Drag City

selo discográfico estadounidense

Drag City é un selo discográfico independente estadounidense baseado en Chicago, Illinois. Foi creado coa edición dun sinxelo de Royal Trux ("Hero Zero" - DC1) en Chicago en 1990 por Dan Koretzky e Dan Osborn.[1] O selo está especializado en indie rock, rock experimental, rock psicodélico, folk rock e country alternativo.

Drag City
Fundado en1990
FundadorDan Koretzky, Dan Osborn, Royal Trux/Adam & Eve
Xénero(s)rock, experimental, indie rock, folk
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
LocalizaciónChicago, Illinois
dragcity.com

Historia editar

O selo publicou a versión estadounidense do Tilt de Scott Walker en 1997, despois de achegarse a el co desexo de darlle ao disco unha edición nos Estados Unidos. Walker describiu o lanzamento do álbum con eles como "un experimento".[2] Varios membros do persoal de Drag City teñen tocado en bandas; o xefe de prensa Gene Booth tocou os teclados e a guitarra en USA, e tanto Booth, como o xefe de vendas Rian Murphy, e o fundador Dan Koretzky tocaron en Mantis. Booth tamén foi membro de Chestnut Station.[3]

En anos recentes o selo aumentou o seu catálogo incluíndo edicións de comedia alternativa, con edicións recentes de Fred Armisen, Neil Hamburger e Andy Kaufman entre outros, e reedicións, destacando as de Gary Higgins e Death.[4] En 1997 Drag City comezou a publicar material impreso como a revista literaria The Minus Times e a novela de Neil Hagerty Victory Chimp. O selo distribuíu o documental de 2013 The Source Family. Despois de anos rexeitando publicar a música dos seus artistas a través de plataformas de streaming, o selo puxo a súa música dispoñible para streaming a través de Apple Music en xullo de 2017,[5] e a través de Spotify e Tidal en 2018.[6]

Artistas editar

Notas editar

  1. LLC, SPIN Media (1993-11). SPIN (en inglés). SPIN Media LLC. 
  2. Inc, Nielsen Business Media (1997-08-23). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc. 
  3. Inc, Nielsen Business Media (1998-06-13). Billboard (en inglés). Nielsen Business Media, Inc. 
  4. July 11th, Giuseppe Zevolli; 2014. "Rian Murphy from Drag City on the Independent Label Market". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2016. Consultado o 2019-11-13. 
  5. "What to Stream From Drag City’s Catalog". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-13. 
  6. "Drag City Records Now Streaming on Spotify and Tidal". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-11-13. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar