Unha ecorrexión ou rexión ecolóxica, é unha área bioxeográfica relativamente grande que se distingue polo carácter único da súa ecoloxía, clima, xeomorfoloxía, solos, hidroloxía, flora e fauna.

Ecorrexión da Selva Amazónica. Suramérica.

Introdución editar

 
Ecorrexión do Cerrado. Suramérica.

O Fondo Mundial para a Natureza (World Wide Fund for Nature ou WWF) define unha ecorrexión como unha área extensa de terra ou auga que contén un conxunto xeograficamente distintivo de comunidades naturais que comparten a gran maioría das súas especies e dinámicas ecolóxicas, que comparten condicións medioambientais similares e que interactúan ecoloxicamente de maneira determinante para a súa subsistencia a longo prazo. As ecorrexións máis coñecidas son as do WWF; porén, a delimitación das mesmas pode variar segundo os autores e as institucións ambientais gobernamentais.

O uso do termo ecorrexión é consecuencia do crecente interese polos ecosistemas e o seu funcionamento. En particular, estase a tomar conciencia da influencia da escala espacial no estudo e a conservación das paisaxes. Adoita recoñecerse que os ecosistemas interconectados combínanse para formaren un todo que é "maior que a suma das súas partes".

Hai hoxe moitas tentativas para entender os ecosistemas dun modo integrado para conseguir paisaxes "multifuncionais"; desde investigadores agrarios até ecoloxistas usan as "ecorrexións" como unidade de análise.

O WWF divide a superficie terrestre en oito ecozonas, divididas á súa vez nun total de 867 ecorrexións terrestres.

Propúxose utilizar esta división como base para iniciativas de democracia biorrexional. As ecozonas están moi ben definidas, pero os límites das ecorrexións están aínda suxeitos a cambios e a controversia. En canto á catalogación das ecorrexións mariñas e de auga doce, aínda non foi publicada.

O WWF elixiu 238 ecorrexións como as máis representativas dos diferentes biomas do noso planeta. Estas 238 rexións agrúpanse no proxecto Global 200.

Biomas editar

En ecorrexións terrestres editar

As 867 ecorrexións terrestres distribúense entre 14 biomas diferentes:[1]

En ecorrexións de auga doce editar

As ecorrexións de auga ddoce catalóganse en 12 biomas:

  • grandes lagos
  • grandes deltas
  • augas polares
  • ríos de montaña
  • costas temperadas
  • chairas aluviais e zonas húmidas temperadas
  • mesetas temperadas
  • costas tropicais e subtropicais
  • chairas aluviais e zonas húmidas tropicais e subtropicais
  • mesetas tropicales y subtropicales
  • concas endorreicas e xerófilas
  • illas oceánicas

En ecorrexións mariñas editar

As ecorrexións mariñas repártense en 5 biomas:

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar