Dorotea Barnés González

química española

Dorotea Barnés González, nada en Pamplona o 21 de decembro de 1904 e finada en Fuengirola o 4 de agosto de 2003, foi unha das pioneiras españolas en química, tanto en investigación como en docencia, durante a Idade de Prata.[1] Durante a guerra, estivo exiliada en Francia. Regresou a España en 1940 onde foi inhabilitada para o ensino. Dorotea non volveu investigar.

Infotaula de personaDorotea Barnés González

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de decembro de 1904 Editar o valor em Wikidata
Pamplona, España Editar o valor em Wikidata
Morte4 de agosto de 2003 Editar o valor em Wikidata (98 anos)
Fuengirola, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Central
Smith College Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónquímica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiFrancisco Barnés Salinas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsAdela Barnés González (en) Traducir e Petra Barnés González Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3383649

Biografía editar

Dorotea foi unha das catro fillas (Adela, Petra e Ángela) que, ademais do tres fillos (Francisco, Urbano e Juan), tivo o matrimonio formado por Dorotea González e o seu esposo Francisco Barnés Salinas. Francisco Barnés foi catedrático de Historia e chegou a ser deputado en 1931 e Ministro de Instrución Pública e Belas Artes en 1933, co goberno de Manuel Azaña, e con en 1936 no de Santiago Casares Quiroga e José Giral. Francisco e a súa esposa consideraban que as súas fillas tiñan dereito a estudar até onde quixesen. O catro cursaron estudos universitarios, Dorotea e Adela licenciáronse en Químicas, Petra en Farmacia e Ángela en filoloxía árabe.

Dorotea fixo o bacharelato no Instituto de Ávila, onde o seu pai era catedrático e con 20 anos trasladouse a Madrid para ingresar no recentemente inaugurado Instituto-Escuela na órbita de creacións da Institución Libre de Enseñanza. En 1918 matriculouse na Universidade Complutense de Madrid e en 1931 licenciouse en Ciencias Químicas con premio extraordinario. Desde 1928 alternou os seus estudos coa súa asistencia á Sociedade Española de Física e Química e aos cursos do Laboratorio Foster da Residencia de Señoritas de Madrid, dirixida por María de Maeztu. Todo iso permitiulle ser bolseira pola Junta para Ampliación de Estudios[2] (a institución máis liberal que naquel momento existía en España pero na que con todo só un 13% dos bolseiros foron mulleres) en 1929, no Smith College de Northampton, Massachusetts, onde se especializou na investigación no campo das técnicas da análise espectral, baixo a dirección de Gladys Anslow, doutora en Física pola Universidade Yale e profesora do Departamento de Química do Smith College.

En 1930 publicou Algunas características químicas y del espectro de absorción de la cistina, traballo co que conseguiu o «Master Degree of Science» outorgado polo Smith College. No «Sterling Chemistry Laboratory» desenvolveu en equipo, un estudo comparativo dos ácidos nucleicos en bacterias patóxenas. Foi considerada como unha das científicas máis avanzadas dentro do campo da espectroscopia aplicada á análise química, xunto a Mary Louise Foster e Gladys Anslow.

En 1931 regresou a España e non tardou en conseguir un posto de investigadora no Instituto Nacional de Física e Química de Madrid, na Sección de Espectroscopia e baixo a dirección de Miguel Catalán, xunto a Rosa Bernís Madrazo, Josefina González Aguado, Pilar de Madariaga Rojo, Pilar Martínez Sancho, Carmen Mayoral Girauta e María Paz García del Valle.[3] Foi Catalán quen a encomendou en 1932 viaxar a Graz, Austria, para traballar con Friedrich Kohlrausch. Aos tres meses regresou a España e publicou o primeiro estudo en español sobre a "técnica Raman".

O seu recoñecemento definitivo como a maior especialista española en espectroscopia chegoulle no IX Congreso Internacional de Química Pura e Aplicada celebrado en Madrid en 1933. En 2018 foi incluída na Táboa Periódica das Científicas, xunto a científicas de todo o mundo, ao ser declarado o 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica dos Elementos Químicos para conmemorar o 150º aniversario da publicación de Mendeléyev.[4]

Guerra e exilio editar

O nacemento da súa filla coincidiu co inicio da Guerra Civil, e seguindo o consello do seu pai, exiliouse en Carcasona (Francia).

O seu irmán Juan faleceu en combate en 1937, Francisco estivera cativo até 1938 e despois do exilio en Francia, trasladouse en 1938 a México. No exilio republicano español en México viviron o seu irmán Urbano, os seus pais e as súas irmás Adela, Ángela, Petra e o seu marido. Adela e Petra atoparon empregos acorde á súa formación.

A Dorotea e á súa irmá Adela abríronlles expediente no marco da depuración franquista do maxisterio español, entre os anos 36 e 38. O 16 de setembro de 1941 ditouse o decreto que lle impuxo a Dorotea a pena de inhabilitación para o ensino. O mesmo castigo impúxose a Adela. A sanción só era aplicable en España. Por iso Adela puido seguir impartindo a docencia até a súa xubilación. Dorotea quedou en España, coa súa filla e o seu marido, sen volver ás aulas nin aos laboratorios.[5][6][7]

Notas editar

  1. Magallón Portolés, Carmen (2011). "Químicas en la edad de Plata" 1 (107): 94 a 101. ISSN 1575-3417. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  2. Muñoz Páez, Adela (11 de febreiro de 2017). "Heroínas olvidadas: científicas de la II República". El País (en castelán). Consultado o 12 de febreiro de 2017. 
  3. Magallón Portolés, Carmen (xuño-decembro 2007). "El laboratorio Foster de la Residencia de Señoritas. Las relaciones de la JAE con el International Institute for Girls In Spain, y la formación de las jóvenes científicas españolas". ISSN 0210-4466. Consultado o 8 de decembro de 2016. 
  4. "La Tabla Periódica de las Científicas | Actualidad | Naukas" (en castelán). Consultado o 9 de decembro de 2018. 
  5. Poveda Sanz, María (2014). "Mujeres y segunda enseñanza en Madrid (1931-1939). El personal docente femenino en los institutos de bachillerato". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 21 de marzo de 2016. 
  6. Sitio de biografías Consultado en decembro de 2014
  7. Martínez, Uxune. "Dorotea Barnes (1904-2003): Ulisesen bidaia hasi zuen kimikari nafarra". Zientzia kaiera (en vasco). 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • ORTIZ GÓMEZ, Teresa e BECERRA CONDE, Gloria: "Mujeres de Ciencias. Mujer, feminismo y ciencias naturales, experimentales y tecnológicas"; Universidad de Granada, 1996.
  • MAGALLÓN PORTOLÉS, Carmen: "Pioneras españolas en las ciencias. Las mujeres del Instituto Nacional de Física y Química"; Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Madrid, 1998.
  • MUÑOZ PÁEZ, Adela (2017). Sabias : la cara oculta de la ciencia. [Barcelona]: Debate. ISBN 978-84-9992-702-2, 84-9992-702-5.