Editorial Gredos é unha editorial española de carácter privado pertencente desde 2006 ao Grupo RBA e con sede en Madrid, dedicándose á publicación de libros especialmente relacionados coa lexicografía, a filoloxía hispánica e o mundo grecolatino.

Editorial Gredos

Editar o valor em Wikidata
Fundación1944
FundadorValentín García Yebra,
Hipólito Escolar Sobrino,
Julio Calonge,
Severiano Carmona,
José Oliveira Bugallo
IndustriaCultural
Na rede
http://www.rbalibros.com/gredos
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi fundada en 1944 por Hipólito Escolar, Julio Calonge, Severiano Carmona e Valentín García Yebra coa proposición de remediar a falta de libros españois científicos e de estudo. A todos eles uniríase posteriormente José Oliveira Bugallo, achegando o necesario coñecemento do mercado editorial.

Gredos iniciou o despexe na súa andaina editorial da man dos Clásicos Anotados e Bilingües, os cales descubrirían un mercado novo: o dos textos escolares latinos e gregos.

Os textos escolares permitiron a Gredos crear a Biblioteca Románica Hispánica, fundada e dirixida por Dámaso Alonso, na que publicaron as maiores autoridades do campo filolóxico e os próceres de numerosas escolas lingüísticas. A colección completouse e enriqueceu coa aparición de dúas cimas da lexicografía, o Diccionario crítico etimológico castellano e hispánico de Joan Corominas e o Diccionario de uso del español de María Moliner.

Coleccións editar

 
Diccionario de uso del español de María Moliner. Edición de 1990.
  • Biblioteca Clásica Gredos
  • Manuales
  • Textos Clásicos
  • Biblioteca Estudios Clásicos
  • Biblioteca Románica Hispánica
  • Biblioteca Lope de Vega
  • Escuela Lacaniana de Psicoanálisis
  • Diccionarios
  • Mente, Salud y Sociedad
  • Grandes Obras de la Cultura
  • Clásicos Universales de Gredos
  • Biblioteca Grandes Pensadores
  • Biblioteca Básica Gredos
  • Biblioteca de la Nueva Cultura

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar