdalen College da Universidade de Oxford.

Gibbon non gozou da atmosfera escolar e máis tarde describiu os catorce meses pasados alí como os menos proveitosos de toda a súa vida. O máis memorábel deste período foi a súa conversión ao Catolicismo o 8 de xuño de 1753. "Desde a miña mocidade fun afeccionado á disputa relixiosa", escribiu máis tarde.

Estancia en Suíza editar

Pola súa conversión ao catolicismo foi expulsado de Oxford e o seu pai enviouno a Lausana, Suíza, baixo a titoría de M. Pavilliard, pastor calvinista e titor privado, onde permaneceu cinco anos, un tempo que tería un forte impacto no seu carácter e a súa vida posterior. Rapidamente apostatou de novo e regresou ao Protestantismo. A súa estancia en Lausana enriqueceu a inmensa aptitude de Gibbon para o estudo e a erudición. Ademais coñeceu ao único amor da súa vida, a filla do pastor, unha rapaza chamada Suzanne Curchod, que máis tarde sería a esposa de Jacques Necker, o ministro de finanzas francés, e nai de Germaine de Staël. Unha vez máis interveu o seu pai na súa vida, que lle negou o permiso para propoñer matrimonio á rapaza e esixiu o seu regreso a Inglaterra. Gibbon escribiría: "I sighed like a lover, I obeyed like a son."

Regreso editar

Ao seu regreso a Inglaterra Gibbon publicou o seu primeiro libro Essai sur l'Etude de la Littérature en 1758. De 1759 a 1763 Gibbon pasou catro anos de servizo coa milicia de Hampshire. A finais de 1763 embarcou para un Grand Tour a Europa, que incluíu unha visita a Roma. Foi alí, en 1764, cando Gibbon concibiu por primeira vez a idea de escribir sobre a historia do Imperio romano.

En 1772 o seu pai morreu deixándolle o suficiente como para vivir desafogadamente en Londres. Empezou a escribir a súa historia en 1773 e o primeiro "quarto" da Decadencia e Ruína apareceu en 1776. A obra tivo moito éxito entre os intelectuais do seu tempo e provocou certa polémica coas autoridades eclesiásticas. Os últimos tomos da "Decadencia e caída do Imperio romano" apareceron en 1788. Traballou na súa autobiografía ata a súa morte, en 1794.

Enfermidade editar

Gibbon sufriu dunha afección, que agora se pensa que podería ser hydrocele testis, de acordo co Manual de Merck. Produce a exsudación de fluído dos testículos en proporcións extraordinarias. Gibbon ideou moitos xeitos de retirar o fluído en anos posteriores, pero a situación empeorou e converteuse en algo máis doloroso e vergonzoso. O seu médico, que facía medicións, sacou unha vez máis dun litro de líquido da protuberancia.

Esta inflamación crónica causoulle unha incomodidade engadida nunha época en que a moda tendía aos calzóns axustados. Refírese indirectamente a isto nas súas memorias cando comenta: "podo recordar só catorce días verdadeiramente felices na miña vida" e "nunca estou contento senón cando escribo en soidade". A hixiene persoal durante o século dezaoito era como moito opcional. A humillación social que soportou como consecuencia da súa necesidade de hixiene e a súa protuberancia quedou rexistrada. Nunha época en que o valor do home era medido non soamente polo "corte dos seus calzóns" senón tamén pola súa equitación, Gibbon foi unha figura solitaria. Nun incidente axeonllouse ante unha dama da sociedade á que se ía declarar. Ela protestou, "Señor, por favor, levántese." Gibbon replicou: "Señora, non podo."

Historia da decadencia e caída do Imperio romano editar

Gibbon proponse escribir a historia de xeito accidental. Nas súas memorias escribiu que a redacción do libro se lle ocorreu en Roma, cando está entre as ruínas do Capitolio e, mentres oe orar aos franciscanos, pregúntase o porqué da decadencia do Imperio romano. Quizais por iso asociará a caída do Imperio co ascenso do Cristianismo, aínda que na obra isto non parece ser unha teoría creada ad hoc.

A pregunta inicial do libro será a causa da caída do Imperio romano, e o tema central, quizais pola relevancia histórica do mesmo, será o ascenso e desenvolvemento do Cristianismo. A primeira edición da primeira parte da obra publícase en 1776, e vai seguida do escándalo, porque Gibbon por primeira vez aplica a historia filosófica á historia da Igrexa, é dicir, escribe este libro desde unha perspectiva ilustrada e crítica. O escándalo e a seriedade inherente da obra contribúen o éxito da obra, polo que publica a segunda parte en 1788.

A primeira parte abarca desde os Antoninos ata o ano 476, no que se produce a desaparición do último Emperador, Rómulo Augústulo. A segunda parte ocúpase fundamentalmente da historia bizantina e de occidente, desde o ano 476 ata a Caída de Constantinopla no ano 1453. A caída de Roma e Constantinopla produciuse, segundo el, por un proceso de decadencia moral, debido a que o Cristianismo ía en contra dos ideais de Roma, que eran a liberdade intelectual e moral.

Unha das formulacións centrais da obra é responder a por que o Cristianismo se impuxo en Roma (e cal puido ser a súa influencia na caída do Imperio). A resposta obvia que lle deron na súa época é porque se trata da doutrina verdadeira. Gibbon, aínda que agnóstico confeso, non discute esta causa, senón que a ignora e analiza as causas verdadeiras, que son, segundo el:

  • A intolerancia dos cristiáns, que están convencidos de que a súa relixión era a verdadeira.
  • O Cristianismo ten como vantaxe que é unha doutrina proselitista, non como o Xudaísmo, que é pechada.
  • A promesa nunha vida futura.
  • Os milagres da Igrexa Primitiva.
  • A moral austera.
  • A unión do Cristianismo e Goberno.

Todo isto contribúe a explicar a caída do Imperio.

O verdadeiro mérito de Gibbon, emporiso, non se centra nas súas teses decadentistas, senón en como aborda o estudo do período, en como manexa as fontes históricas, e en como non se conforma con recoller aquilo que cada unha destas relata, senón que o fía e contextualiza tratando de ofrecer unha imaxe global de cada período histórico. Así, o novidoso e valioso de Gibbon non son as súas teses políticas, morais ou relixiosas, que son as mesmas de Voltaire e de Montesquieu, senón que soubo comprender o importante papel dos feitos na Historia, e soubo ordenalos e valoralos, realizando a primeira historia moderna: niso radica a súa importancia e a forza con que calou en toda a historiografía posterior.[3]

Valoración editar

 
Placa conmemorativa de Edward Gibbon en Bentinck Street, Londres.

A arte literaria de Gibbon, a continua excelencia do seu estilo, os seus epigramas picantes e a súa brillante ironía, poida que non asegurasen á súa obra a inmortalidade de que probabelmente goza, de non ser polo pulo ecuménico, a precisión extraordinaria e unha perspicacia de xuízo que raramente foi igualada en historia, ou mesmo na prosa inglesa. Winston Churchill anotou, "empecei Decadencia e Ruína (e) fun inmediatamente dominado tanto pola historia como polo estilo. Devorei a Gibbon. Seguino triunfalmente de principio a fin." Máis tarde, nos seus propios escritos tendería a imitar o estilo da súa prosa, aínda que a un nivel menos elevado.

De modo infrecuente para o século XVIII, Gibbon nunca estaba satisfeito de segundas fontes se as primarias estaban a man. "Sempre me esforcei", dixo, "por extraer da fonte principal; a miña curiosidade, tanto como un sentido do deber, urxíronme sempre a buscar nos orixinais." Nesta insistencia na importancia das fontes primarias Gibbon é considerado por moitos como o primeiro historiador moderno.

O capítulo décimo quinto, que documenta as razóns para o rápido crecemento da cristiandade ao longo do Imperio romano foi particularmente vilipendiado e causou a prohibición do libro en varios países ata hai relativamente pouco. (Irlanda, por exemplo, levantou a prohibición sobre a súa venda pouco despois de 1970)

A historia de Gibbon sobre a Decadencia e Ruína do Imperio romano segue sendo unha obra de valor indiscutíbel, unha inspiración para os historiadores e, sobre todo, unha crítica brillante, sostida e extraordinariamente perspicaz da fraxilidade da condición humana. Emporiso, a tese decadentista que suscitou en canto ao "fin do imperio romano de occidente" está máis que desfasada e bastante superada pola historiografía actual. A Gibbon é importante telo en conta para comprender a evolución historiográfica sobre este tema, xa que foi un dos pioneiros na historiografía moderna, pero a súa proposta xa non é aceptada polos estudosos do tema.

Influencia noutros autores editar

Os temas sobre os que escribiu Gibbon así como as súas ideas e o seu estilo influíron noutros autores, como é o caso de Isaac Asimov, que usou a súa obra principal "The History of the Decline and Fall of the Roman Empire" como a súa guía ao escribir un dos contos que forman parte do libro "Fundación e Imperio" (Parte I: "O Xeneral"), dentro da famosa Triloxía da Fundación.

Obra editar

  • Essai sur l’étude de la littérature (1761).
  • The History of the Decline and Fall of the Roman Empire (Volume I, 1776; Volumes II e III, 1781; Volumes IV, V, e VI, 1788).
  • A vindication of some passages in the fifteenth and sixteenth chapters of the History of the decline and fall of the Roman Empire (1779).
  • Mémoire justificatif pour servir de réponse à l’exposé, &c de la cour de France (1779).
  • Memoirs of My Life (1796)

Notas editar

  1. Edward Gibbon na Encyclopaedia Britannica
  2. A finais do s. XIX, o biógrafo Sir Leslie Stephen "Gibbon, Edward (1737-1794)," Dictionary of National Biography, vol. 21, p. 255 (Londres, 1890), apuntou a reputación de The History' como a dunha obra de erudición inigualábel, algo que o ámbito académico recoñece tan válido entón como na actualidade:

    As críticas vertidas sobre o seu libro (...) son case unánimes. En precisión, meticulosidade, lucidez, e en abarcar de forma extensiva tan vasto tema, a Historia é insuperábel. É o único libro de Historia escrito en inglés que pode considerarse como definitivo. (...) Malia os seus defectos, o libro é á vez artisticamente impoñente e historicamente irreprochábel como un vasto panorama dun período inmensamente longo.

  3. "Gibbon’s Contribution to historical Method", en: Historia, 1954, 458-460

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  1. Volumen I (Segunda ed.). ISBN 978-84-939635-0-7. 
  2. Volumen II. ISBN 978-84-939635-6-9. 
  • Gibbon, Edward (2006). Historia de la decadencia y caída del Imperio Romano. Edición íntegra en catro volumes, tradución José Mor de Fuentes. Madrid: Editorial Turner. 
  1. Tomo I. Desde los Antoninos hasta Diocleciano; Desde la renuncia de Diocleciano a la conversión de Constantino. ISBN 978-84-7506-753-7. 
  2. Tomo II. Desde Juliano hasta la partición del Imperio; Invasores bárbaros. ISBN 978-84-7506-754-4. 
  3. Tomo III. Invasiones de los bárbaros y revoluciones de Persia; Aparición del Islam. ISBN 978-84-7506-755-1. 
  4. Tomo IV. El Imperio de Oriente y las cruzadas; Fin del Imperio de Oriente y coronación de Petrarca. ISBN 978-84-7506-756-8. 

Ligazóns externas editar