Editorial Aguilar

A editorial Aguilar foi unha empresa española creada en 1923 en Madrid por Manuel Aguilar Muñoz; crebou en 1982 e catro anos máis tarde foi adquirida polo grupo Temón; dende 2014 é un selo de Penguin Random House.

Editorial Aguilar
Tipoeditorial
Área de operaciónEspaña e Hispanoamérica
Data de fundación1923
Fundador(es)Manuel Aguilar Muñoz
Organización matrizPenguin Random House
SedeMadrid
PaísEspaña
Na rede
https://www.megustaleer.com/editoriales/aguilar/AG
editar datos en Wikidata ]
Obras completas de Rosalía de Castro

Historial editar

Foi creada cun préstamo outorgado a Manuel Aguilar polo libreiro e impresor Juan Pueyo e chamouse en primeiro lugar "M. Aguilar, editor" e posteriormente "Aguilar, S. a. de Ediciones". Manuel Aguilar dirixiuna até a súa morte en 1965, sendo substituído até 1986 polo seu sobriño Carlos Aguilar Gómez.

Nela traballaron destacados intelectuais como Federico Carlos Sainz de Robles e Arturo del Hoyo, así como os tradutores, escritores e críticos Rafael Cansinos-Asséns, José Méndez Herrera, Amando Lázaro Ros, Julio Gómez de la Serna, Luis Astrana Marín, José María de Cossío, Lorenzo Riber, Blanca de los Ríos, Agustín Caballero, José Miguel Velloso, Luis Jiménez Martos e outros moitos. A esposa de Manuel Aguilar, Rebecca Arié, foi a responsable directa de labores administrativos nos comezos da editorial e consultora perenne das decisións máis importantes na historia de Aguilar. O seu primeiro título foi a triloxía La muerte y su misterio (1923, cunha primeira edición en 1921) de Camille Flammarion, traducida polo seu amigo José María Meliá Bernabéu, da que vendeu nun trimestre nove mil exemplares, cando dunha novela de Pío Baroja vendíanse uns tres mil. En 1924, comprou en Londres os dereitos de Edgar Wallace, e faise despois cos de George Bernard Shaw e H. G. Wells. Edita os libros de Celia, o famoso personaxe de Elena Fortún, e fixo, ademais, a primeira edición completa en español de Das Kapital, de Karl Marx.[1]

Notas editar

  1. Antonio Burgos, "La obra editorial de don Manuel Aguilar cumple medio siglo. Notas de lectura sobre un innovador del libro español", en Abc de Sevilla, 12-I-1974, pp. 22-23: http://hemeroteca.sevilla.abc.es/nav/Navigate.exe/hemeroteca/sevilla/abc.sevilla/1974/01/12/023.html