Eagles of Death Metal

banda estadounidense de garage rock

Eagles of Death Metal é unha banda estadounidense de garage rock procedente de Palm Desert (California), formada en 1998 por Jesse Hughes e Josh Homme. A pesar de que Hughes é o líder da banda, Homme é o compoñente máis coñecido dos dous por ser o líder de Queens of the Stone Age e membro da desaparecida banda Kyuss. Son os dous únicos membros permanentes do grupo, aínda que Homme raramente toca en directo debido aos compromisos cos seus outros proxectos.

Eagles of Death Metal
A banda en directo no ano 2006
OrixePalm Desert (California), Estados Unidos
Período1998 - presente
Xénero(s)garage rock, rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Rekords Rekords, Downtown Records
MembrosJesse Hughes
Dave Catching
Brian O'Connor
Josh Homme
Artistas relacionadosQueens of the Stone Age, The Desert Sessions, Millionaire, Them Crooked Vultures, Tenacious D, Kyuss
Na rede
eaglesofdeathmetal.com
IMDB: nm2251840 Facebook: eaglesofdeathmetal Twitter: EODMofficial Instagram: eodmofficial MySpace: eaglesofdeathmetal Bandcamp: eaglesofdeathmetalSouncloud: eodmofficial Spotify: 02uYdhMhCgdB49hZlYRm9o iTunes: 55046883 Last fm: Eagles+of+Death+Metal Musicbrainz: de11b037-d880-40e0-8901-0397c768c457 Songkick: 527957 Discogs: 246823 Allmusic: mn0000165652 Deezer: 5508 Genius: Eagles-of-death-metal Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Eagles of Death Metal formouse en Palm Desert en 1998 e a súa primeira aparición foi en The Desert Sessions Volumes 3 & 4 de Josh Homme, editadas ese ano. Durante os seguintes anos Homme non puido traballar moito na banda debido ao éxito do seu outro grupo, Queens of the Stone Age. Porén, a banda finalmente editou un álbum o 23 de marzo de 2004: Peace, Love, Death Metal.

O álbum de debut tivo un relativo éxito, aparecendo algunhas das súas cancións en varios anuncios de televisión nos Estados Unidos e en tráilers de películas. A primeira canción do álbum, "I Only Want You", apareceu tamén no xogo de PlayStation 2 Gran Turismo 4.

A banda editou o 11 de abril de 2006 o seu segundo álbum. Durante a primeira metade dese ano estiveron xirando como apoio de The Strokes e como cabezas de cartel da súa propia xira coa banda The Giraffes como abreconcertos, ao que seguiron máis datas como abreconcertos para Peaches. Dende entón, tocaron con Joan Jett e saíron de xira con Guns N' Roses. No seu primeiro concerto con Guns N' Roses, en Cleveland, Ohio o 24 de novembro de 2006, a banda non foi ben recibida pola multitude. Cando Axl Rose saíu ao escenario, preguntoulle á multitude se desfrutaran con "The Pigeons of Shit Metal", e dixo que este sería o último concerto que farían con Guns N' Roses.

O 13 de novembro de 2015 tivo lugar un masacre reivindicada por Estado Islámico mentres estaban a dar un concerto diante dunhas 1 500 persoas no teatro Bataclan de París.

A produtora pontevedresa Producciones Mutantes fixo un fanmade da canción God of Thunder (un videoclip de homenaxe), e Jesse Hughes chamounos para acordar facer un traballo xuntos, que se viu atrasado pola pandemia de Covid-19 até o 2023. En xullo de 2023 anunciouse que a estrea mundial do videoclip sería no Teatro Principal pontevedrés.[1]

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
Peace, Love, Death Metal 2004 AntAcidAudio
Death by Sexy 2006 Downtown Recordings
Heart On 2008 Downtown Recordings
Zipper Down 2015 Downtown Recordings

Notas editar

  1. Pereiro, Carlos (2023-07-18). "A banda Eagles of Death Metal estreará o seu novo videoclip no Teatro Principal de Pontevedra". Concello de Pontevedra. Consultado o 2023-07-18. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar