Don Giovanni (ópera)

Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni (en galego O libertino castigado ou Don Xoán) é unha ópera en dous actos con música de Wolfgang Amadeus Mozart e libreto en italiano de Lorenzo da Ponte, baseado no personaxe literario de Don Juan.

Il dissoluto punito ossia il Don Giovanni
O libertino castigado ou Don Xoán
Cartel da función do 23 de setembro de 1788.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaLorenzo da Ponte
Fontes literariasbaseado no libreto de Giovanni Bertati para Giuseppe Gazzaniga dunha ópera de 1787[1]
Estrea27 de outubro de 1787
Teatro da estreaTeatro de Praga
Lugar da estreaPraga
Duración2 horas 45 minutos
Música
CompositorWolfgang Amadeus Mozart
Orquestración1 clavicémbalo
1 mandolina
1 timbal
2 frautas
2 óboes
2 clarinetes
2 fagots
2 trompas
2 trompetas
3 trombóns
Instr. de cordas: * violíns (primeiros e segundos)
* violonchelos
* violas
* contrabaixos
Personaxes

Don Giovanni (barítono)
Leporello (baixo)
Il Commendatore (baixo)
Donna Anna (soprano)
Don Ottavio (tenor)
Donna Elvira (soprano)
Masetto (baixo
Zerlina (soprano)

Historia editar

Foi estreada no Teatro da Ópera Italiana de Praga (actualmente denominado Teatro Estatal de Praga) o 29 de outubro de 1787[2] baixo a batuta do propio compositor. O libreto de Da Ponte foi considerado por moitos na época como dramma giocoso, un termo que denota unha mestura de acción cómica e seria. Mozart incluíu a obra no seu catálogo como "opera buffa". Aínda que ás veces sexa clasificada como cómica, mestura comedia, melodrama e elementos sobrenaturais.

Como obra destacada do repertorio operístico estándar, aparece como o número sete na lista Operabase das óperas máis representadas en todo o mundo,[3] e a terceira de Mozart. Foi ademais un tema moi froitífero para escritores e filósofos.

Instrumentación editar

Personaxes editar

Personaje Tesitura Elenco da estrea mundial o 29 de outubro de 1787[4]
Director: Wolfgang Amadeus Mozart
Elenco na estrea en Viena o 7 de maio de 1788[5]
Director: Wolfgang Amadeus Mozart
Don Giovanni, un xove nobre extremadamente licencioso barítono Luigi Bassi Francesco Albertarelli
Leporello, servinte de Don Giovanni baixo Felice Ponziani Francesco Benucci[6]
Il Commendatore (Don Pedro) baixo Giuseppe Lolli Francesco Bussani
Donna Anna, fixa, prometida de Don Ottavio soprano Teresa Saporiti Aloysia Weber[7]
Don Ottavio tenor Antonio Baglioni Francesco Morella
Donna Elvira, unha dama de Burgos abandonada por Don Giovanni soprano Katherina Micelli Caterina Cavalieri[8]
Masetto, un campesiño baixo[9] Giuseppe Lolli Francesco Bussani
Zerlina, prometida de Masetto soprano Caterina Bondini[10] Luisa Mombelli
Coro: campesiños, servintes, damas, músicos, demos

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 116–117. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. O teatro é mencionado como o Teatro di Praga no libreto para a estrea de 1787 (Deutsch 1965, 302–303); para o nome actual do teatro véxase "The Estates Theatre" Arquivado 27 de setembro de 2011 en Wayback Machine. na páxina web do Teatro Estatal de Praga.
  3. Opera Statistics
  4. Elenco da estrea de Casaglia (2005)
  5. Deutsch 1965, 313
  6. Benucci foi o primeiro Fígaro en Le nozze di Figaro.
  7. Weber, cuñada de Mozart, cantou con frecuencia nas súas obras.
  8. Cavalieri foi a primeira Konstanze en Die Entführung aus dem Serail.
  9. O papel é frecuentemente cantado por barítonos
  10. Abert, Spencer, Eisen: W. A. Mozart

Véxase tamén editar