Eduardo Gómez

actor español

Eduardo Gómez Manzano, nado en Madrid o 27 de xullo de 1951 e finado na mesma cidade o 28 de xullo de 2019, foi un actor español, coñecido especialmente polos seus papeis de Mariano Delgado en Aquí no hay quien viva e Máximo Angulo en La que se avecina.

Infotaula de personaEduardo Gómez

(2010) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Eduardo Gómez Manzano Editar o valor em Wikidata
27 de xullo de 1951 Editar o valor em Wikidata
Madrid (España franquista) Editar o valor em Wikidata
Morte28 de xullo de 2019 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Cancro de larinxe Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante , actor de televisión Editar o valor em Wikidata
Período de actividadedécada de 1990 Editar o valor em Wikidata - 2018 Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0351053 Allocine: 49724 Allmovie: p268216 TCM: 977166 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A súa carreira como actor comezou cando tivo que acompañar un amigo á gravación da serie ¡Ay, Señor, Señor!, na segunda metade da década de 1990. Fixo entón unha pequena intervención, que supuxo o inicio da súa traxectoria. Antes traballara en diversos empregos, como vendedor de enciclopedias a domicilio, camareiro nun bar, dependente de grandes almacéns, albanel etc.

Ao longo da súa carreira, actuou en máis de trinta películas, numerosos episodios en series de televisión e algunhas obras de teatro. En España, foi coñecido polo público a través do seu papel na serie española Aquí no hay quien viva, emitida por Antena 3 entre 2003 e 2006, na que actuou desde a primeira tempada da serie, como Mariano Delgado, o pai de Emilio (Fernando Tejero), porteiro do edificio. Ese papel reportoulle, á parte da popularidade, o premio da asociación de actores españois (Unión de Actores).

En 2005, aparece na película Torrente 3: El protector. Desde 2007 formou parte da repartición da serie española emitida por Telecinco La que se avecina, onde interpreta a Máximo Angulo, primeiro como porteiro do edificio Mirador de Montepinar, e logo camareiro do bar Max & Henry. En 2009 participa na primeira spoof movie española (Spanish Movie), facendo unha parodia de Diego Alatriste.

Filmografía editar

Cine editar

Televisión editar

Personaxes fixos
Personaxes episódicos

Ademaiss participou nalgunhas das series españolas máis coñecidas como:

Teatro editar

Premios editar

Premios da Unión de Actores
Ano Categoría Película Resultado
2004 Mellor actor secundario de televisión Aquí no hay quien viva Gañador
2002 Mellor actor de repartimento de cine 800 balas Nomeado
Festival de Cine de Alacant
Ano Categoría Resultado
2010 Premio "Ciudad de Alicante" Gañador