Economía de Eslovaquia

A Eslovaquia enfrontou moitas dificultades na transición dunha economía socialista para a economía de mercado. O goberno do primeiro ministro Mikuláš Dzurinda fixo grandes progresos entre os anos 2001 ata 2004 na estabilidade macroeconómica e nas reformas estruturais. Grandes privatizacións están case completas, o sector bancario está case todo en mans estranxeiras, e o goberno axudou ao crecemento dos investimentos estranxeiros, liberalizando o mercado. Foron realizadas reformas nos impostos e nos sectores de saúde, pensións, e no sistema de seguridade social, que axudaron ao país a consolidar o seu orzamento e atender os requisitos para adopción do Euro, o que aconteceu o 1 de xaneiro de 2009[1].

Economía de Eslovaquia
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE
Datos estatísticos[1]
PIB 132,4 mil millóns (2012)
Posición do PIB 64ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,6% (2012)
PIB per cápita $ 24 300 (2012)
PIB por sector agricultura 3,8%, industria 36,4%, comercio e servizos 59,8% (2012)
Inflación 3,6% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 2.724.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 3,5%, industria 27%, comercio e servizos 69,4% (2009)
Desemprego 12,8% (2012)
Industrias metais e produtos de metal, alimentos e bebidas, electricidade, gas natural, coque, petróleo, combustíbel nuclear, produtos químicos e fibras artificiais, máquinas, papel e impresos, cerámica, vehículos de transporte, téxtiles, aparellos ópticos e eléctricos, produtos de caucho
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 77,82 mil millóns (2012)
Produtos de exportación máquinas e equipos eléctricos 35,9%, vehículos 21%, metais 11,3%, produtos químicos e minerais 8,1%, plásticos 4,9% (2009 est)
Principais mercados Alemaña 21,4%, República Checa 15,1%, Polonia 7,9%, Hungría 7,8%, Austria 7,5%, Francia 6,7%, Italia 5,2% (2011)
Importacións 74,29 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte 31%, produtos minerais 13%, vehículos de 12%, metais de base 9%, produtos químicos 8%, plásticos 6% (2009 est)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 72,94 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
O Banco Central de Eslovaquia, en Bratislava.

Integración na zona euro editar

Os progresos económicos de Eslovaquia desde a súa creación en 1993 foron considerables, cando este país separouse da República Checa, moitos escépticos vían moi complicada a súa supervivencia económica. A República Checa tiña unha posición inicial máis preparada ao acoller a industrias principais existentes na antiga Checoslovaquia e ademais o seu tamaño era o dobre que Eslovaquia, en termos de territorio e de poboación.

Os primeiros anos da independencia eslovaca foron bastante caóticos, entre 1993 e 1998 caracterizouse por ser unha época de grandes privatizacións e de creación dunha clase empresarial nacional, que terminou cunha grave crise bancaria, cuxa resolución tivo un alto custo para as arcas do país.

A partir de 1998 instauráronse medidas de control do gasto público e políticas de atracción ao investimento estranxeiro mediante estímulos que comprendían medidas fiscais, que no ámbito dos ingresos supuxo a introdución dun tipo único de imposto dun 19% que aumentou o incentivo para facer negocios e diminuíu a evasión fiscal. O novo sistema fiscal chegou a ser moi atractivo para os investidores estranxeiros, un dos máis favorables en toda Europa. Tamén se estableceron políticas laborais máis favorables aos empregadores, axudas directa aos investidores, ao que se engadía a existencia dunha man de obra cualificada e barata. Con todas estas medidas, Eslovaquia converteuse nun destino moi atractivo para o capital estranxeiro, ata se lle outorgou en 2006 o título «tigre económico de Europa Central».

A adhesión á Unión Europea produciuse o 1 de maio de 2004, xunto con outros nove países (República Checa, Polonia, Hungría, Eslovenia, Estonia, Lituania e Letonia, Malta e Chipre. Desde a súa incorporación, Eslovaquia foi un dos países da zona que maior auxe experimentou, durante a primeira década do século XXI, en 2007 Eslovaquia foi o segundo país da Unión Europea, só por detrás de Letonia, cuxa economía tivo un maior crecemento. Nos seus anos de pertenza á Unión Europea, Eslovaquia realizou esforzos para constituírse como participante da zona euro, co cumprimento dos criterios de acceso á zona euro e a súa definitiva incorporación ao Euro en 2009[3].

Notas editar

  1. 1,0 1,1 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 07/04/2020. Consultado o 8/6/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 
  3. Eslovaquia en la eurozona, Información comercial española Arquivado 28 de marzo de 2010 en Wayback Machine. Mercedes Garrido Serrano, Milan Klacman

Véxase tamén editar

Outros artigos editar