Dorothy Lamour

actriz de cinema e cantante estadounidense

Mary Leta Dorothy Lamour (Slaton), nada en Nova Orleáns o 10 de decembro 1914 e finada nos Ánxeles o 22 de setembro 1996, foi unha actriz de cinema e cantante estadounidense coñecida como Dorothy Lamour. É lembrada sobre todo por traballar na serie de comedias de éxito “Road to...” con Bing Crosby e Bob Hope.[1]

Infotaula de personaDorothy Lamour

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Mary Leta Dorothy Slaton Editar o valor em Wikidata
10 de decembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
Nova Orleáns, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte22 de setembro de 1996 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Hollywood, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de teatro , locutora de radio , concursante en certames de beleza , actriz de cinema , cantante , actriz de televisión , ascensorista (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1933 Editar o valor em Wikidata -
Partido políticoCalifornia Republican Party (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop tradicional (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webdorothylamour.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0483787 Allocine: 7383 Allmovie: p40193 TCM: 107751 IBDB: 70928
Musicbrainz: 8006fe4d-d2b1-4790-a012-c4cefc7513bf Discogs: 444101 WikiTree: Slaton-153 Find a Grave: 1728 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

Lamour naceu en Nova Orleáns,[2] Luisiana, filla de Carmen Louise LaPorte (1892–1930) e John Watson Slaton (1895–1963), ambos camareiros.[3] O matrimonio dos seus pais durou só uns anos, e a súa nai volveu casar con Clarence Lambour, de quen Dorothy tomou e adaptou o seu apelido como nome artístico.[4] Este matrimonio tamén acabou en divorcio cando Dorothy era unha adolescente. A economía familiar era tan desesperada que cando tiña quince anos, falsificou a firma da súa nai nun documento que a autorizaba a abandonar o colexio. Máis tarde, asistiu a unha escola de secretariado para a que non necesitaba o diploma da escola secundaria. Era unha excelente mecanógrafa e normalmente escribía as súas propias cartas, mesmo despois de facerse famosa.

Despois de gañar en 1931 o concurso de beleza Miss Nova Orleáns,[5] a súa nai e ela mudáronse a Chicago, onde Dorothy gañaba 17 dólares á semana como ascensorista nos almacéns Marshall Field na rúa State. Non tiña formación como cantante pero un amigo convenceuna para que se presentase para un anuncio con Herbie Kay, un director de orquestra que tiña un programa nacional de radio chamado The Yeast Foamers.

Deixou a orquestra de Kay e mudouse a Manhattan, onde o coñecido cantante Rudy Vallee a axudou a conseguir un traballo de cantante nun coñecido night club, O Morocco. Traballou tamén en 1 Fifth Avenue, un cabaré onde coñeceu a Louis B. Mayer, magnate dos estudos MGM. Foi Mayer quen organizou unha proba de cámara para Dorothy, que a levou a ser contratada pola Paramount en 1935.[6] Ese mesmo ano, conseguiu o seu propio programa musical de 15 minutos en NBC Radio. Tamén cantou no coñecido programa de radio de Rudy Vallee. Cando estaba no apoxeo da súa popularidade, as súas fans suxeriron que o seu apelido foi creado por un axente a partir da palabra francesa "amour". Foi Dorothy quen o adaptou de Lambour, que era o apelido do seu pai adoptivo, Clarence.

Coñeceu a J. Edgar Hoover, director do FBI. Segundo o biógrafo de Hoover Richard Hack, Hoover estaba interesado en Dorothy, pero ela só quería unha amizade. Hoover e Lamour foron grandes amigos ata a morte de Hoover. Lamour nunca negou os rumores dunha aventura amorosa entre eles.[7][8]

Carreira editar

En 1936, trasladouse a Hollywood e traballou regularmente en filmes de Paramount Pictures. O papel que fixo dela unha estrela foi Ulah (unha especie de Tarzán feminina) en The Jungle Princess (1936). Mentres se lle adxudicaba fama como símbolo sexual, Lamour tamén demostrou talento como actriz cómica e dramática e estivo entre as actrices máis populares do cine entre 1936 e 1952.

Traballou na serie de películas "Road to..." con Bing Crosby e Bob Hope nos anos 40 e 50. Os filmes foron grandes éxitos durante a década de 1940, e cada ano situábanse entre as máis comerciais. Aínda que os filmes se centraba máis en Hope e Crosby, ela cantaba algunhas das súas cancións máis coñecidas e a súa contribución aos filmes foi considerada, tanto polo público como polos donos dos teatros, de tanta importancia como a de Crosby e Hope. A serie finalizou con Camiño de Bali (1952) cando a súa carreira comezou o seu declive mentres que Crosby e Hope continuaron a ser importantes figuras do negocio.

Durante os anos da segunda guerra mundial, foi unha das pin-ups máis populares entre os soldados, con Betty Grable, Rita Hayworth, Lana Turner e Veronica Lake. Lamour foi en gran medida responsable de pór en marcha as xiras de bonos de guerra, nas que algunhas estrelas de cine viaxaban por todo o país vendendo bonos do goberno ao público.[1] Só Lamour promoveu a venda duns 21 millóns de dólares en bonos de guerra.

Nos primeiros anos 50 a súa carreira foise apagando, e comezou unha nova carreira como animadora de clubs nocturnos e ocasionalmente actriz de teatro. Nos anos 60 volveu á pantalla, con papeis secundarios en tres filmes e ao teatro, coa xira de Hello Dolly! que durou un ano preto do final da década.[9]

Últimos anos editar

O bo humor de Lamour e a súa falta de pretensións permitíronlle ter unha carreira moi longa no mundo do espectáculo. Foi unha atracción no circuíto de dinner theatre dos 70.[10] Nos 60 e 70, viviu co seu marido Leamos Ross Howard III (co que casara en 1943), en Baltimore, Maryland.[11] El morreu en 1978. Lamour publicou a súa autobiografía My Side of the Road en 1980, volveu actuar en clubs nocturnos,[12] e actuou en obras e series de televisión tales como Hart to Hart, Crazy Like a Fox e Escribiuse un crime.

Durante os anos 1990, só traballou en contadas ocasiones mais fixéronlle varias entrevistas en revistas e programas televisivos. En 1995, o musical Swinging on a Star, unha revisión de cancións escritas por Johnny Burke estreouse en Broadway e mantívose tres meses en cartel. Lamour aparecía nos créditos como “asesora especial”. Burke fora o autor de moitas das máis famosas cancións da serie de películas "Road to...". O musical foi candidato aos premios Tony como mellor musical e a actriz no papel de Dorothy Lamour, Kathy Fitzgerald, tamén foi nomeada.

Lamour morreu na súa casa en North Hollywood, California aos 81 anos. Foi enterrada no cemiterio Forest Lawn, Hollywood Hills nos Ánxeles, California.[13]

Filmografía editar

Ano Título Personaxe Notas
1936 College Holiday Bailarina Sen acreditar
1936 The Jungle Princess Ulah
1937 Swing High, Swing Low Anita Álvarez
1937 The Last Train from Madrid Carmelita Castillo
1937 High, Wide, and Handsome Molly Fuller
1937 The Hurricane Marama
1937 Thrill of a Lifetime Specialty
1938 The Big Broadcast of 1938 Dorothy Wyndham
1938 Her Jungle Love Tura
1938 Tropic Holiday Manuela
1938 Spawn of the North Nicky Duval
1939 St. Louis Blues Norma Malone
1939 Man About Town Diana Wilson
1939 Disputed Passage Audrey Hilton
1940 Road to Singapore Mima
1940 Johnny Apollo Lucky Dubarry
1940 Typhoon Dea
1940 Moon Over Burma Arla Dean
1940 Chad Hanna Albany Yates / Lady Lillian
1941 Road to Zanzibar Donna Latour
1941 Caught in the Draft Antoinette "Tony" Fairbanks
1941 Aloma of the South Seas Aloma
1942 The Fleet's In The Countess
1942 Star Spangled Rhythm Ela mesma
1942 Beyond the Blue Horizon Tama
1942 Road to Morocco Princess Shalmar
1943 They Got Me Covered Christina Hill
1943 Dixie Millie Cook
1943 Riding High Ann Castle
1944 And the Angels Sing Nancy Angel
1944 Rainbow Island Lona
1945 A Medal for Benny Lolita Sierra
1945 Duffy's Tavern Ela mesma
1945 Road to Utopia Sal Van Hoyden
1945 Masquerade in Mexico Angel O'Reilly
1947 My Favorite Brunette Carlotta Montay Título alternativo: The Private Eye
1947 Variety Girl Herself
1947 Wild Harvest Fay Rankin
1947 Road to Rio Lucia Maria de Andrade
1948 On Our Merry Way Gloria Manners Título alternativo: A Miracle Can Happen
1948 Lulu Belle Lulu Belle
1949 The Girl from Manhattan Carol Maynard
1949 The Lucky Stiff Anna Marie St. Claire
1949 Slightly French Mary O'Leary
1949 Manhandled Merl Kramer
1951 Here Comes the Groom Ela mesma Sen acreditar
1952 O maior espectáculo do mundo Phyllis
1952 Camiño de Bali Princess Lala
1962 The Road to Hong Kong Ela mesma
1963 A taberna do irlandés Miss Laflour
1964 Pajama Party Head Saleslady
1970 The Phynx Ela mesma
1976 Won Ton Ton, the Dog Who Saved Hollywood Visiting Film Star
1987 Creepshow 2 Martha Spruce Episodio "Old Chief Wood'nhead"

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Severo, Richard (23 de setembro de 1996). "Dorothy Lamour, 81, Sultry Sidekick in Road Films, Dies". The New York Times. Consultado o 20 de agosto de 2010. 
  2. Parish, James Robert; Pitts, Michael R. (2003). Hollywood Songsters: Garland to O'Connor. p. 477. ISBN 0415943337. 
  3. LoBianco, Lorraine. "Starring Dorothy Lamour". TCM. Consultado o 28 de agosto de 2018. 
  4. Room, Adrian (2010). "Dorothy Lamour". Dictionary of Pseudonyms: 13,000 Assumed Names and Their Origins (5th ed.). McFarland. p. 273. ISBN 978-0-786-44373-4. 
  5. The Rosenberg Library Collection – Pageant of Pulchritude and Oleanders (1931). Rosenberg Library and Texas Archive of the Moving Image. 1931. 
  6. Parish, James Robert; Pitts, Michael R. (2003). Hollywood Songsters: Singers Who Act and Actors Who Sing: A Biographical Dictionary 2. Taylor & Francis. p. 447. ISBN 0-415-94333-7. 
  7. Ackerman, Kenneth D. (9 de novembro de 2001). "Five myths about J. Edgar Hoover". washingtonpost.com. Consultado o 11 de decembro de 2012. 
  8. Lamour, Dorothy; McInnes, Dick (1980). My Side of the Road. Prentice-Hall. p. 33. ISBN 0-132-18594-6. 
  9. Scott, J. L. (1 de febreiro de 1968). "No time for sarongs for dorothy lamour in 'dolly'". Los Angeles Times. 
  10. "Dorothy lamour stars on stage". Los Angeles Times. 5 de febreiro de 1971. 
  11. "Dorothy Lamour" (PDF). Baltimore Magazine: 53. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de outubro de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2020. 
  12. Wilson, J. S. (12 de febreiro de 1982). "CABARET: DOROTHY LAMOUR". New York Times. 
  13. Keister, Douglas (2010). Forever L.A.: A Field Guide to Los Angeles Area Cemeteries & Their Residents. Gibbs Smith. p. 167. ISBN 978-1-423-60522-5. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar