ESRO 1A

Satélite artificial de investigación europeo.

ESRO 1A (European Space Research Organization 1A), tamén coñecido como Aurorae, foi un satélite artificial europeo lanzado o 3 de outubro de 1968 mediante un foguete Scout B desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[2][6]

ESRO 1A / Aurorae
TipoCientífico
Destino actualReentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento3 de outubro de 1968, 20:49 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portadorScout B[2][6]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2]
Obxectivo da misiónEstudo dos fenómenos aurorais.[2]
Decaemento26 de xuño de 1970[1]
NSSDC ID1968-084A
Masa85,8 kg[2][7]

Características editar

ESRO 1A foi un dos membros do conxunto de satélites ESRO adicados a facer investigacións científicas. A misión de ESRO 1A foi estudar os fenómenos aurorais mediante sete instrumentos. Os estudos incluían observacións da luminosidade auroral, a composición e temperatura da ionosfera e o fluxo, tipo e espectro de enerxía das partículas atrapadas e precipitadas (electróns de enerxías de entre 1 e 30.000 KeV). O satélite foi inxectado nunha órbita inicial de 1499 km de apoxeo e 260 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 93,7 graos e un período de 102,5 minutos, co seu eixo de simetría aliñado magneticamente co campo magnético terrestre. Funcionou sen problemas durante 18 meses excepto pola grabadora de cinta, que fallou aos sete meses da misión. Reentrou na atmosfera o 26 de xuño de 1970.[1][2][3][4][7]

Instrumentos editar

ESRO 1A levaba a bordo os seguintes instrumentos:[2][6]

  • Medidor de espectro de enerxía e fluxos de electróns atrapados e precipitados.
  • Analizador electrostático de partículas a altas latitudes.
  • Medidor de espectros de protóns atrapados e precipitados.
  • Medidor de distribución angular de electróns e protóns.
  • Medidor de espectros de enerxía e fluxos de protóns solares.
  • Fotómetros aurorais.
  • Sonda Langmuir.
  • Medidor de temperatura e composición iónica.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "ESRO 1A (AURORAE)" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 NASA (14 de maio de 2012). "Aurorae" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Letter dated 4 February 1969 from the Permanent Representative of the United States of America addressed to the Secretary-General" (PDF) (69-02651). 11 de febreiro de 1969: 2. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  4. 4,0 4,1 "Note verbale dated 28 January 2004 from the Permanent Mission of France to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (04-51402). 2 de marzo de 2004: 3. Consultado o 1 de marzo de 2021. 
  5. Claude Lafleur (2010). "ESRO 1A / Aurorae" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 1A, 1B (Aurorae, Boreas)" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 14 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar