Eduardo Dato

político español


Eduardo Dato Iradier, nado na Coruña o 12 de agosto de 1856 e finado en Madrid o 8 de marzo de 1921, foi un político e xurista de orixe galega. Foi ministro en 1899, 1902 e 1918 e xefe de goberno entre 1913 e 1915 e entre 1917 e 1920. A nota fundamental da súa carreira política foi a lealdade ó edificio político da Restauración borbónica.

Infotaula de personaEduardo Dato

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(es) Eduardo Dato e Iradier Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de agosto de 1856 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte8 de marzo de 1921 Editar o valor em Wikidata (64 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteHomicidio Editar o valor em Wikidata (Disparo na cabeza Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaPanteón de homes ilustres Editar o valor em Wikidata
Deputado das Cortes
25 de decembro de 1920 – 8 de marzo de 1921
Circunscrición electoral: Araba

Presidente do Consello de Ministros
5 de maio de 1920 – 8 de marzo de 1921
← Manuel Allendesalazar MuñozGabino Bugallal →
Minister of the Navy (en) Traducir
5 de maio de 1920 – 8 de marzo de 1921
← Manuel Allendesalazar MuñozLuis Marichalar y Monreal (pt) Traducir →
Deputado das Cortes
8 de xuño de 1919 – 2 de outubro de 1920
Circunscrición electoral: Araba

Ministro de Estado
22 de marzo de 1918 – 9 de novembro de 1918
← Manuel García PrietoÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Deputado das Cortes
7 de marzo de 1918 – 2 de maio de 1919
Circunscrición electoral: Araba

Presidente do Consello de Ministros
11 de xuño de 1917 – 3 de novembro de 1917
← Manuel García PrietoManuel García Prieto →
Deputado das Cortes
4 de abril de 1916 – 10 de xaneiro de 1918
Circunscrición electoral: Araba

Ministro de Graza e Xustiza
7 de setembro de 1914 – 4 de xaneiro de 1915
← Francisco Javier González de Castejón y ElíoManuel de Burgos y Mazo (en) Traducir →
Deputado das Cortes
2 de maio de 1914 – 20 de novembro de 1915
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
24 de marzo de 1914 – 16 de marzo de 1916
Circunscrición electoral: Araba

Presidente do Consello de Ministros
27 de outubro de 1913 – 9 de decembro de 1915
← Álvaro de Figueroa Torres-MendietaÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
Deputado das Cortes
5 de maio de 1910 – 2 de xaneiro de 1914
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

President of the Congress of Deputies (en) Traducir
15 de outubro de 1909 – 14 de abril de 1910
← Eduardo Dato IradierÁlvaro de Figueroa Torres-Mendieta →
President of the Congress of Deputies (en) Traducir
12 de outubro de 1908 – 27 de setembro de 1909
← Eduardo Dato IradierEduardo Dato Iradier →
President of the Congress of Deputies (en) Traducir
6 de xuño de 1907 – 13 de setembro de 1908
← Eduardo Dato IradierEduardo Dato Iradier →
President of the Congress of Deputies (en) Traducir
14 de maio de 1907 – 5 de xuño de 1907
← José Canalejas MéndezEduardo Dato Iradier →
Deputado das Cortes
28 de abril de 1907 – 14 de abril de 1910
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
14 de outubro de 1905 – 30 de marzo de 1907
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
6 de maio de 1903 – 17 de agosto de 1905
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Ministro de Graza e Xustiza
6 de decembro de 1902 – 20 de xullo de 1907
← Práxedes Mateo SagastaFrancisco Silvela →
Deputado das Cortes
31 de maio de 1901 – 27 de marzo de 1903
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
24 de abril de 1899 – 24 de abril de 1901
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Ministro de Gobernación
4 de marzo de 1899 – 23 de outubro de 1900
← Trinitario Ruiz Capdepón (pt) TraducirFrancisco Javier Ugarte Pagés →
Deputado das Cortes
3 de abril de 1898 – 16 de marzo de 1899
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
20 de abril de 1896 – 26 de febreiro de 1898
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
12 de marzo de 1893 – 1 de xullo de 1895
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
6 de decembro de 1892 – 5 de xaneiro de 1893
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
9 de febreiro de 1891 – 30 de xuño de 1892
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Deputado das Cortes
26 de maio de 1884 – 8 de marzo de 1886
Circunscrición electoral: León (en) Traducir

Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid
Universidade Complutense de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , avogado , diplomático , xurista Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Liberal-Conservador Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría de Barrenechea Montegui Editar o valor em Wikidata
FillosIsabel Dato Barrenechea, María del Carmen Dato Barrenechea, Maria de la Concepcion Dato Barrenechea Editar o valor em Wikidata
ParentesEugenio Espinosa de los Monteros (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dato_Iradier-1 Find a Grave: 10483906 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nado na Coruña, trasladouse a Madrid de moi novo coa súa familia. Estudou Leis na Universidade Central de Madrid e en 1875, ós 19 anos remataba a súa licenciatura en Dereito Civil e Canónico.

Viaxou polo estranxeiro, o que lle proporcionou unha ampla cultura e coñecementos doutras linguas. Non tardaría en adquirir prestixio como avogado e en darse a coñecer polos seus dotes oratorios, decidindo dedicarse á política.

A reputación profesional do seu bufete madrileño de avogados para o que conseguiu renome internacional abriulle as portas da alta política. Desde moi novo estivo afiliado ó Partido Liberal Conservador de Cánovas sendo elixido membro das Cortes na última lexislatura de Afonso XII. Chegaría a gozar ata a súa morte dunha longa carreira parlamentaria.

Seguiu a Romero Robledo na súa crítica a Cánovas del Castillo, o fundador do partido, cando este lles cedeu o poder ós liberais, inaugurando o sistema de “quendas”.

Foi subsecretario de Gobernación en 1892. Pouco tempo despois, nunha inspección do concello de Madrid, non dubidou en denunciar as irregularidades administrativas que detectou. Sería a discusión deste asunto nas cortes o que ocasionaría a ruptura de Cánovas con Francisco Silvela e a disidencia de Dato e dun importante sector do partido.

Morto Cánovas e liquidado o goberno de Sagasta que precedera o “Desastre de 1898”, Dato ocupouse da carteira de Gobernación no gabinete “rexeneracionista” dirixido por Silvela (1899, 1900). Desde o seu ministerio comezaría a dar forma á primeira lexislación laboral programada pola Restauración.

En 1902 figurou como ministro de Graza e Xustiza no gabinete Silvela que levou ás Cortes a Lei de Bases da Administración Local.

Con Maura como líder do partido, durante o seu goberno de 1907-1909, Dato non ocupou carteiras ministeriais pero desempeñou certos postos de relevancia coma a alcaldía de Madrid e a presidencia das Cortes.

Tras o asasinato de Canalejas e esgotado o mandato liberal do Conde de Romanones (1912), Dato aceptou o encargo do Rei de formar goberno fronte a Maura que puxera condicións. Desde entón o partido dividiuse entre os “idóneos” (o grupo maioritario do partido) e os “mauristas”, máis radicais nas súas formulacións.

Durante o seu mandato como presidente do goberno, Dato soubo manter España nunha posición de neutralidade durante os anos que durou a primeira guerra mundial a pesar da división que se formou no país entre os denominados xermanófilos e os partidarios dos aliados. En política interior, aceptou o “goberno autonomista” da Mancomunidade Catalá.

Despois do bienio liberal de 1915 a 1917, volveu ó poder cando se comezaron a notar os primeiros signos de recesión tras a bonanza dos anos da guerra. Dato legalizou as Xuntas Militares que se formaron como reflexo do sindicalismo que estaba impregnando a sociedade da época e tivo que facer fronte á grave axitación política e sindical da inmediata posguerra. En Barcelona ó tempo que se xuntaba a Asemblea de Parlamentarios convocada por Cambó estalaba a folga xeral revolucionaria co apoio dos dous grandes sindicatos. Ante unha crise social desta magnitude, Dato non dubidou en utilizar o exército, que tiña da súa man, para sufocar a folga.

En 1918, Datou volveu a desempeñar a carteira de Estado co gabinete de concentración nacional presidido por Maura. Nos anos aínda críticos da posguerra, presidiu o goberno de 1921 cando o ambiente en Barcelona entre patronal e centrais sindicais se facía máis insoportable. O seu apoio á represión da subversión social e á Lei de Fugas convertérono en branco do extremismo anarquista.

Foi abatido por máis de 20 disparos o 8 de marzo de 1921 nun atentado perpetrado por dous anarquistas cataláns desde un sidecar en marcha na Praza da Independencia de Madrid.[1] Era o segundo magnicidio dun presidente de goberno español en pouco máis dunha década. En 1912 fora asasinado José Canalejas.

Familia editar

 
María del Carmen Barrenechea, esposa de Eduardo Dato.

Casou con María del Carmen Barrenechea Montegui, 1.ª duquesa de Dato, con quen tivo tres fillas:

  • Isabel Dato Barrenechea, 2ª duquesa de Dato. Morreu solteira en 1937.
  • María del Carmen Dato Barrenechea, 3ª duquesa de Dato (Madrid, 6 de decembro de 1885 - 1954). Casada con Eugenio Espinosa de los Monteros Bermejillo, con quen tivo dous fillos.
  • María de la Concepción Dato Barrenechea (Madrid, 2 de maio de 1890 - Madrid, 16 de setembro de 1973). Casada en París o 25 de abril de 1922 con Ernesto de Zulueta Isasi (Bilbao, 26 de abril de 1892 - Madrid, 9 de setembro de 1969), con descendencia, incluído o diplomático Eduardo de Zulueta Dato (1923-2020).

Distincións editar

Recibiu as seguintes condecoracións: o colar da Orde de Carlos III, que lle foi imposto polo rei Afonso XIII, e a medalla penitenciaira de ouro. En Portugal, recibiu a Cruz de San Gregorio Magno[2] e a Cruz da Orde de Cristo. El-Rei concedeulle a título póstumo o Ducado de Dato á súa filla e herdeira.

Nomeárono fillo adoptivo de Vitoria, onde se lle dedicou, tamén, o nome da rúa princioal. Tamén ten adicadas rúas na súa honra en Zaragoza, Calatayud, Córdoba, Madrid, Palencia, Palma, Sevilla e Alacant.

Ideoloxía editar

Encadrado dentro do denominado rexenariocinismo conservador, Feliciano Montero destacou a súa posición «social-reformista».​[3] Nun discurso de 1910, na Real Academia de Ciencias Morais e Políticas, titulado Justicia Social, criticou o solidarismo proveniente de Francia; porén, opinaba que eran compatibles a caridade cristiá e a xustiza social.​[4]

Como xurisconsulto fora director da Revista General de Legislación y Jurisprudencia.[5] Iniciador de reformas sociais, preocupouse polo traballo das mulleres e dos nenos. Foi o creador do Ministerio de Traballo lexislando sobre os accidentes no traballo e sobre o ascenso na maxistratura por antigüidade.

Dato pertenceu á Real Academia de Ciencias Morais e Políticas desde 1910 e, dende 1913, como representante de España, foi membro permanente do Tribunal Internacional da Haia, do que chegou a ser elixido vicepresidente.

Obras editar

  • Dato Iradier, Eduardo (1915): El gobierno y la cuestión económica. Discursos pronunciados por... en el Senado. Madrid: (S.i.). 41 pp. (Senado, Sig. F.A. Caja 243-22).
  • Dato Iradier, Eduardo (1915): Las Reformas Militares en el Congreso. Discurso pronunciado por el Excmo. Sr. D. ..... Presidente del Consejo de Ministros en el Congreso de los Diputados el día 24 de noviembre de 1915. Madrid: Fortanet, 21 x 13’5 cm, 16 pp.

Notas editar

  1. Casanova, Julián (8 de marzo de 2021). "Pistolerismo, violencia social y asesinato de Dato, 100 años después". elpais.com (en castelán). Consultado o 12 de marzo de 2021. 
  2. "Sección oficial: Junta Ordinaria de 22 de Mayo de 1928". Boletín da Real Academia Galega 18 (212): 171. 1 de xaneiro de 1929. Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2023. Consultado o 14 de febreiro de 2023. 
  3. Montero, 1997a, p. 497
  4. Montero, 1997b, pp. 65-66
  5. Domínguez Nafría, 2018, p. 235

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Domínguez Nafría, Juan Carlos (2018). Los juristas en el poder. Presidentes de la Real Academia de Jurisprudencia y Legislación: 1836-1936 (en castelán). Madrid: Dykinson. ISBN 978-84-9148-673-2. 
  • Giorgi, Jorge (1980) Teoría de las Obligaciones en el Derecho Moderno. Trad. de la séptima ed. Italiana y anotada con arreglo a las legislaciones española y americana.... Introdución de Eduardo Dato Iradier. Madrid: Reus.
  • Homenaje a D. Eduardo Dato Iradier (1956), Anales de la Academia, RACMYD, nº 30, 3º cuad., pp. 205–271.
  • Montero, Feliciano (1997a). Universidade Complutense de Madrid, ed. "Conservadores y liberales ante la «cuestión social»: el giro intervencionista". Revista de Filología Románica (en castelán) 2 (14-2): 493–504. ISSN 0212-999X. 
  • Montero, Feliciano (1997b). Tusell, Javier; Montero, Feliciano; Marín, José María, eds. Las derechas en la España contemporánea (en castelán). Barcelona / Madrid: Anthropos Editorial / UNED. pp. 59–76. ISBN 9788476585245. 
  • Torres, Alfonso (1921) A la memoria del Excmo. Sr. D. Eduardo Dato e Iradier, Presidente del Consejo de Ministro. Oración fúnebre pronunciada por... En la Iglesia de San Francisco el Grande, de esta Corte. Madrid: Instituto Geográfico y Estadístico, 26 x 19 cm., retrato - 39 pp.
  • Varela Ortega, José (2001). El poder de la influencia: geografía del caciquismo en España (1875-1923). Colección: Historia (en castelán). Madrid: Marcial Pons. ISBN 84-259-1152-4. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar


Predecesor:
Álvaro de Figueroa y Torres
Manuel García Prieto
Manuel Allendesalazar Muñoz
 Presidente do Consello de Ministros de España 
1913 - 1915
1917
1920 - 1921
Sucesor:
Álvaro de Figueroa y Torres
Manuel García Prieto
Gabino Bugallal Araújo
Predecesor:
Trinitario Ruiz Capdepón
 Ministro de Gobernación 
1899 - 1900
Sucesor:
Francisco Javier Ugarte Pagés
Predecesor:
Joaquín López Puigcerver
Francisco Javier González de Castejón y Elío
 Ministro de Graza e Xustiza 
1902 - 1903
1914 - 1915
Sucesor:
Francisco Guzmán y Carballeda
Manuel de Burgos y Mazo
Predecesor:
Manuel García Prieto
 Ministro de Estado 
1918
Sucesor:
Álvaro de Figueroa y Torres
Predecesor:
Manuel Allendesalazar Muñoz
 Ministro de Mariña 
1920 - 1921
Sucesor:
Luis Marichalar y Monreal