Economía de Etiopía

Economía de Etiopía
Moeda Birr
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Africana
Datos estatísticos[1]
PIB US$ 75,91 mil millóns (2009)
PIB (posición) 79ª no mundo[2]
% de crecemento PIB 6,8% (2009)
PIB per cápita US$ 900 (2009)
PIB por sector agricultura 43,8%, industria 13,2%, comercio e servizos 43% (2009)
Inflación anual 11% (2009)
Poboación abaixo da liña da pobreza 38,7% (2006)
Total da forza de traballo 37,9 millóns (2009)
% traballadores por sector agricultura 85%, industria 5%, comercio e servizos 10% (2009)
Desemprego dato non dispoñíbel
Principais industrias procesamento de alimentos, bebidas, téxtiles, coiro, produtos químicos, procesamento de metais, cemento
Parcerías comerciais[1]
Exportacións (US$) 1 608 millóns f.o.b. (2009)
Principais produtos exportados café, qat, ouro, produtos de coiro, animais vivos, sementes oleaxinosas
Principais mercados Alemaña 11,8%, Arabia Saudita 8,7%, Países Baixos 8,6%, Estados Unidos 8,1%, Suíza 7,7%, Italia 6,1%, República Popular da China 6%, Sudán 5,5%, Xapón 4,4% (2008)
Importacións (US$) 7 315 millóns (2009)
Principais produtos importados alimentos e animais vivos, petróleo e derivados, produtos químicos, máquinas, vehículos motorizados, cereais, téxtiles
Principais parceiros República Popular da China 16,3%, Arabia Saudita 12%, India 8,7%, Italia 6%, Xapón 4,9%Estados Unidos 4,5% (2008)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa US$ 4 229 millóns (2009)
Receitas (US$) 4 678 millóns
Despesas (US$) 5 360 millóns
Ajuda económica recibida (US$) dato non dispoñíbel

A economía de Etiopía ten como base a agricultura, responsable por 45% do PIB, 85% da man de obra[1] e 90% das exportacións. O principal produto é o café que xerou 350 millóns de dólares de exportacións o 2006[1]. Este alto volume, unido á variabilidade dos prezos internacionais do café, fan que a balanza exportadora sexa moi vulnerábel.

Os procesos de seca, agravados na década dos 80 do século XX, converteron grandes extensións de terreo de cultivo en rexións áridas ou semiáridas, en parte polas condicións climáticas, en parte por tálla de árbores para leña. Os desprazamentos de poboación e de refuxiados con ocasión das múltiples guerras con Eritrea, facilitaron o asentamento de gran número de poboación en zonas con apenas recursos agrícolas e gandeiros, o que provocou fame e persistentes degradacións do chan que non se recuperou.

Na actualidade, e trala firma da paz definitiva con Eritrea, o número de persoas dependentes da axuda interior ou exterior para a supervivencia reduciuse de 4,5 millóns de persoas en 1999, a 2,7 millóns de persoas en 2003.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 20 de marzo de 2010. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2011. Consultado o 20 de marzo de 2010.