O doo wop é un estilo vocal de música nacido da unión dos xéneros rhythm and blues e gospel.[1][2][3] Desenvolveuse en comunidades afroamericanas dos Estados Unidos durante os anos 40 e alcanzou a súa maior popularidade entre os 50 e os 60.[4] Xurdiu das rúas de cidades industriais das zonas ao nordés dese país (Nova York, Filadelfia, Chicago, Baltimore e Pittsburgh) onde a xente nova se reunía para levar a cabo interpretacións.[5] Nun principio, foi un estilo musical dirixido a unha audiencia principalmente adulta e afroamericana, e posteriormente estendeuse cara a un mercado adolescente e multirracial.[6]

Os Earth Angels, grupo catalán de harmonía vocal que participou como convidado honorífico no festival que reuniu os grandes artistas estadounidenses deste xénero en maio de 2010 en Pittsburgh, Pensilvania.
Un Mercury de 1949, típico das clases populares da movida xuvenil de finais dos anos 60 nos Estados Unidos.

Algúns historiadores aseguran que durante esta época se gravaron nos Estados Unidos máis de quince mil discos deste estilo e que o seu son harmónico de voces entrelazadas que incorporaban elementos de rhythm and blues, jazz, swing e gospel, costituíu o modelo que lle deu formato posteriormente ao rock and roll.[7][8]

O xénero comezou nos soportais e nos garaxes das casas onde se producían as pequenas reunións de cinco ou seis adolescentes que intentaban sorprender as súas noivas ou adquirir certa popularidade.[9] Coa súa expansión, comezou a practicarse nos canellas e practicamente en calquera lugar que puidese ofrecer un eco que reforzase os seus arranxos vocais.[10] De feito, este procedemento foi o que lle deu nome á frase que posteriormente, en 1975, se converteu no tema Looking for an Echo (Procurando un Eco), de Richard Reicheg, autor que recibiu xunto coa súa banda un premio Grammy á mellor composición instrumental o ano seguinte.[11]

Caracterízase polos seus contidos de voces a cappella[12] e por consistir en melodías nas que un vocalis principal é acompañado polos coros e as frases do resto do grupo, que habitualmente se compón de tres cantantes ou máis.[13] As composicións abranguen un amplo rango de voces: contratenor, falsete, tenor, barítono e baixo vocal.[14]

Na maioría de gravacións de estudio, a súa instrumentación é moi lixeira, reducida a un simple acompañamento de fondo. As actuacións manteñen un ritmo de batería moi simple, outorgándolles o absoluto dominio aos diversos rexistros melódicos das voces a riqueza harmónica.[15] Debido a isto, o doo wop tamén se coñece polo alcume de icecream changes.

As primeiras interpretacións soaban a grupos de estudantes que lle dedicaban unha canción á súa noiva ou amiga.[16] As súas letras, compostas de sílabas sen sentido e adoito dunha melodía simple e de carácter romántico, captaban a atención das adolescentes ao se sentiren claramente identificadas coa mensaxe que enviaban, polo que se converteron en típicas das verbenas e de encontros nos patios de recreo dos institutos, onde tamén era frecuente facer piques entre eles para demostrar quen eran mellores.[17][18][19]

Coa súa proliferación e xunto á aparición e impacto do rock and roll vocal, chegou tamén unha onda de rapaces que comezaron a lucir topetes[20] e vestimentas para se identificaren co movemento, como era o caso dalgunhas mulleres usando pezas con lunares.[21][22]

Algúns músicos do Bronx acudían ás escolas públicas para lles ensinar aos rapaces a técnica e, posteriormente, moitos colexios e centros sociais lles proporcionaban un lugar onde poder ensaiar, de maneira que se mantivesen arredados das rúas, da drogadicción e da delincuencia.[23] Algunhas igrexas, como a de San Anthony (da que xurdiu o grupo feminino The Chantels, cuxo exclusivo son tiña a súa raíz na música litúrxica desta institución) colaboraron, xunto con emisoras de radio, a promocionar o estilo.[24]

O director da emisora de radio WWRL Rocky Bridges circulaba cunha furgoneta polas rúas do Bronx promocionado o xénero, entanto que a compañía Co-Op organizaba eventos musicais entre distintas formacións de xente nova. Así mesmo, o doo wop colaborou en romper barreiras raciais entre bandas de brancos e negros que actuaban xuntas.[25]

Orixe do termo editar

 
O grupo neoiorquino de doo wop The Quotations nunha actuación en vivo no Benedum Center, en Pensilvania.

Existen desacordos sobre o verdadeiro significado e os comezos do uso do termo, aínda que os expertos coinciden en que consiste nun estilo de voces harmoniosas baseadas no blues e que adoitan incluír sílabas sen sentido que forman a súa base principal.[26] Xeralmente, as voces de acompañamento inclúen a frase "doo wop ah doo wop", de onde se supón que provén o seu nome.[27]

Ao principio, durante o seu apoxeo, non se lle chamaba así; este tipo de música non tiña un nome específico e o termo doo wop non se usaba. En 1950, este tipo de son harmonizado coñecíase principalmente como rock and roll e, en menor medida, rhythm and blues.[28][29] Con todo, este último era tamén un termo xeneralizado, posto que abranguía solistas, instrumentalistas e bandas de jump blues, así como grupos vocais. Pode ser que o termo máis preciso usado neses días fose "vogal group harmony" (grupo de harmonía vocal), pero aínda non contaba con nome oficial, a pesar de que a finais da década de 1950 e principios da de 1960 dominaba nas principais listas de éxitos.

Existe certa confusión sobre cal foi a primeira gravación que contiña a frase "doo-wop". Xeralmente recoñécese When You Dance, do grupo The Turbans (Herald Records), de 1955, como o primeiro tema de éxito en usar estas sílabas na súa portada, así como o primeiro no que se escoita o termo «doo-wop». Con todo, Tim Lucy, un apaixonado da harmonía vocal, revelou que o primeiro sinxelo en usala foi o tema Never, en 1954, dun grupo de Los Ángeles chamado Carlyle Dundee & The Dundees (Space 201), onde o coro acompaña o vocalista cantando a frase "doo wop".[30] Algúns membros desta banda constituíron posteriormente un novo grupo chamado The Calvanes.

Erroneamente informouse de que a frase a cuñou o disc jockey de radio Gus Gossert a principios de 1970. Con todo, o mesmo Gossert dixo que xa a usaban antes que el para categorizar os discos en California. Logo dalgún tempo, o termo callou como descrición e categoría para o rythm and blues de harmonía vocal. Moitas coleccións que se compuñan exclusivamente de composicións orixinais deste xénero vendéronse baixo o nome de doo wop, o cal segue vixente hoxe en día.

Larry Chance, o vocalista da banda The Earls, comentou nunha entrevista que "o doo wop se converteu nunha arte esquecida debido á crecente proliferación de bandas británicas, así como o son Motown, ata que unha serie de dee jays, como Gus Gossert, Jerry Blavat e Don K. Reed, entre outros, rexeitaron aceptar o seu fin e amosar á industria discográfica que aínda había mercado para as vellas bandas de harmonía vocal».[31]

Estilo editar

 
The Mills Brothers na gravación do tema Till Then ("Ata entón"), en 1944
 
Partitura que representa a típica progresión harmónica usada nas composicións estadounidenses de música popular do oeste.

O estilo representaba a culminación de longas horas de práctica e a creatividade dos adolescentes xunto ao soño de obteren éxito no mundo da música mediante o cruzamento de estilos, ademais do amor que sentían pola harmonía vocal.[32] Desde a súa perspectiva, a mellor ruta cara ao éxito consistía en adaptar os estándares da música popular do momento aos estilos contemporáneos de voces negras. Os pronunciados trazos de rhythm and blues e gospel no seu traballo reflectían as influencias que adquiriran no seu ambiente desde a súa infancia: a igrexa, as actividades sociais e os problemas raciais que afloraban nos ghettos.[33]

O doo wop está marcadamente relacionado co rockabilly; proba diso atopámola no popular tema Little Darlin', da lista estadounidense American Top 40, escrito por Maurice Williams e publicado por primeira vez por The Zodiacs en 1957, o cal se basea nunha melodía doo wop con prominente énfase en clave rítmica. É de salientar que, sendo unha das pezas máis populares da época, foi interpretada por numerosos artistas, como fixo Elvis no seu álbum Moody Blue ou a banda Sha Na Na no festival de Woodstock de 1969, e tamén as Lennon Sisters, cunha apreciada pero curta interpretación durante o seu propio espectáculo musical, emitido desde 1969 ata 1970 na cadea de radio e televisión estadounidense ABC.[34] Así mesmo, atópase dentro dos 100 grandes éxitos deste xénero.[35]

As voces de harmonías vocais interprétanse e soan como un eco por baixo da voz do vocalista principal, o contratenor. Ao mesmo tempo, o tenor, de timbre máis claro e brillante, canta xunto ao barítono emitindo as súas voces ao unísono, o que lle permite ao tenor levar o falsete sobre a voz principal, á vez que a voz do baixo se sitúa reverberando de fondo ao final.[36][37] Os arranxos fanse frecuentemente de oído, en contraste cos típicos arranxos sofisticados arranxos do a cappella contemporáneo.[38]

Un dos temas con máis sona e máis representativos do xénero doo wop é o sinxelo Earth Angel, gravado e publicado polo grupo The Penguins en setembro de 1954, baixo o selo Doctone, pero que evolucionara doutras bandas antes de que eles o publicasen por primeira vez.[39]

Bandas como Dion and the Belmonts, The Platters, The Crests e unha longa infinidade de agrupacións que se dividían en grupos de brancos e de negros, xeraron temas moi distintos entre eles, mesmo dentro do mesmo estilo. Os grupos negros posuían maior inclinación ao rhythm and blues dos 40, entanto que os brancos, de procedencia italiana, lembraban máis as tarantelas napolitanas.[40]

Como peculiaridade, cómpre salientar que existía unha certa tendencia nalgunhas bandas a usar nomes de aves na súa presentación comercial. Deste xeito xurdiron varias agrupacións, como The Ravens, The Penguins, The Cardinals, The Crows e The Flamingos, entre moitos outros.[41]

Orixes do estilo editar

 
Os Earth Angels Interpretando co tradicional estilo de rúa en Pittsburgh.

As súas raíces proveñen dos anos 1930 e 1940, e evolucionaron a partir de grupos que cantaban gospel nas igrexas das aldeas de raíces africanas dos Estados Unidos.[42] Con todo,  neste mesmo momento incorporáronselle tamén influencias do blues, dándolle a súa propia identidade. 

Entre un dos primeiros exemplos gravados en vinilo de música vocal afroamericana atópase a canción My Prayer, dos Ink Spots, en 1939, os cales, xunto a The Mills Bros, foron un dos grupos vocais negros máis populares entre comezos da década de 1930 e a década de 1940. A influencia que os Ink Spots tiveron noutros grupos vocais foi notable durante este período e pode escoitarse nas interpretacións de moitos deles, por exemplo en The Temptations.[43]

Estímase que o seu momento principal como estilo está definido entre dúas gravacións principais: en 1948, It's Too Soon To Know, publicada por The Orioles no seu álbum It's A Natural,  e en 1961, On Lover's Island, dos Blue Jays, no seu álbum Milestone.[44]

Ao longo da historia resóuselle importancia á contribución que os hispanos lle proporcionaron aos grupos de harmonía vocal. Nos primeiros desenvolvementos dos sons de rúa, maiormente nas cidades da costa leste dos Estados Unidos, os portorriqueños adoitaban ser os principais vocalistas nalgúns grupos, xunto a negros e outros brancos. Como exemplo, cómpre salientar The Crests, Frankie Lymon & The Teenagers, Five Discs e Tune Weavers, que entre moitos outros incluían latinos para lle dar formato ao son do grupo.[45]

Arquitectura editar

 
Típica rockola Wurlitzer de 24 sinxelos de mediados do século XX, fotografada nunha taberna de Georgetown chamada The Stables, en Seattle, Washington.
 
Caribbean Motel, no condado de Cape May (Nova Jersey), que ofrece un aspecto co estilo típico dos anos 50 e que logo se chamou "arquitectura doo wop".

A principios de 1990, o Mid-Atlantic Center For The Arts instituíu o termo doo wop para describir un tipo de arquitectura coñecida como "era do espazo", que era común entre os anos 50 e os 60. Estas edificacións incorporaban ángulos moi característicos, cores vivas, escintilacións de estrelas, plásticos e formas de búmerang, entre outras cousas. Dentro deste estilo existen distintas categorías, por exemplo, a "Phony Colonee" de estilo patriótico estadounidense, a "Vroom" ou a "Blast Off", que usa paredes acristaladas e teito angular que lembra unha especie de hangares espaciais.[46]

Véxase tamén editar

Referencias editar

  1. "Tennessee". 
  2. "Acapella Hymns, Doo Wop, And Barbershop Quartet: What They Have In Common". [Ligazón morta]
  3. "R&B vocal harmony groups blended black church and secular traditions" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de setembro de 2008. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  4. "The Belmonts" (PDF). 
  5. "Doo Wop Music And Its Origins". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  6. "Doo wop". 
  7. "Acapella Doo Wop". 
  8. "The Arts". 
  9. "The Earth Angels Biography". Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  10. "50's Rock & Roll, R&B and Doo Wop". [Ligazón morta]
  11. "Looking For An Echo". Arquivado dende o orixinal o 24 de marzo de 2016. 
  12. "Remember sidewalk serenades?". Arquivado dende o orixinal o 26 de agosto de 2011. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  13. "Meet The Earth Angels!". 
  14. "The Doo Wop Sound". 
  15. "Los nuevos grupos vocales de folklore de fines de los años ‘50" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de abril de 2016. 
  16. "The Doo-Wop Groups". 
  17. "Product Description". 
  18. "The Complete Book of Doo-Wop". 
  19. "Doo wop". Arquivado dende o orixinal o 11 de setembro de 2009. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  20. "The original New York Doo Wop Show returns to Bethel Woods" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xuño de 2010. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  21. "How to Make Doo Wop Clothes". 
  22. "George Clinton & Parliament Funkadelic". [Ligazón morta]
  23. "Tom Riepenhoff". Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  24. "The Chantels sing in 2009". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2010. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  25. "Welcome to the Bronx, African-American History project". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2012. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  26. "Doo Wop Music". 
  27. "DooWop, Those Were The Days!". 
  28. "Géneros musicales". 
  29. "The guide to Wildwood's Doo wop architecture" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  30. "De dónde sale el nombre Doo wop". 
  31. "A dozen (or so) Questions for Larry Chance of The Earls with Ray D'ariano". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  32. "DOOWOP: The Chicago Scene". 
  33. "Evolution of the Genre". Arquivado dende o orixinal o 26 de novembro de 2010. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  34. "The Lennon Sisters". 
  35. "100 Greatest Uptempo-Doo wop songs0". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2010. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  36. "Joe Cuba El Alcalde Del Barrio". 
  37. "Group Harmony". 
  38. "Style guide Doo wop". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2008. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  39. "The origins of "Earth Angel (Will You Be Mine)" as recorded by The Penguins". 
  40. "Los Doo wop brothers". 
  41. "Doo-Wop Progressions". 
  42. "Rhythm and Blues clásico". 
  43. "The Ink Spots". 
  44. "Defining The Doo Wop Era". [Ligazón morta]
  45. "Hispanic contribution to Doo wop". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2011. Consultado o 04 de abril de 2016. 
  46. "The Doo wop architecture of Wildwood Crest". Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 04 de abril de 2016. 

Ligazóns externas editar