Douala é a maior cidade do Camerún e capital da Rexión do Litoral e do departamento de Wouri. Cunha poboación de 2 768 400 habitantes (2014),[1] cidade atópase no oeste do país, a beiras do golfo da Guinea, no océano Atlántico, xusto na desembocadura do río Wouri. A cidade esténdese a ambas as beiras do río, unidas pola ponte Bonaberi. Douala é unha das cidades máis importantes do país e a capital económica do Camerún. Tamén é un importante porto de entrada de mercadorías cara ó Chad e a República Centroafricana, os veciños do Camerún sen litoral.

Modelo:Xeografía políticaDouala
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 4°03′N 9°42′L / 4.05, 9.7Coordenadas: 4°03′N 9°42′L / 4.05, 9.7
EstadoCamerún
Regiões (pt) TraducirLitoral (pt) Traducir
Departamentos (pt) TraducirWouri (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.768.436 (2015) Editar o valor em Wikidata (13.183,03 hab./km²)
Xeografía
Superficie210 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Wouri Editar o valor em Wikidata
Altitude13 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Outro
Irmandado con
Newark
Roma
Akhisar
Trieste (1971–)
Filadelfia (1986–)
Dakar (1994–)
Sfax (1997–)
Taiyuan (1999–)
Windhoek (2000–)
Uagadugú (2012–)
Agadir (2013–)
Durban (2015–) Editar o valor em Wikidata

Youtube: UCdANowaxjNT0WiNHyDcEatw Editar o valor em Wikidata

A cidade conta con importantes infraestruturas como o Aeroporto Internacional de Douala. Ademais é o principal porto do país e é a terminal de dúas liñas de ferrocarril que se prolongan cara ó interior e enlazan con Yaoundé, Ngaoundéré, Kumba e Nkongsamba. Así pois, dende Douala realízanse a maioría das exportacións do país, como as de petróleo, café e cacao, ademais de producirse un importante comercio co veciño Chad. En Douala atópase o mercado Eko, o maior do país. As industrias máis importantes son as fábricas de produtos de aluminio, a elaboración de cervexa, refrescos, a industria téxtil e da madeira.

Historia editar

Os portugueses foron os primeiros europeos en chegar á cidade, en 1472. En 1650 converteuse nun asentamento de emigrantes duala provenientes do interior, e durante o século XVIII foi un centro do comercio transatlántico de escravos. Tras pasar a mans alemás en 1884, a poboación recibiu o nome de Kamarunstadt (Cidade do Camerún en alemán) e converteuse na capital do Camerún alemán.[2] En 1907 foi rebautizada como Douala e pasou a mans de Francia en 1919. Foi a capital do Camerún dende 1940 até 1946.[3]

Notas editar

  1. "Cameroon: Regions, Major Cities & Towns - Population Statistics, Maps, Charts, Weather and Web Information". www.citypopulation.de. 
  2. Britannica, Douala, britannica.com, USA, consultado o 7 de xullo de 2019
  3. Mark Dike DeLancey, Mark W. Delancey, Rebecca Neh Mbuh, Historical Dictionary of the Republic of Cameroon, Rowman & Littlefield, USA, 2019, p. 176

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brooke, James (1987). "Informal Capitalism Grows in Cameroon." The New York Times. 30 de novembro. (en inglés)
  • Derrick, Jonathan (1977). "Review of Douala: ville et histoire by René Gouellain." Africa: Journal of the International African Institute. 47:4. (en inglés)
  • Diwouta-Kotto, Danièle (2010). Suites architecturales: Kinshasa, Douala, Dakar. Épinal: Association VAA. (en francés)

Ligazóns externas editar