Economía de Suíza

Suíza é unha próspera e estábel economía moderna de mercado cun PIB per cápita maior que o das grandes economías da Europa occidental. Nos últimos anos, os suízos teñen axustado grandemente as súas prácticas económicas coas da Unión Europea para aumentar a súa competitividade internacional. Aínda que o país non estea á procura de ser membro pleno da UE a curto prazo, Berna e Bruxelas asinaran acordos para unha maior liberalización comercial en 1999. Eles continúan a discutir outras áreas de cooperación. Mentres, a Suíza é membro da Asociación Europea de Libre Comercio.

Economía de Suíza
Moeda franco suízo
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, OCDE, EFTA, JEC
Datos estatísticos[1]
PIB 317 mil millóns (2009)
Posición do PIB 38ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -1,5% (2009)
PIB per cápita $ 41.700 (2009)
PIB por sector agricultura 1,2%, industria 27,5%, comercio e servizos 71,2% (2006)
Inflación 0,1% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4,28 millóns (2009)
Forza de traballo por sector agricultura 3,8%, industria 23,9%, comercio e servizos 72,3% (2009)
Desemprego 4,4% (2010)
Industrias máquinas, produtos químicos, reloxos, téxtiles, instrumentos de precisión, turismo, bancos e seguros
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 190,1 mil millóns (2009)
Produtos de exportación máquinas, produtos químicos, metais, reloxos, produtos agrícolas
Principais mercados Alemaña 19,7%, Estados Unidos 9,6%, Italia 8,7%, Francia 8,6%, Reino Unido 5,2% (2008)
Importacións 177,2 mil millóns (2009)
Principais produtos importados máquinas, produtos químicos, vehículos, metais, produtos agrícolas, téxtiles
Principais mercados Alemaña 33,3%, Italia 11%, Francia 9,4%, Estados Unidos 5,8%, Países Baixos 4,5% (2008)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 1 339 mil millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

O país segue sendo un porto seguro para investidores, por ter mantido un grao de sixilo bancario e por manter elevado o valor externo de longo prazo do franco. A taxa de crecemento do PIB caeu para o 0,8% en 2001, para 0,2% en 2002, e para -0,3% en 2003. En 2004 e 2005 subiu para 1,8%. Aínda así a súa taxa de desemprego é menos que metade da media da Unión Europea.

Notas editar


Véxase tamén editar

Outras páxinas editar