Dragón (militar)

Os dragóns eran soldados que, desde mediados do século XVI até principios do XIX, combatían como cabalaría (xeralmente ao ataque) e infantaría (á defensiva normalmente).

Dragón francés en 1806.

Historia editar

O seu antecedente máis remoto é o dimaco (do grego dimakhēs) macedonio, un soldado de cabalaría pesada, que tamén loitaba a pé cando era necesario.

En 1554 o mariscal de Francia Carlos I de Cossé-Brissac creou un corpo de arcabuceiros que combatían a pé e desplazábanse a cabalo, para servir no exército do Piemonte. É nesta época cando se comeza a empregar o nome, de orixe incerta, dragón/s. Crese que pode aludir aos dragóns duns supostos estandartes das tropas de Brissac, ou ben a un mosquete curto ou carabina así chamado/a naquel tempo.

A principios do século XVII, Gustavo II Adolfo de Suecia desenvolveu este tipo de tropas para os seus exércitos, equipando ao dragón con sabre, machado e mosquete, sendo imitado por case todos os exércitos europeos. Ao longo do século XVII foi perdendo progresivamente importancia o carácter ata desaparecer totalmente: a partir das primeiras guerras de Frederico II O Grande de Prusia, dragón fixo referencia tamén á cabalaría media, e a comezos do seguinte século raras veces loitaban xa a pé. Non obstante, algúns exércitos seguiron denominando dragóns a certas unidades como as de cabalaría media ou lixeira (e no século XX mecanizada), mesmo até a actualidade.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar