Edmund Kean, nado o 17 de marzo de 1787 en Londres, Inglaterra e finado o 15 de maio de 1833, foi un actor escénico inglés skakesperiano, recoñecido no seu tempo pola súa baixa estatura, a súa vida persoal barullenta e o seu polémico divorcio. Durante a súa vida, actuou en Londres, Belfast, Nova York, Quebec e París entre outros lugares.

Infotaula de personaEdmund Kean

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento17 de marzo de 1787 Editar o valor em Wikidata
Londres Editar o valor em Wikidata
Morte15 de maio de 1833 Editar o valor em Wikidata (46 anos)
Richmond (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCastelo de Windsor Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaLondres Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro Editar o valor em Wikidata
EmpregadorTeatro Drury Lane (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoComedia shakespeariana Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMary Chambers (en) Traducir (1808–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
FillosCharles Kean (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
NaiAnna Carey (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IBDB: 87624
Find a Grave: 6952054 Editar o valor em Wikidata
Edmund Kean interpretando a Sir Giles Overreach na obra de Massinger A New Way to Pay Old Debts ("Novo modo de pagar antigas débedas"), 1816

Traxectoria editar

Kean naceu en Londres, o seu pai foi probablemente Edmund Kean, un empregado de arquitectura; e a súa nai foi a actriz Anne Carey, filla do compositor e escritor Henry Carey. Kean fixo a súa primeira aparición no escenario aos catro anos, como cupido no ballet de Jean-Georges Noverre, Cymon. Como neno, a súa vivacidade, enxeño e simpatía fixérono un favorito entre o público, pero as súas inclementes e adversas circunstancias e a falta de disciplina, levárono a ter unha gran confianza en si mesmo e desenvolveu tendencias rebeldes e encaprichadas. Preto de 1794 unhas persoas benevolentes pagáronlle a súa asistencia á escola, onde lle foi ben; pero atopando as ataduras intolerables, embarcouse como grumete cara a Portsmouth. Atopando a vida no mar mesmo máis restritiva, fíxose pasar por xordo e coxo tan brillantemente que enganou os doutores en Madeira.

Ao seu regreso a Inglaterra obtivo a protección do seu tío Moses Kean, un mimo, ventrílocuo e, en xeral, un artista, quen, ademais de facer que continuase os seus estudos de pantomima, o iniciou no estudo de Shakespeare. Ao mesmo tempo, Charlotte Tidswell, unha actriz que fora particularmente amable con el na súa infancia, ensinoulle as bases da actuación.

 
Impresión de Edmund Kean representando a Shylock na obra de Shakespeare Merchant of Venice (O mercador de Venecia en galego).

Coa morte do seu tío, ela fíxose cargo del, e comezou o estudo sistemático dos personaxes principais das obras de Shakespeare, facendo uso da súa peculiar orixinalidade propia do seu xenio interpretando completamente diferente de como o facía John Philip Kemble, considerado entón o mellor expoñente destes roles. Os talentos de Kean e o seu interesante aspecto, causaron que a señora Clarke o adoptase, pero ofendeuse dos comentarios dun visitante e repentinamente deixou a súa casa e regresou á súa antiga contorna.

Edmund morreu o 15 de marzo de 1833 durante a súa derradeira aparición sobre o escenario no Covent Garden, cando representaba Otelo, unha obra de Shakespeare, xunto ao seu fillo Charles Kean, que xa era un actor experto e interpretaba a Iago no mesmo escenario. De súpeto, cando Edmund dixo "Villain, be sure," ("Vilán, asegúrese") na escena terceira do acto terceiro, caeu e comezou a chorar cunha voz vacilante, dicindo: "Oh God, I am dying. Speak to them, Charles," (Oh Deus, mórrome. Fálalles, Charles") e deseguido perdeu a conciencia nos brazos do seu fillo. Morreu en Surrey en 1833 e está enterrado na igrexa parroquial de All Saints, na cidade de Catherington, Hampshire. As súas derradeiras palabras foron "dying is easy, comedy is hard" ("morrer é fácil, a comedia é difícil"). En Dublín, Gustavus Vaughan Brooke tomou o papel de William Tell, abandonado por Kean.

Obras de teatro editar

Son diversas as obras de teatro dedicadas á vida de Kean, mais son seis en total as máis recoñecidas:

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Francis Phippen, Authentic memoirs of Edmund Kean, containing a specimen of his talent at composition (Londres, 1814)
  • B. W. Procter, The Life of E. K. (Londres, 1835)
  • Frederick William Hawkins, The life of Edmund Kean (Tinsley Brothers, Londres, 1869)
  • George Henry Lewes, On Actors and the Art of Acting (Smith Elder, Londres, 1875)
  • Henry Barton Baker Our Old Actors, (R. Bentley & Son, Londres, 1881)
  • Edwin Booth, "Edmund Kean," en Actors and Actresses of Great Britain and the United States from the days of David Garrick to the present time, editado por Brander Matthews e Laurence Hutton, volume iii (Cassell & Co., Noeva York, 1886)
  • Joseph Fitzgerald Molloy, The Life and Adventures of Edmund Kean, Tragedian, 1787-1833 (Downey & Co. Limited, Londres, 1897)
  • Edward Stirling, Old Drury Lane: Fifty Years' Recollections of Author, Actor, and Manager (Chatto and Windus, Londres, 1887).

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar