Economía de Barbados

Barbados é o país máis rico e desenvolvido do Caribe oriental e ten unha das rendas per cápita máis altas de Américas.[1] A súa economía tradicional baseábase na produción de azucre, principal materia de exportación. Coa explosión do turismo, produciuse unha reorientación da actividade. Agora mantén un sistema moi dependente de Estados Unidos e Europa que son os lugares de procedencia da maioría dos turistas, o que debilita a súa economía nos períodos de contención nos países de orixe. A economía creceu dende o 2003, impulsada por aumentos en proxectos de construción e ingresos de turismo, pero este último sector tivo unha caída nos ingresos en 2009 coa recesión económica global[1].

Economía de Barbados
Moeda Dólar de Barbados
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Caricom
Datos estatísticos[1]
PIB 7 091 millóns (2012)
Posición do PIB 159ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 0,7% (2012)
PIB per cápita $ 25 500 (2012)
PIB por sector agricultura 3,1%, industria 13,6%, comercio e servizos 83,3% (2012)
Inflación 6,1% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 145.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 10%, industria 15%, comercio e servizos 75% (1996)
Desemprego 11,2% (2012)
Industrias turismo, azucre, industria leve, montaxe de compoñentes para exportación
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 491,1 millóns (2012)
Produtos de exportación manufacturas, azucre e melaza, ron, outros alimentos e bebidas, produtos químicos, compoñentes eléctricos
Principais mercados Trinidad e Tobago 18,9%, Francia 10,7%, Estados Unidos 9,7%, Santa Lucía 8,8%, San Vicente e as Granadinas 5,4%, Venezuela 4,9%, Antiga e Barbuda 4,5%, San Cristobo e Nevis 4,2% (2011)
Importacións 1 633 millóns (2012)
Principais produtos importados bens de consumo, máquinas, alimentos, materiais de construción, produtos químicos, combustibles, compoñentes eléctricos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 4,49 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Na actualidade o país diversificou parcialmente a súa economía con algo de industria lixeira. É así mesmo sede de importantes empresas, sobre todo financeiras, dado o alto nivel de protección do segredo bancario que ofrece e os baixos impostos que soportan. Pola comunidade internacional é considerado un paraíso fiscal.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 14/02/2016. Consultado o 12/5/2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).