Ebala nitidissima

especie de molusco

Ebala nitidissima

Debuxo da cuncha de Ebala nitidissima
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Gastropoda
Subclase: Heterobranchia
Infraclase: Allogastropoda
Superfamilia: Murchisonelloidea
Familia: Murchisonellidae
Subfamilia: Ebalinae
Xénero: Ebala
Especie: E. nitidissima
Nome binomial
Ebala nitidissima
(Montagu, 1803)
Sinonimia
Véxase o texto

Ebala nitidissima é unha especie de molusco gasterópodo da clase dos heterobranquios, infraclase dos alogasterópodos, superfamilia dos murquisoneloideos, familia dos murquisonélidos, e subfamilia dos ebalinos, unha das integradas no xénero Ebala.[1][2]

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1803 polo naturalista inglés George Montagu,[1] na súa obra Testacea Britannica or natural history of British shells, marine, land, and fresh-water, including the most minute: Systematically arranged and embellished with figures. Dous volumes. Londres: J. White.

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]

  • Anisocycla nitidissima (Montagu, 1803)
  • Eulima nitidissima (Montagu, 1803)
  • Eulimella nitidissima (Montagu, 1803)
  • Eulimella striata de Folin, 1870 (sinónimo dubidoso)
  • Odostomia nitidissima (Montagu, 1803)
  • Turbo nitidissimus Montagu, 1803 (protónimo)

Características editar

É un animal de cor branca, que habita nos fondos lamacentos da zona infralitoral. A súa cuncha, de cor branca e até 2,5 mm de lonxitude, é aciculada, moi estreita, lisa e fráxil.[3]

A protocuncha (cuncha embrionaria dos moluscos gasterópodos),[4] está enrolada en sentido perpendicular á teleocuncha (a cuncha do adulto, de grego antigo τέλος telos, "fin", e cuncha). A sutura esta ben marcada, e abertua é ovoide.[3]

Distribución editar

Distribúese polo Atlántico,[3][5] incluído o Mediterráneo.[6]

En Galicia editar

En Galicia encóntrase nas rías do golfo Ártabro, Muros e Noia e Vigo, sendo en todas elas a súa presenza moi escasa.[3]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no WoRMS. Consultado o 17 de agosto de 2021.
  2. 2,0 2,1 Ebala nitidissima (Montagu, 1803) no GBIF. Consultado o 17 de agosto de 2021.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Rolán & Otero 1996, p. 117.
  4. Protoconcha en Asturnatura.
  5. Gärdenfors 2010.
  6. Templado & Villanueva 2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gärdenfors, Ulf (2010): Rödlistade arter i Sverige 2010. Uppsala: Artdatabanken i samarbete med Naturvårdsverket. ISBN 978-91-8850-635-1.
  • Rolán, Emilio e Otero Schmmitt, Jorge (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia, S. A. ISBN 84-8288-072-1.
  • Templado, J. e R. Villanueva (2010): "Checklist of Phylum Mollusca". pp. 148-198, en Coll, M. et al. "The biodiversity of the Mediterranean Sea: estimates, patterns, and threats". PLoS ONE 5 (8): 36.

Outros artigos editar