Eduardo Torroja Miret

arquitecto español

Eduardo Torroja Miret, nado en Madrid o 27 de agosto de 1899 e finado o 15 de xuño de 1961 na mesma cidade, foi un enxeñeiro de camiños, docente, construtor e investigador español.

Infotaula de personaEduardo Torroja Miret

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de agosto de 1899 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte15 de xuño de 1961 Editar o valor em Wikidata (61 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónarquitecto , enxeñeiro civil , enxeñeiro Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloMarquesado de Torroja (en) Traducir (1961–1966) Editar o valor em Wikidata
FillosJosé Antonio Torroja Cavanillas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiEduardo Torroja y Caballé (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJosé María Torroja Miret (pt) Traducir e Antonio Torroja y Miret (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAna Torroja (son's daughter (en) Traducir)
Rafael Cavanillas Prósper (irmão da esposa (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios
Vista das tribunas do Hipódromo da Zarzuela (obra do arquitecto Carlos Arniches Moltó).
Mercado de Abastos de Alxeciras.

Traxectoria editar

 
Ponte do Pedrido

Fillo do matemático Eduardo Torroja Caballé, foi pai do tamén enxeñeiro José Antonio Torroja Cavanillas e avó da cantante Ana Torroja. Francisco Franco outorgoulle o título de Primeiro Marqués de Torroja en recoñecemento ao seu gran labor no campo da enxeñaría civil.

En 1917 ingresou na Escola de Enxeñeiros de Camiños (actualmente integrada na Universidade Politécnica de Madrid). Rematou a carreira o 22 de xaneiro de 1923. Deseguida pasou a traballar na Compañía de Construcciones Hidráulicas Civiles, dirixida polo que fora o seu profesor na Escola de Camiños José Eugenio Ribera, na que permaneceu ata 1927. Nesa compañía levou a cabo importantes proxectos entre os que destacou a cimentación da ponte de Sancti-Petri en San Fernando na provincia de Cádiz, debido ao novidoso do procedemento empregado.

Despois abriu unha oficina de proxectos propia en Madrid, proxectando en 1933 a cuberta do Mercado de Abastos de Alxeciras, obra realmente excepcional para a época. Como novidade do seu estudio pode citarse o emprego de modelos experimentais a pequena escala, que realizou para tódalas estruturas proxectadas nesta época, como foron o anfiteatro do Hospital Clínico na Cidade Universitaria de Madrid, o Frontón Recoletos ou as cubertas e bancadas do Hipódromo da Zarzuela, todos eles en Madrid.

En 1932 proxectou, xunto co arquitecto Manuel Sánchez Arcas, a Central Térmica da Cidade Universitaria de Madrid. Por esa obra recibiron o Premio Nacional de Arquitectura de 1932.

Empeñado na mellora das técnicas de construción creou, xunto a un grupo de arquitectos e enxeñeiros, a empresa ICON, con laboratorios apropiados para a investigación e medición sobre modelos reducidos e aplicables a todo tipo de investigacións para a construción. Desta empresa naceu, en 1934, o Instituto Técnico de la Construcción y la Edificación, do que Torroja foi o primeiro secretario, e a revista Hormigón y Acero.

En 1939, trala paréntese da Guerra Civil Española, o claustro de profesores da Escola Especial de Camiños, Canais e Portos propúxoo como profesor das materias relacionadas co Cálculo de Estruturas e nos anos seguintes as de Resistencia de Materiais e Fundamento do Cálculo e Execución de obras de formigón armado e pretensado, entre outras. Nese mesmo ano o Instituto Técnico de la Construcción y la Edificación (actualmente Instituto de Ciencias de la Construcción Eduardo Torroja) pasou a integrarse no Consello Superior de Investigacións Científicas.

En 1941 encargóuselle a dirección do Laboratorio Central de Ensayo de Materiales de Construcción creado en 1898 e situado na propia escola de Camiños, e á súa vez o proxecto, dirección e construción dun novo edificio para este laboratorio.

Foi presidente da Asociación Internacional do Formigón Pretensado, así como colaborador e membro do Comité Europeo do Formigón.

A última parte da súa vida levouna a cabo, en plena actividade científica, no Instituto Técnico de la Construcción y el Cemento, que na súa honra adoptou o nome de Instituto Eduardo Torroja de la Construcción y el Cemento.

Eduardo Torroja recibiu varias condecoracións, entre elas a Gran Cruz de Afonso X el Sabio, a Gran Cruz do Mérito Civil e os doutoramentos Doutor honoris causa polas universidades de Tolosa, Buenos Aires e Chile entre outras.

Torroja foi quizais o máximo especialista mundial do seu tempo en construción en formigón. Tódalas xeracións posteriores de enxeñeiros estudan as súas formulacións. Algúns dos conceptos que desenvolveu continuáronse por un dos seus alumnos, Félix Candela.

Obras destacadas editar

Libros publicados editar

  • Razón y ser de los tipos estructurales.
  • Cálculo de esfuerzos en estructuras con piezas curvas.
  • Cálculo de esfuerzos en estructuras reticuladas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Varios autores (1977). La obra de Eduardo Torroja. Madrid:Ed. Instituto de España. ISBN 84-500-2107-3.