Douradiña

especie de planta

A douradiña ou fento pequeniño (Ceterach officinarum ou Asplenium ceterach) é unha especie de fento pertencente á familia Aspleniaceae. Aparece en Galiza.

Descrición editar

Trátase dunha planta cun rizoma groso e curto, do que xorden unhas frondes en fascículos mestos, que posúen unha lámina pinnada, verdosa, glabra pola face superior, cun indumento prateado polo envés; ditas pinnas son alternas, ovadas. O pecíolo é menor en lonxitude có limbo. Os seus soros, carentes de indusio, son lineares. 2n=144.

Distribución e hábitat editar

Trátase dunha especie propia de Europa occidental e central, incluíndo a rexión mediterránea deica Asia, na súa zona temperada. O seu hábitat preferente consiste en fendas das rochas, especialmente sobre substratos calcarios.

Propiedades editar

Posúa aplicacións en medicina popular como diurético. Principios activos: Describiuse a presenza de taninos, ácidos orgánicos e mucilaxes.[1]

Indicacións: Uso popular coma: diurético, colerético, hipotensor, hipoviscosizante, tónico xeral e antitusivo. Indicado para estados nos que cómpre un aumento da diurese: afeccións xenitourinarias (cistite, ureterite, uretrite, oliguria, urolitíase), hiperazotemia, hiperuricemia, gota, hipertensión arterial, edemas, exceso de peso acompañado de retención de líquidos. Prevención da arteriosclerose; disquinesias biliares. Bronquite, gripe, arrefriados.[1] Úsanse as partes aéreas. Apáñase de maio até agosto. Infusión: 1 cullerada por cunca; dous ou tres cuncas por día, despois das comidas.[1]

Taxonomía editar

 
Fento pequeniño no seu hábitat

Asplenium ceterach foi descrita por Mary Tindale e publicado en Contributions from the New South Wales National Herbarium 3(3): 247 1963.[2]

Etimoloxía

O nome científico do xénero Asplenium fai referencia ao uso terapéutico que se daba a estas plantas durante a Idade Media para sandar doenzas ligadas co bazo (exceso de bile negra). Así, Asplenium sería unha adaptación ao latín do grego "splen" (bazo). ceterach: epíteto

Citoloxía

Número de cromosomas de Ceterach officinarum (Fam. Aspleniaceae) e táxones infraespecíficos: 2n=144[3]

Sinonimia
  • Ceterach officinarum subsp. officinarum Willd.
  • Ceterach officinarum Willd.
  • Ceterach vulgare var. crenatum Samp.
  • Ceterach vulgare Druce[4]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "Ceterach officinarum". Plantas útiles: Linneo. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2009. Consultado o 30 de novembro de 2009. 
  2. "Douradiña". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 23 de setembro de 2012. 
  3. Cytotaxonomy of spanish plants. I. Introduction. Pteridophyta and Gymnospermae. Löve, A. & E. Kjellqvist (1972) Lagascalia 2(1): 23-35
  4. "Asplenium ceterach L.". www.theplantlist.org. Consultado o 2020-01-03. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Carrión Vilches, Miguel Ángel (2000). Helechos de la Región de Murcia. ISBN 84-699-3093-1. 

Ligazóns externas editar