Ediciones B é unha editorial en lingua castelá con sede en Barcelona[1] que nace en 1987 a partir da unión do fondo editorial da Editorial Bruguera e o de TBO. Ten unha implatación salientable tanto no mercado de España como en Hispanoamérica. Publica tanto ficción como ensaio; o seu catálogo abrangue a literatura infantil e xuvenil, a banda deseñada e a narrativa para un público xeral. Entre os seus títulos destacan Mortadelo e Filemón e Superlópez. Formou parte do Grupo Zeta, até que en abril de 2017 foi adquirida por Penguin Random House.[2]

Ediciones B
Tipoeditorial, editora de livros e selo editorial
Data de fundación1987
Organización matrizPenguin Random House Grupo Editorial
Organización subsidiariaEdiciones B Uruguai
SedeBarcelona
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar