Edgar Montague Amphlett, nado en Dochester o 1 de setembro de 1867 e finado en Londres o 9 de xaneiro de 1931, foi un xornalista e tirador de esgrima inglés, gañador dunha medalla olímpica.[1][2]

Infotaula de personaEdgar Amphlett
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1867 Editar o valor em Wikidata
Dorchester, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xaneiro de 1931 Editar o valor em Wikidata (63 anos)
Chelsea, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncorrespondente de guerra , esgrimista , xornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1912Xogos Olímpicos de 1912
1908fencing at the 1908 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de prata olímpica) Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: edgar-amphlett WikiTree: Amphlett-98 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Edgar Montague estudou en Hull e con dezasete anos entrou a traballar nun xornal e máis tarde traballou durante dezaseis anos na sala de prensa do Palacio de Westminster. En 1899 uniuse á sección parlamentaria de The Times.[3] Durante a primeira guerra mundial foi correspondente de guerra en Francia.[3], permanecendo en Boulogne despois da retirada do exército británico da cidade e despois marchou a Arras cos refuxiados que abandonaban a cidade escribindo un diario que publicou The Times.[3]. En 1915 entrou como voluntario no exército como capitán temporal servindo durante catro anos en Francia nos ferrocarrís.[3]. En setembro de 1919 Amphlett regresou á sección parlamentaria de The Times.[3] En 1920 converteuse en correspondente especial en Irlanda e a fin de ano estaba en Fiume como o único correspondente na cidade durante o bloqueo italiano nos días previos á rendición de Gabriele d'Annunzio.[3] Posteriormente traballou na oficina en París de The Times, volvendo a Londres en 1925 como responsable das edicións especiais do xornal.[3]

Carreira deportiva editar

Amphlett comezou a practicar esgrima aos 37 anos[4], gañando o campionato británico de espada en 1910 e o de florete ao ano seguinte.[3] Participou nos Xogos Olímpicos de 1908, logrando a medalla de prata co equipo británico de espada e nos Xogos Olímpicos de 1912.

Notas editar

  1. "Olympics Statistics: Edgar Amphlett". databaseolympics.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2007. Consultado o 4 April 2010. 
  2. "Edgar Amphlett Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2012. Consultado o 4 April 2010. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Obituario:Mr. E.M. Amphlett - Journalist and Fencer" (45718). 12 de xaneiro 1931. p. 17. 
  4. "The Newsletter of the NVA. Volume XXII: nº 6:xuño de 2009" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de marzo de 2014. Consultado o 03 de setembro de 2013.