Doug Howlett

xogador de rugby neozelandés

Doug Howlett, nado en Auckland o 21 de setembro de 1978, é un xogador internacional neozelandés de rugby. Como xogador ocupa a posición de á no seu equipo actual, o Munster Rugby. El é un dos dous únicos xogadores de rugby na historia que ten gañado as máximas competicións tanto do hemisferio Norte (Heineken Cup) como do hemisferio Sur (Super 14).

Doug Howlett
Nacemento21 de setembro de 1978
Lugar de nacementoAuckland
NacionalidadeNova Zelandia
Alma máterAuckland Grammar School e Mount Roskill Intermediate
Ocupaciónxogador de rugby
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

A súa familia é de orixe tongana, pero el naceu en Auckland, Nova Zelandia, e como a maioría dos nenos dese país, comezou a xogar ó rugby dende moi cativo xa na escola, destacando pola súa punta de velocidade.

O seu debut na alta competición foi con Auckland RFU, o equipo provincial representativo da rexión de Auckland, na liga neozelandesa. Ata o ano 2007 xogou con ese equipo nesta competición nacional.

Con respecto ao Super12/Super 14, debutou na tempada 1997 cos Otago Highlanders. Ó ano seguinte formou parte dos Wellington Hurricanes, e xa a partir da tempada 1999 e até a tempada 2007 xogou como integrante dos Auckland Blues.

Doug Howlett xogou 62 partidos coa camisola dos All Blacks, dende o seu primeiro partido no 2000 ata o 2007. Nese ano 2007 o xogador decidiu abandonar o seu país para irse a Europa a xogar, fichou polo Munster Rugby, e así puxo punto final á súa carreira coa selección de rugby de Nova Zelandia, pois as normas din que nela só poden haber xogadores que militen en equipos dese país, xa que os contratos cos equipos fainos a propia federación neozelandesa de rugby.

Dende o ano 2007 Doug Howlett xoga no Munster Rugby irlandés, co cal compite na Magners League (ou Liga Celta) e na Heineken Cup (ou Copa de Europa), e ten contrato cando menos ata o ano 2011.

O máis salientable da traxectoria de Doug Howlett como xogador de rugby son os seus enormes rexistros anotadores de ensaios con calquera equipo no que teña xogado, e tanto é así que está na 5ª posición da lista de anotadores de ensaios da historia. O seu valor como xogador defensivo tamén é notable.

Equipos e títulos editar

Equipos Tempadas Ensaios Títulos
Auckland RFU 1998 - 2007 50 5 NPC (1999, 2002, 2003, 2005, 2007)
Auckland Blues 1999 - 2007 59 1 1 Super 14 (2003)
All Blacks 2000 - 2007 49 ² 5 Tri Nations (2002, 2003, 2005, 2006, 2007), 0 Copa do Mundo
Munster Rugby 2007/08 - (.....) >17 1 Magners League (2007/08), 1 Heineken Cup (2008/09)

1 - récord da competición e do equipo. ² - récord da selección.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar