Dries Mertens

futbolista belga

Dries Mertens (AFI: [ˈdris ˈmɛrtə(n)s]), nado en Leuven, Brabante Flamengo, o 6 de maio de 1987, é un futbolista internacional belga que xoga como extremo para o SSC Napoli da Serie A italiana e para a selección de Bélxica.

Dries Mertens
Información persoal
Nome Dries Mertens
Nacemento 6 de maio de 1987 (36 anos)
Lugar de nacemento Lovaina
Altura 1,69 m
Posición Extremo
Información de club
Club actual SSC Napoli
Número 14
Carreira xuvenil
1996–1998 Stade Leuven
1998–2003 Anderlecht
2003–2005 Gent
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2005–2007 Gent 0 (0)
2005–2006 → E. Aalst (cesión) 14 (4)
2006–2007 → AGOVV (cesión) 35 (2)
2007–2009 AGOVV 73 (28)
2009–2011 Utrecht 65 (16)
2011–2013 PSV 62 (37)
2013– Napoli 33 (11)
Selección nacional
2004 Bélxica Sub-17 4 (0)
2011– Bélxica 28 (4)
Na rede
Facebook: MertensOfficial Twitter: dries_mertens14 Instagram: driesmertens FIFA: 358114 UEFA: 250019924 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 1 de xullo de 2014editar datos en Wikidata ]

En 2020 marcou o seu 122º gol co Napoli, converténdose no futbolista con máis goles na historia do club, superando ao eslovaco Marek Hamšík.[1]

Traxectoria editar

Mertens comezou xogando ao fútbol sala no ZG Leuven, equipo da súa cidade natal, da primeira división belga. Posteriormente cambiou o futsal polo fútbol, comezando nas categorías inferiores do KAA Gent. Nese primeiro ano, foi subido ao primeiro equipo, aínda que non chegou a debutar, fichando en calidade de cedido polo Eendracht Aalst da Terceira División belga, onde foi galardoado polos fans como o home da tempada. Despois foi cedido de novo, esta vez ao AGOVV Apeldoorn da Eerste Divisie, segunda categoría do fútbol neerlandés, onde se converteu nun dos xogadores máis importantes da categoría e no capitán do seu equipo. Despois da tempada 2008-09, gañou o De Gouden Stier, un premio que se outorga ao talento máis grande da Jupiler Pro League. O 25 de maio de 2009 asinou un contrato co FC Utrecht.[2]

O 1 de agosto de 2009, fixo o seu debut na Eredivisie, máxima categoría do fútbol neerlandés, na vitoria 0-1 no partido inaugural contra o RKC Waalwijk. Dúas semanas despois, o 16 de agosto de 2009, anotaría os seus dous primeiros goles para o FC Utrecht nun partido contra o contra o VVV-Venlo. O 28 de xuño de 2011, trasladouse ao PSV Eindhoven da mesma categoría xunto co seu compañeiro Kevin Strootman, nun traspaso valorado nun total de 13 millóns de euros por ambos os xogadores. Dries Mertens anotou o seu primeiro hat-trick co PSV Eindhoven o 28 de agosto de 2011 contra o Excelsior Rotterdam. Tras dúas temporadas no club neerlandés anunciaríase o 22 de xuño de 2013 a súa fichaxe polo Napoli italiano, onde no seu primeiro ano xogaría 33 partidos anotando 11 goles.

Títulos editar

Campionatos nacionais editar

Título Club Liga Ano
Copa Italia SSC Napoli   Italia 2014

Notas editar

  1. "Mertens supera a Hamsik como máximo goleador de la historia del Nápoles" (en castelán). 14 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2020. 
  2. Coerts, Stefan (25 de maio de 2009). GOAL.com, ed. "Official: Utrecht Sign AGOVV Forward Dries Mertens" (en neerlandés). Consultado o 3 de xullo de 2014. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar