Economía de Curaçao

Turismo, refino de petróleo e o sistema bancario internacional son as principais actividades da pequena economía de Curaçao, a cal é moi dependente do exterior. A pesar dun pequeno crecemento do PIB durante a última década, a illa goza dun elevado PIB per cápita e unha infraestrutura ben desenvolvida, cando comparada a outros países da rexión.[1] Curaçao ten un excelente porto que pode recibir grandes barcos petroleiros. A empresa estatal de Venezuela aluga a única refinaría de petróleo da illa do goberno. A maior parte do petróleo é importado de Venezuela, e os derivados do refino son exportados aos Estados Unidos.[1]

Economía de Curaçao
Moeda Florín das Antillas Neerlandesas
Organizacións comerciais de que fai parte
Datos estatísticos[1]
PIB 2 838 millóns (2008)
Posición do PIB 177ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,5% (2008)
PIB per cápita $ 15000 (2004)
PIB por sector agricultura 1%, industria 15%, comercio e servizos 84% (2000)
Inflación 1,7% (2009)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 63.000 (2008)
Forza de traballo por sector agricultura 1,2%, industria 16,9%, comercio e servizos 81,8% (2008)
Desemprego 10,3% (2008)
Industrias turismo, refino de petróleo, instalacións para distribución de petróleo, industrias leves
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 876 millóns (2008)
Produtos de exportación derivados de petróleo
Principais mercados Estados Unidos 13,1%, Guatemala 10,8%, Singapur 10,7%, República Dominicana 9,6%, Haití 7,6%, Bahamas 6,1%, Honduras 4,5%, México 4,2%, (2009)
Importacións 1 340 millóns (2008)
Principais produtos importados petróleo cru, alimentos, produtos industrializados
Principais mercados Venezuela 57,3%, Estados Unidos 19,2%, Brasil 8,1% (2009) (2009)
Finanzas públicas[1]
Débeda externa dato non dispoñible
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Case todos os bens de capital e de consumo son importados, sendo os Estados Unidos, Brasil, Italia e México os principais fornecedores.[1] O goberno busca diversificar a industria e o comercio, e asinou un acordo coa Unión Europea con miras a expandir os negocios con ela. O solo pobre e a escaseza de auga impiden o desenvolvemento da agricultura. Problemas orzamentarios complican a reforma do sistema de saúde, xubilación e pensións, para unha poboación cada vez máis vella.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 The World Factbook.
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).