Hans Detlef Sierck, nado en Hamburgo o 26 de abril de 1897 e finado en Lugano (Tesino) o 14 de xaneiro de 1987 foi un director de cinema alemán, coñecido como Douglas Sirk e famoso polos melodramas que dirixiu en Hollywood na década de 1950.

Douglas Sirk
Nome completoHans Detlef Sierck
Nacemento26 de abril de 1897
LugarHamburgo, Imperio Alemán
Falecemento14 de xaneiro de 1987
LugarLugano, Suíza
NacionalidadeAlemaña Alemaña
Educado enUniversidade de Múnic
Cónxuxe(s)Hilde Jary
Lydia Brinken
ProfesiónDirector
Na rede
IMDB: nm0802862 Allocine: 1649 Rottentomatoes: celebrity/douglas_sirk Allmovie: p111684 TCM: 178564
Musicbrainz: 348d2aaa-8807-4f32-ab79-2ea4e6ae5ea9 Discogs: 1778826 Find a Grave: 9683640 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Tras triunfar no teatro alemán na década de 1920, uniuse á UFA en 1934, comezando unha exitosa carreira en curtametraxes e comedias musicais. Abandonou Alemaña en 1937 polas súas ideas políticas e porque a súa segunda esposa, a actriz Hilde Jary, era xudía. Tras traballar en varios países europeos chegou aos Estados Unidos, conseguindo en 1942 un contrato con Columbia Pictures, xa co nome artístico de Douglas Sirk.

Cando acabou a segunda guerra mundial volveu brevemente ao seu país, pero de novo nos Estados Unidos estableceu unha gran reputación cos coloridos melodramas que dirixiu para Universal Studios entre 1952 e 1959. A pesar do éxito obtido con Imitation of Life (axudado polo escándalo provocado co asasinato do noivo de Lana Turner) deixou o país e a dirección.

Finou en Lugano (Suíza) trinta anos máis tarde, cando xa era unha referencia recoñecida para autores contemporáneos como Pedro Almodóvar, John Waters ou Todd Haynes.

Filmografía editar

  • April, April! (1935)
  • Das Mädchen vom Moorhof (1935)
  • Stützen der Gesellschaft (1935)
  • Schlußakkord (1936)
  • Das Hofkonzert (1936)
  • Zu neuen Ufern (1937)
  • La Habanera (1937)
  • Boefje (1939)
  • Hitler's Madman (1943)
  • Summer Storm (1944)
  • A Scandal in Paris (1946)
  • Lured (1947)
  • Sleep, My Love (1948)
  • Shockproof (1949)
  • Slightly French (1949)
  • Mystery Submarine (1950)
  • The First Legion (1951)
  • Thunder on the Hill (1951)
  • The Lady Pays Off (1951)
  • Week-End With Father (1951)
  • No Room for the Groom (1952)
  • Has Anybody Seen My Gal? (1952)
  • Meet Me at the Fair (1953)
  • Take Me To Town (1953)
  • All I Desire (1953)
  • Taza, Son of Cochise (1954)
  • Magnificent Obsession (1954)
  • Sign of the Pagan (1954)
  • Captain Lightfoot (1955)
  • Só o ceo o sabe (1955)
  • There's Always Tomorrow (1956)
  • Escrito no vento (1956)
  • Battle Hymn (1957)
  • Interlude (1957)
  • Os anxos caídos (1957)
  • A Time to Love and a Time to Die (1958)
  • Imitation of Life (1959)

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar