Dong vietnamita

unidade monetaria de Vietnam
Dong vietnamita
Đồng Việt Nam
Código:VND
Ámbito: Vietnam
Símbolo:₫ / đ
Fracción:hào (1/10), xu (1/100) (non emitido).
Moedas:200, 500, 1.000, 2.000, 5.000 dong.
Billetes:500, 1.000, 2.000, 5.000, 10.000, 20.000, 50.000, 100.000, 200.000, 500.000 dong.
Emisor:Banco Estatal de Vietnam (Ngân hàng Nhà nước Việt Nam)
Taxa de troco:
05-03-2021
1 EUR = 27.703,4 VND
1 USD = 23.155,63 VND[1]
Troco actual

O dong (en vietnamita: đồng) é a unidade monetaria da República Socialista de Vietnam desde o 3 de maio de 1987.[2] O seu código ISO 4217 é VND e o seu símbolo monetario é ou đ.[3][4] O seu órgano emisor é o Banco Estatal de Vietnam.[5]

O actual dong conserva a denominación da moeda dos extintos Vietnam do Norte e Vietnam do Sur, herdeira, pola súa vez, da piastra da Indochina Francesa.[6][7]

Anteriormente, o dong contaba con dúas moedas divisionarias: o hào, que era unha décima parte, e o xu, a centésima parte.[8]

Historia editar

Vietnam do Norte editar

 
1 dong de Vietnam do Norte (1946)

En 1946, o Goberno do Viet Minh (que posteriormente se converteu en Vietnam do Norte) introduciu a súa propia moeda, o dong, para substituír a piastra da Indochina francesa, cun valor á par. A partir dese momento houbo dúas revalorizacións, en 1951 e en 1959, a primeira cunha taxa de 100:1 e a segunda coa taxa de 1.000:1.[6][7]

Vietnam do Sur editar

 
500 dong de Vietnam do Sur (1966)

En 1953 emitíronse billetes con dupla denominación en piastras e en dong para o Estado de Vietnam, que se converteu en Vietnam do Sur en 1954. O 22 de setembro de 1975, logo da caída de Saigón, cambiouse a moeda survietnamita por unha nova denominada "dong da liberación'', equivalente a 500 dos antigos.[6][7]

Vietnam unificado editar

Logo da unificación de Vietnam, o dong unificouse tamén, o 3 de maio de 1978. Unha unidade deste novo dong era equivalente á do antigo dong do Norte ou a 0,8 do "dong de liberación de Vietnam do sur".

O 14 de setembro de 1985, o dong foi revalorizado, de xeito que un novo dong pasou a equivaler a 10 dos antigos. Nese momento comezou un ciclo de inflación crónica que continuou ata ben entrada a década de 1990.[6][7]

Moedas editar

Esta sección refírese unicamente ao dong do Vietnam unificado.

Primeiro dong editar

En 1978 introducíronse moedas de aluminio, datadas en 1976, con valores faciais de 1, 2, e 5 hào, e de 1 dong. Estas moedas foron cuñadas na Casa da Moeda de Berlín, na daquela República Democrática Alemá, e amosan o emblema do Estado nos seus anversoa e o seu valor nos reversos. Por mor da inflación crónica, o valor destas moedas chegou a practicamente desaparecer e, a partir desta serie non circulou no país moeda ningunha durante máis de dúas décadas.

Segundo dong editar

A partir de 1986 comezaron a producirse emisións de moeda conmemorativa en dong cuñadas en diversos metais e aliaxes (cobre, bronce, cuproníquel, prata e ouro), aínda que ningunha delas estaba destinada á circulación.

Mais o 17 de decembro de 2003, o Banco Estatal de Vietnam retomou a emisión de moeda para a súa posta en circulación. Esta nova serie, producida pola Casa da Moeda de Finlandia, compúñase dos valores de 200, 500, 1.000, 2.000 e 5.000 dong, de aceiro, nuns valores bañado en níquel e noutros en latón. Con anterioridade a esta reintrodución da moeda, os consumidores vietnamitas víanse obrigados a cambiar os seus billetes en fichas para accederen a servizos como, por exemplo, as máquinas expendedoras, o que eximía o Estado do alto custo de imprimir billetes de valores pequenos. Xa que logo, as novas moedas foron inicialmente ben acollidas pola poboación, que ao mesmo tempo amosaba a súa preocupación pola limitada cantidade de moedas de 200 dong en circulación, por mor das presións inflacionarias.[9]

Desde o comezo desta nova serie de 2003, o Banco Estatal tivo dificultades para xeneralizar a aceptación das moedas, malia o cesamento da produción de billetes de valores menores, ata o punto de que algúns bancos rexeitaron os depósitos en moedas. Esta situación obrigou a aprobar leis que obrigaban os bancos privados e municipais a faceren transaccións en moedas, en detrimento do uso dos valores inferiores en billetes. Paralelamente, a aceptación do uso das moedas por parte da poboación foi decaendo.[10] Finamente, o Banco Estatal de Vietnam cesou a súa distribución en 2011, aínda mantendo o seu curso legal.[11]

Imaxe Facial Data Aliaxe Diámetro Grosor Peso Canto Anverso Reverso
    200 đ

[12]

2003 Ace. bañado en Ni 20,0 mm 1,4 mm 3,1 g Liso Escudo de armas; CỘNG HÒA XÃ HỘI CHỦ NGHĨA VIỆT NAM ("República Socialista de Vietnam") Lenda común:

NGÂN HÀNG NHÀ NƯỚC VIỆT NAM ("Banco Estatal de Vietnam")

Motivos centrais:

• 200 đ e 500 đ: valor.

• 1.000 đ templo Ðô.

• 2 .000 đ casa en Tay Nguyen.

• 5 .000 đ pagode Môt Côt.

    500 đ

[13]

21,8 mm 1,7 mm 4,5 g Estriado alterno
    1.000 đ

[14]

Ace. bañado en lat. 19,7 mm 1,9 mm 3,7 g Estriado
    2.000 đ

[15]

23,5 mm 1,7 mm 5,0 g Estriado alterno
    5.000 đ

[16]

Lat. 25,5 mm 2,2 mm 7,6 g Indentado

Billetes editar

Primeiro dong editar

Simultaneamente á introdución das primeiras moedas en 1978, nese mesmo ano púxose tamén en circulación a primeira serie de billetes, con valores de 5 hào e de 1, 5, 10, 20 e 50 dong, datados en 1976. En 1980 engadiuse o billete de 2 dong e en 1981 os de 30 e 100 dong. A forte inflación provocou a retirada destes billetes en 1985, que foran perdendo o seu valor progresivamente.[17]

Segundo dong editar

No mesmo 1985 reintroduciuse unha nova serie composta polos mesmos valores, aos que se lles engadiu o superior de 500 dong, mais a incesante inflación levou consigo a súa rápida substitución, en 1987, por unha nova con billetes de 200, 1.000, 2.000 e 5.000 dong, á que se lle engadiron outros valores en series sucesivas: os de 10.000 e de 50.000 dong en 1990, o de 20.000 dong en 1991, o de 100.000 dong en 1994, o de 500.000 en 2003 e o de 200.000 dong en 2006.[17][18]

Deste segundo dong apareceron cinco series. Bardante a iniciada en 2003, a carencia de temas unificados e de coordinación nos seus deseños provocou moita confusión na poboación. Na táboa que se amosa a seguir figuran os derradeiros billetes, con valor de 100 dong ou superior, que estiveron en circulación antes da serie vixente (todos estes billetes foron retirados da circulación).[17]

Imaxe Facial Data Dimensións Cor principal Anverso Reverso
100 đ

[19]

1991 120×60 mm Marrón

Verde

Escudo de armas Templo de Phổ Minh
200 đ

[20]

1987 130×65 mm Laranxa Ho Chi Minh Produción agraria
500 đ

[21]

1988 130×65 mm Rosa Porto Haiphong
1.000 đ

[22]

134×65 mm Multicolor Produción madeireira
2.000 đ

[23]

134×65 mm Multicolor Factoría téxtil
5.000 d

[24]

1991 134×65 mm Azul Central hidroeléctrica de Trị An
10.000 đ

[25]

1993 140×68 mm Vermello Baía Hạ Long
20.000 đ

[26]

1991 140×68 mm Azul Industria conserveira
50.000 đ

[27]

1994 140×68 mm Verde Porto de Nhà Rồng
100.000 đ

[28]

145×71 mm Marrón Casa étnica Ho Chi Minh

Billetes de polímero en circulación editar

En 2003 Vietnam comezou a substituír os billetes feitos en papel de algodón por outros de polímero plástico, sobre a base de que isto traería consigo unha redución dos custos de produción. Numerosos xornais do país criticaron estes cambios e acusaron a familiares do presidente do Banco Estatal de lucrárnse cos contratos das novas impresións.[29]

Imaxe Facial Data Dimensións Cor principal Anverso Reverso
    10.000 đ

[30]

2006

a

2020

132×60 mm Marrón

Amarelo

Ho Chi Minh Plataforma marítima
    20.000 đ

[31]

136×65 mm Azul Ponte cuberta en Hội An
    50.000 đ

[32]

2003

a

2020

140×65 mm Rosa Huế
    100.000 đ

[33]

2004

a

2020

144×65 mm Verde Templo da literatura, Hanoi
    200.000 đ

[34]

2006

a

2020

148×65 mm Vermello Baía de Hạ Long
    500.000 đ

[35]

2003

a

2020

152×65 mm Ciano

Púrpura

Lugar de nacemento de Ho Chi Minh's en Kim Liên

En 2001 emitiuse un billete de polímero de 50 dong conmemorativo do 50 aniversario do Banco Estatal de Vietnam, aínda que o seu valor facial é tan baixo que na realidade só está destinado ao coleccionismo.[36] En 2016 emitiuse outro billete, esta vez de 100 dong e fabricado en papel de algodón, conmemorativo do 65 aniversario da mesma entidade.[37]

Desvalorización do dong editar

Logo da revalorización do dólar de Cimbabue o 1 de agosto de 2006,[38] o dong converteuse na unidade monetaria menos valorada do mundo durante meses. Porén, o 7 de setembro de 2007, o revalorizado dólar cimbabuense recuperou a súa posición como moeda menos valorada, en termos de taxa de troco (no mercado negro xa o era desde marzo dese ano). Logo do cesamento do uso do dólar cimbabuense o 12 de abril de 2009,[39] o dong vietnamita pasou a ser a segunda unidade monetaria menos valorada, despois do rial iraniano, o 28 de novembro de 2014. Desde o 19 de xuño de 2014, o dong fora desvalorizado cinco veces, nun esforzo por estimular as exportacións do país e garantir a estabilidade da moeda.[40]

Notas editar

  1. Cambio do đồng co euro e co dólar. Nataf.net
  2. "Dong". En Digalego. Dicionario de galego (Digalego.gal)
  3. "World Currency Symbols". Xe.com
  4. "Códigos de divisas por países". Iban.com
  5. "Banknotes & Coins". The State Bank of Vietnam.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "History of Vietnam Dong". Vietnamonline.com
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Letwin, B. (2014). "A Look at Vietnamese Currency Through History". Saigoneer.com
  8. "Dong". En Münzen Lexikon (Reppa.de)
  9. "Curious Vietnamese sneak a peek at no-tear notes, coins". En Viet Nam News. 19 de decembro de 2003.
  10. "Tại sao tiền xu không được ưa chuộng?". En VietStock. 5 de decembro de 2013.
  11. "Nên thu hồi tiền xu khi giá trị thanh toán không còn". En NguNgười Đưa Tin. 27 de decembro de 2012.
  12. "200 đồng". Numista.com
  13. "500 đồng". Numista.com
  14. "1000 đồng". Numista.com
  15. "2000 đồng". Numista.com
  16. "5000 đồng". Numista.com
  17. 17,0 17,1 17,2 "Vietnam: Ngân hàng Nhà nước Việt Nam". Banknote.com
  18. "500,000 Vietnamese Dong: The Story of a Historic Banknote". Banknote World.
  19. "100 đồng 1991". Banknote.ws
  20. "200 đồng 1987". Banknote.ws
  21. "500 đồng 1988". Banknote.ws
  22. "1000 đồng 1987". Banknote.ws
  23. "2000 đồng 1988". Banknote.ws
  24. "5000 đồng 1991". Banknote.ws
  25. "10000 đồng 1993". Banknote.ws
  26. "20000 đồng 1991". Banknote.ws
  27. "50000 đồng 1994". Banknote.ws
  28. "100000 đồng 1994". Banknote.ws
  29. "Vietnam censorship concern grows". BBC News. 21 de outubro de 2006.
  30. "10.000 đồng 20056-2020". Banknote.ws
  31. "20.000 đồng 2006-2020". Banknote.ws
  32. "50.000 đồng 2003-2020". Banknote.ws
  33. "100.000 đồng 2004-2020". Banknote.ws
  34. "200.000 đồng 2006-2020". Banknote.ws
  35. "500.000 đồng 2003-2020". Banknote.ws
  36. "50 đồng 2001 50th Anniversary National/State Bank of Vietnam". Banknote.ws
  37. "100 đồng 2016 65th Anniversary National Bank of Vietnam". Banknote.ws
  38. "Zimbabwe money loses three zeros". En BBC News. 31 de xullo de 2006.
  39. "Zimbabwe Suspends Use of Own Currency". En VOA News. 11 de novembro de 2009.
  40. "Vietnamese Dong Devaluations 2014-2016". Global Currency Reset.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar