Eddie House

baloncestista estadounidense

Edward L. House, nado o 14 de maio de 1978 en Berkeley (California), é un xogador norteamericano de baloncesto profesional.

Eddie House
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 14 de maio de 1978 (45 anos)
Berkeley (California)
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Información da carreira
Instituto Hayward
Universidade Arizona State
NBA Draft 2000 / Rolda: 2 / Elección: 37
Por Miami Heat
Carreira dende 2000
Historial de equipos
Miami Heat (2000–2003 / 2010-2011)
Los Angeles Clippers (2003–2004)
Milwaukee Bucks (2004)
Charlotte Bobcats (2004–2005)
Sacramento Kings (2005)
Phoenix Suns (2005–2006)
New Jersey Nets (2006–2007)
Boston Celtics (2007–2010)
New York Knicks (2010)
Premios e galardóns
Campión da NBA (2008)
Información en nba.com

Traxectoria editar

Un auténtico trotamundos, pasando por Miami Heat, o seu actual equipo, Los Angeles Clippers, Charlotte Bobcats, Milwaukee Bucks, Sacramento Kings, Phoenix Suns, New Jersey Nets, Boston Celtics e New York Knicks.

Universidade editar

House asistiu á Universidade de Arizona State, onde se converteu no máximo anotador de todos os tempos da universidade, con 2.044 puntos na súa traxectoria, sendo ademais o único xogador capaz de anotar máis de 2.000 puntos. El e Ike Diogu son os únicos Sun Devils nomeados Mellor Xogador da PAC-10, e House o quinto Sun Devil en ser elixido no mellor quinteto da conferencia en dúas ocasións. Tamén ten o récord histórico da conferencia en tiros de campo e roubos de balón, e bateu o récord de mellor media de puntos nunha tempada con 23 por encontro na 1999-2000. Nesa campaña, foi nomeado Xogador da Semana da PAC-10 en catro ocasións, récord que comparte con outros tres xogadores. O récord de puntos nun partido tamén está na súa posesión con 61 en dobre-prórroga ante os California Golden Bears na súa tempada sénior. En dito encontro, os seus 18 tiros libres convertidos de 19 intentos estableceron un récord máis na súa conta persoal. É un dos tres únicos xogadores capaces de promediar dobres figuras en catro tempadas consecutivas en Arizona State dende que a universidade entrou na PAC-10, sendo os outros Reggie Jordan e Bo Outlaw.

NBA editar

Foi seleccionado por Miami Heat na 37ª posición da segunda rolda do Draft da NBA de 2000. Na súa primeira tempada xogou 50 partidos, promediando 5 puntos e unha asistencia. Tras pasar tres anos en Florida, cambiou de aires fichando por Los Angeles Clippers en 2003, onde estivo unha tempada, na que a súa media foi de 6.8 puntos, 2.3 rebotes e 2.5 asistencias en 60 partidos, 10 deles de titular.

Na campaña 2004-05, converteuse nun auténtico trotamundos da liga. Durante a tempada, xogou en tres equipos diferentes; Milwaukee Bucks, Charlotte Bobcats e finalmente nos Sacramento Kings, onde rematou a tempada regular. Nos Bobcats participou en 13 partidos, onde asinou 11.1 puntos, máxima anotación na súa traxectoria, e 1.8 asistencias.

House asinou cos New Jersey Nets un contrato dun ano por 1.5 millóns de dólares o 12 de agosto de 2006, antes de xogar a tempada anterior nos Phoenix Suns. Nos Nets, xogou 56 encontros e promediou 8.4 puntos.

O 1 de agosto de 2007, Boston Celtics fichou a House cun contrato dun ano a razón de 1.5 millóns de dólares. Alí conseguiu o seu primeiro anel da NBA, onde fixo unha grande achega.

O 18 de febreiro de 2010 foi traspasado aos New York Knicks xunto con Bill Walker e J.R. Giddens a cambio de Nate Robinson e Marcus Landry.

O 24 de decembro de 2011 foi cortado polos Miami Heat, tras xogar unha tempada con eles.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar