EMC Corporation (NYSE: EMC[1]), forma parte da Financial Times Global 500 é unha empresa americana que integra a American Fortune 500 e S&P 500 fabricante de software e sistemas para a administración e o almacenamento de información. A súa casa matriz está en Hopkinton, Massachusetts, Estados Unidos. EMC desenvolve produtos para almacenamento para o segmento empresarial, incluídos hardware para RAID e software para administrar almacenamento de datos. O seu produto principal é o Symmetrix, o cal é parte das redes de almacenamento de moitos centros de cómputos. A liña CLARiiON foi adquirida cando mercou a Data General.

EMC Corporation
Logo
Tiponegocio, empresa e empresa de capital aberto
Data de fundaciónagosto de 1979
Fundador(es)Richard Egan e Roger Marino
Nomeado en referencia aRichard Egan e Roger Marino
Nº de empregados70.000 (2014) Editar o valor em Wikidata
Organización matrizDell Technologies
SedeHopkinton
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.emc.com/
Twitter: dellemc Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Comezou a súa actividade o 23 de agosto de 1979, fundada por Richard (Dick) Egan (ex xerente de Intel) e Roger Marino, a E e a M no nome da compañía (EMC non adoptou EMC² referíndose á famosa ecuación E=mc² de Albert Einstein). A primeira C refírese a un terceiro integrante que deixou a compañía despois de fundala e a segunda refírese a Corporation. Nos seus comezos adicábase a fabricar placas de memoria, expandíndose despois a manexadores de disco. O 4 de abril de 1986 comeza a cotizar en bolsa, na que forma parte do NASDAQ e o 22 de marzo de 1988 integra o NYSE.

Co traballo de Moshe Yanai (que traballa actualmente para XIV Storage), medrou ata converterse na empresa máis importante en innovacións e plataformas de almacenamento. Joseph Tucci é o actual CEO dende 2001, remplazando a Michael Ruettgers que continuou como presidente ata 2006. En almacenamento de datos, os seus principais competidores son IBM, NetApp, Hewlett-Packard, Hitachi Data Systems e Agami Systems (competidor en crecemento).

A compañía transformouse dunha compañía de hardware a unha compañía mestura de hardware, software e servizos profesionais. O grande impulso para o futuro é o desenvolvemento de produtos para a virtualización que inclúen VMware, Invista, e Rainfinity.

Contorno de traballo e cultura corporativa editar

Na actualidade, EMC é unha empresa global con máis de 47.000 empregados en todo o mundo. EMC sitúase no número 3 da lista World’s Most Admired Computer Companies (Empresas informáticas máis admiradas do mundo) da revista Fortune. No ano 2010 foi recoñecida por un dos seus proxectos (IT Proven Project), galardoado co CIO 100 Award, que recoñece as compañías que están creando novo valor de negocio a través da innovación e da tecnoloxía.

Notas editar

  1. "NYSE Euronext". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 14 de xuño de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar