Dwight Powell

baloncestista canadense

Dwight Harlan Powell, nado o 20 de xullo de 1991 en Toronto, Ontario, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).

Dwight Powell
Dallas Mavericks – No. 7
Posición Ala-pivote
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 20 de xullo de 1991 (32 anos)
Toronto, Ontario
Nacionalidade Canadá
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 109 kg (240 lb)
Información da carreira
Instituto IMG Academy
(Bradenton, Florida)
Universidade Stanford (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por Charlotte Hornets
Carreira dende 2014
Historial de equipos
Boston Celtics (2014)
Maine Red Claws (NBA D-League) (2014)
Dallas Mavericks (2014–presente)
Texas Legends (NBA D-League) (2014–2015)
Información en nba.com

Traxectoria profesional editar

Boston Celtics editar

O 26 de xuño de 2014, Powell foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2014 polos Charlotte Hornets.[1] O 12 de xullo de 2014, os dereitos de Powell foron traspasados xunto a Brendan Haywood ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Scotty Hopson e unha compensación económica.[2] Disputou a Liga de Verán da NBA de 2014 cos Cavaliers, e o 23 de agosto de 2014 asinou un contrato con eles.[3] O 25 de setembro de 2014, foi traspasado ós Boston Celtics xunto a John Lucas III, Erik Murphy, Malcolm Thomas e dúas eleccións da segunda rolda de Cleveland dos Drafts de 2016 e 2017, a cambio de Keith Bogans e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[4] Durante a súa tempada coma rookie nos Celtics, foi asignado en varias ocasións ós Maine Red Claws da NBA Development League.[5]

Dallas Mavericks editar

O 18 de decembro de 2014, Powell foi traspasado xunto a Rajon Rondo ós Dallas Mavericks, a cambio de Jae Crowder, Jameer Nelson, Brandan Wright, unha elección da primeira rolda do Draft de 2015 e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016.[6] En xullo de 2015, uniuse ó equipo dos Mavericks para a Liga de Verán da NBA de 2015.

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014–15 Boston 5 1.8 .800 .000 .500 0.2 0.0 0.4 0.0 1.8
2014–15 Dallas 24 9.5 .435 .273 .774 2.0 0.4 0.3 0.3 3.4
Total 29 8.1 .463 .273 .758 1.7 0.3 0.3 0.2 3.1

Notas editar

  1. 2014 NBA Draft Results: Charlotte Hornets select Dwight Powell with 45th pick
  2. Hopson Acquired from Cavs
  3. Cavs Sign Dwight Powell
  4. Boston Celtics Announce Roster Moves
  5. "2014-15 NBA Assignments". Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2015. Consultado o 10 de agosto de 2015. 
  6. Ahmadi, Arya (18 de decembro de 2014). "Mavs acquire four-time All-Star Rajon Rondo". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar