Drowning Pool é unha banda de música Nu metal e metal alternativo formada en 1996 na cidade de Dallas, Texas, nos Estados Unidos. A carreira da banda xorde no 2000 grazas ao festival de Ozzfest e desde entón crece rapidamente ata o presente, ademais cada un dos seus discos ten un vocalista distinto. O seu álbum debut no 2002 foi chamado Sinner e gañou o disco de platino en seis semanas. Durante o mes de agosto do mesmo ano, ocorreu o deceso do vocalista da banda, Dave Williams, produto dun ataque cardíaco.

Drowning Pool
Drowning Pool nun concerto en 2014.
OrixeDallas, Texas, Estados Unidos de América Estados Unidos
Período1996 - actualidade
Xénero(s)Metal alternativo, nu metal e hard rock
Selo(s) discográfico(s)Wind-up Records e Eleven Seven Music
MembrosC.J. Pierce
Stevie Benton
Mike Luce
Jasen Moreno
Antigos membrosDave Williams
Jason Jones
Ryan McCombs
Na rede
www.drowningpool.com
IMDB: nm1848508 Facebook: drowningpool Twitter: drowningpool Instagram: drowningpoolofficial MySpace: drowningpool Youtube: UCRFHKKNGdaIs9NaULSUuKGw Spotify: 1E4r4z7ivGUcSAnCbINJ9v iTunes: 95701594 Last fm: Drowning+Pool Musicbrainz: 87a73cf0-ebdf-483d-8b5a-3db1e5e72122 Songkick: 349012 Discogs: 268893 Allmusic: mn0000167762 Deezer: 935 Editar o valor em Wikidata

Finalmente, no 2003, uniuse á banda o músico Jason 'Gong' Jones, substituíndo ao falecido vocalista facendo a súa primeira aparición para o seu novo álbum Desensitized do 2004, pero a mediados de 2005, anuncia a súa saída da banda.

Despois de moitos rumores, é anunciado que o novo vocalista sería Ryan McCombs, o anterior vocalista da banda Soil. O seu novo disco "Full Circle" foi lanzado no 2007, incluíndo un cover de Billy Idol, Rebel Yell. No 2008 lanzan o disco ao vivo chamado Loudest Common Denominator onde Ryan McCombs canta cancións dos vocalistas anteriores. No 2010 a banda lanza o seu cuarto álbum de estudio homónimo. O tema Rise Up usase na WWE para abrir o programa Smackdown, tamén realiza varias cancións para os eventos de pago pola visión da WWE. No 2011 Ryan McCombs deixa Drowning Pool volvendo coa súa banda inicial Soil. No 2012 integrase á banda Jasen Moreno como o novo vocalista.

Integrantes editar

Actuais editar

Anteriores editar

Discografía editar

Compilación editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar