A Doutrina Reagan foi unha doutrina de política exterior creada e implementada polos Estados Unidos baixo a presidencia de Ronald Reagan para combater a influencia mundial exercida pola Unión Soviética durante os anos finais da guerra fría. Esta doutrina supuxo a pedra angular da política exterior dos Estados Unidos desde os primeiros anos da década de 1980 até o final da guerra fría en 1991.

O antigo presidente dos Estados UnidosRonald Reagan.

Durante este período e como consecuencia desta idea diplomática, os Estados Unidos proporcionaron tanto aberta como clandestinamente axuda a guerrillas anticomunistas e grupos terroristas nun esforzo para derrocar do poder a gobernos que apoiaban á Unión Soviética en África, Asia e Latinoamérica, en especial en Centroamérica que está conformada por GuatemalaO Salvador, Belize, Nicaragua, Honduras, Costa Rica e Panamá. A doutrina foi deseñada para diminuír a influencia soviética nestas rexións pero tamén para potenciar o estabelecemento de sistemas políticos e económicos orientados ao capitalismo (entendido desde a democracia liberal), dado que nalgúns casos foran durante moito tempo gobernadas por gobernos socialistas.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar