Drogheda

cidade de Irlanda

Drogheda (en inglés) ou Droichead Átha (en irlandés, as dúas formas oficiais) é unha cidade da República de Irlanda, no leste do país, pertencente á provincia tradicional de Leinster.

Modelo:Xeografía políticaDrogheda
Drogheda (en)
Droichead Átha (ga) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 53°42′54″N 6°21′09″O / 53.715, -6.3525Coordenadas: 53°42′54″N 6°21′09″O / 53.715, -6.3525
EstadoIrlanda
ProvinciasLeinster
CondadosCondado de Louth Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación40.956 (2016) Editar o valor em Wikidata (2.767,3 hab./km²)
Xeografía
Superficie14,8 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1 m Editar o valor em Wikidata
Datos históricos
Creación1194 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
decembro de 1641Siege of Drogheda (en) Traducir
11 de setembro de 1649Siege of Drogheda (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Kuşadası (pt) Traducir
Saint-Mandé (2011–) Editar o valor em Wikidata

Páxina weblouthcoco.ie Editar o valor em Wikidata

Demografía editar

No ano 2011 tiña unha poboación de 38 578 habitantes.

Historia editar

 
Fito conmemorativo dos 800 anos da cidade

O primeiro asentamento que houbo en Drogheda, e que está considerado como a fundación da cidade tivo lugar no 1194  Durante a rebelión irlandesa de 1641, Drogheda foi asediada polas tropas rebeldes contrarias á presenza dos ingleses.[1]

Entre o 3 e o 11 de setembro de 1649, durante a chamada Segunda Guerra Inglesa, que culminou coa caída e posterior decapitación do monarca Carlos I de Inglaterra, a cidade de Drogheda foi vítima do asedio das tropas do ditador, Oliver Cromwell invadiron a cidade e mataron preto de 3500 persoas no coñecido como asedio de Drogheda. Homes, militares e pais foron asasinados nunha acción que afectou as relacións entre ingleses e irlandeses por máis de 300 anos.[2]

Preto de Drogheda tivo lugar a batalla do Boyne no 1690 entre os partidarios do deposto rei Xacobe II e os partidarios de Guillerme III. Esta batalla foi decisiva no marco da guerra xacobita.[3]

Turismo editar

Nas inmediacións da cidade, ao norte, están as ruínas do mosteiro Mainistir Bhuithe, onde é posible atopar tres cruces altas como mostra da influencia artística celta.

Na igrexa adicada a San Pedro atópase a cabeza incorrupta do arcebispo e mártir Oliver Plunkett[4]

Economía editar

A economía en Drogheda, como a de moitas outras cidades da Irlanda, está mudando rapidamente. As vellas industrias baseadas en torno ao liño e téxtil, fabricación de cervexa, transporte e fabricación xa desapareceran ou están en declive. Nos últimos anos, o número de empresas reduciuse por mor da crise económica e Drogheda enfrontase a un aumento do desemprego.

Notas editar

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  2. Ó Siochrú, Micheál (2008). God's Executioner, Oliver Cromwell and the Conquest of Ireland. Faber & Faber.
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2013. Consultado o 27 de xaneiro de 2014. 
  4. http://www.catholic.org/saints/saint.php?saint_id=372

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar