Dormencia ou latencia[1] é o período de tempo en que unha planta é incapaz de medrar, debido ás condicións ambientais adversas (temperatura, nutrientes, humidade...) aínda que continúa desenvolvendo actividades morfolóxicas e fisiolóxicas. O termo refírese non só aos vexetais, senón ao período no ciclo de vida de calquera organismo no cal o desenvolvemento queda temporalamente suspenso. Minimiza o gasto enerxético, por reducir a actividade metabólica, e pode auxiliar un organismo a conservar enerxía. A dormencia está normalmente asociada coas condicións ambientais. Os organismos poden sincronizar a entrada nunha fase dormente co seu ambiente por medios preditivos ou consecuenciais[2][3].

Oso en primavera, moi magro porque acaba de saír da súa hibernación.
Moitas árbores saen da súa dormencia na primavera. Na imaxe rebento de pradairo (Acer pseudoplatanus) en dormancia.

Tipos de dormencia editar

Dormencia preditiva editar

A dormencia preditiva ocorre cando un organismo entra nunha fase de dormencia antes do establecemento das condicións adversas. Por exemplo, o fotoperíodo e a baixa da temperatura son usados por moitas plantas para prever a chegada do inverno.

Dormencia consecuencial editar

A dormencia consecuencial ocorre cando o organismo entra en fase dormente após as condicións adversas teren “chegado”. Esta obsérvase normalmente en áreas de climas imprevisíbeis. Sería de agardar, que alteracións moi súbitas nas condicións, leven a unha alta mortalidade entre animais con dormencia consecuencial, porén o seu uso pode ser vantaxoso, unha vez que os organismos se manteñen activos máis tempo, están aptos a maior uso dos recursos dispoñíbeis.

Dormencia en sementes editar

Clasificación e mecanismos editar

Dormencia é a condicióno na cal a semente non xermola durante certo tempo, en condicións ambientais nas cales a mesma xermolaría se non estivese dormente. A dormencia debe ser interrompida por un proceso denominado “creba de dormencia”, que torna a semente apta a xermolar.

De acordo coa súa orixe, a dormencia da semente pode ser primaria, cando se inicia durante as fases iniciais ou finais de desenvolvemento da semente na planta-nai; ou pode ser secundaria, cando a semente se torna dormente após a liberacióin no ambiente, e xeralmente decorre da restauración dunha dormencia primaria, inducida por factores externos.

A dormencia pode ser tamén dividida en: fisiolóxica, dependente de factores metabólicos e xenéticos, sendo en xeral crebada por tratamentos con baixa temperatura; morfolóxicas, na cal a semente é dispersa antes de que o embrión complete o seu desenvolvemento, ou; morfofisiolóxica, que presenta unha combinación de ambos os tipos anteriores: após completar o seu desenvolvemento no ambiente, aínda é necesario crebar a dormencia fisiolóxica a través dun tratamento químico (hormonal). Alén destas, existe ademais a dormencia física, caracterizada pola presenza dun envoltorio que confire unha impermeabilidade, imposibilitando o desenvolvemento da plántula.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Proposta de definición do Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. (en inglés) The Nematodes. University of Pennsylvania. Arquivado 24 de novembro de 2014 en Wayback Machine.
  3. (en inglés) McSorley, Robert. Adaptations of Nematodes to Environmental Extremes. Florida Entomologist. 86.2. Xuño 2003. Arquivado 24 de novembro de 2014 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar