Eduardo de Torres Taboada

avogado e político galego

Eduardo de Torres Taboada, nado en Santiago de Compostela o 20 de xaneiro de 1851 e finado na Coruña o 8 de xaneiro de 1921[1], foi un avogado e político galego.

Eduardo de Torres Taboada
Nacemento20 de xaneiro de 1851
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento8 de xaneiro de 1921
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Foi deputado provincial. Foi elixido deputado polo distrito de Muros nas eleccións de 1891. Nas eleccións de 1899 foi elixido polo distrito da Coruña, polo que volveu ser elixido en 1901, 1903, 1905 e 1907. Foi senador pola provincia da Coruña en 1910, 1911, 1914 e 1915. En 1902 fundou e dirixiu o periódico Diario de La Coruña.

Vida persoal editar

Casou con María Asunción Sanjurjo Flórez, condesa de Torre Penela, filla de Pedro Sanjurjo Pérez. Foi pai de Amalia Torres Sanjurjo, que casou en 1916 con Pedro Barrié de la Maza[2].

Notas editar

  1. Necrolóxica en El Orzán, 9-1-1921, p. 1.
  2. El Noroeste, 3-8-1916, p. 1.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar