Economía de Colombia

O presidente Juan Manuel Santos Calderón definiu 5 puntos principais para estimular o crecemento da economía de Colombia: industrias extractivas, agricultura, infraestrutura, construción de casas e innovación tecnolóxica. O país é o terceiro exportador de petróleo para os Estados Unidos[1].

Economía de Colombia
Moeda peso colombiano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, UNASUR, CAN
Datos estatísticos[1]
PIB 511,1 mil millóns (2012)
Posición do PIB 29ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 4% (2012)
PIB per cápita 11 000 (2012)
PIB por sector agricultura 6,5%, industria 37,5%, servizos 56% (2012)
Inflación 3,2% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 23.090.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 18%, industria 13%, serviços 68% (2011)
Desemprego 10,4% (2012)
Industrias téxtiles, alimentos, petróleo, roupas e calzados, bebidas, produtos químicos, cemento, ouro, carbón, esmeraldas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 59,96 mil millóns (2012)
Produtos de exportación petróleo, café, carbón, níquel, esmeraldas, bananas, flores, roupas
Principais mercados Os Estados Unidos 39,4%, España 5,1%, a República Popular da China 4,9% e os Países Baixos 4,3% (2012)
Importacións 53,77 mil millóns (2012)
Principais produtos importados Equipamentos industriais, equipamentos de transporte, bens de consumo, produtos químicos, produtos de papel, combustibles, electricidade
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 82,42 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Centro internacional de Bogotá.

Historia recente editar

Colombia reportou en 1999 o primeiro crecemento negativo desde a década de 1930, rompendo un récord de crecemento sostido envexado polas demais economías da rexión. Esta crise tivo varias causas: un retroceso do consumo privado logo de anos de crecemento desaforado froito da liberalización da economía, incremento sostido do déficit fiscal resultado das novas obrigas creadas pola Constitución de 1991, un sistema de banda cambiaria que se viu afectado pola crise asiática e rusa, a cal perdeu credibilidade despois de varios intentos errados por defendela por parte do Banco da República (banco central) e un avultado déficit en conta corrente.

O primeiro goberno de Álvaro Uribe (2002-2006) enfrontou desafíos económicos moi difíciles, entre eles reformar o sistema de pensións e diminuír a taxa de desemprego. Dous dos principais produtos colombianos, petróleo e café, afrontan un futuro incerto; a produción de petróleo veu diminuíndo nos últimos anos como consecuencia do declive nos principais campos petroleiros do país: Caño Limón e Cusiana. Por outra parte, a produción cafeteira viuse afectada seriamente na última década debido ós baixos prezos internacionais do café xerados polo fracaso do pacto da Organización Internacional do Café que representou á saída do maior consumidor mundial, Estados Unidos.

Estímase que a produción de coca e o tráfico de cocaína moven o equivalente ao 10% do Produto interno bruto do país.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2009. Consultado o 12 de novembro de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).