Don Carlos, ou Don Carlo na versión en italiano, é unha ópera en cinco actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de François Joseph Méry e Camille du Locle, baseado no drama Dom Karlos, Infant von Spanien de Schiller. Foi estreada o 11 de marzo de 1867 no Teatro Imperial da Ópera de París.

Don Carlos (en francés)
Don Carlo (en italiano)
Don Carlos
Portada do libreto da versión italiana.
FormaGrand opéra
Actos e escenas5 actos
Idioma orixinal do libretoFrancés
LibretistaJ. Mèry e C. du Locle
Fontes literariasF. Schiller: Don Carlos (1787)
Estrea11 de marzo de 1867
Teatro da estreaÓpera de París
Lugar da estreaParís
Duración3 horas 30 minutos (versión en 4 actos, 3 horas)[1]
Música
CompositorGiuseppe Verdi
Personaxes

Os acontecementos históricos rodean e dirixen boa parte do drama. Para Verdi esta ópera representaba a loita da liberdade contra a opresión política e religiosa, representadas nos personaxes de Filipe II e o Grande Inquisidor. A historia está baseada en conflitos na vida de Carlos de Austria e Portugal (1545–1568) logo de que a súa prometida, Isabel de Valois, casara co seu pai, o rei Filipe II como parte do tratado de paz que puxo fin á guerra italiana de 1551-1559 entre as Casas de Habsburgo e Valois; aparecen a Contrarreforma, a Inquisición e a rebelión dos calvinistas en Flandres, Brabante e Países Baixos.

Ao longo de vinte anos, realizáronselle cortes e adicións á ópera, o que deu como resultado unha gran diversidade de versións dispoñibles para directores. Ningunha outra ópera de Verdi ten tantas versións. Coa súa duración íntegra (incluíndo o ballet e os cortes feitos antes da primeira representación), contén arredor de catro horas de música, sendo a ópera máis longa de Verdi.[3]

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea
11 de marzo de 1867[4][5]
(Director:
François George-Hainl)
Versión revisada
Elenco na estrea
10 de xaneiro de 1884[4]
(Director: - )
Filipe II (Philippe/Filippo) o Rei de España, fillo de Carlos I e pai de Don Carlos baixo Louis-Henri Obin Alessandro Silvestri
Don Carlos (Don Carlo), Infante de España, fillo e hedeiro do Rei tenor Jean Morère Francesco Tamagno
Rodrigue (Rodrigo), Marqués de Posa, un amigo do Infante Don Carlos barítono Jean-Baptiste Faure Paul Lhérie
O Grande inquisidor de España (Diego, cardenal de Espinosa na época, mais non mencionado como tal na ópera) baixo Joseph David Francesco Navarini
Isabel de Valois, unha princesa francesa, inicialmente prometida a Don Carlos, mais logo casada co Rei Filipe soprano Marie-Constance Sass Abigaille Bruschi-Chiatti
La princesa de Éboli, unha aristócrata na corte mezzosoprano Pauline Guéymard-Lauters Giuseppina Pasqua
Un monxe (a aparición do defunto emperador Carlos V, ou Carlo Quinto) baixo Armand Castelmary Leopoldo Cromberg
Thibault (Tebaldo), paxe de Isabel soprano Leonia Levielly Amelia Garten
Unha voz do Ceo soprano
O conde de Lerma, un delegado español en Francia tenor Gaspard Angelo Fiorentini
Heraldo real tenor Mermant Angelo Fiorentini
Condesa de Aremberg, unha dama de compañía de Isabel papel mudo Dominique
Representantes flamengos, inquisidores, damas e cabaleiros da corte española, o pobo, gardas, paxes, monxes, soldados - coro

Notas editar

  1. Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 178. ISBN 978-84-670-2605-4. 
  2. José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
  3. Budden, pp. 23-25
  4. 4,0 4,1 Budden, p. 4
  5. "Don Carlos, Instituto Nazionale di Studi Verdiani". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2012. Consultado o 11 de xaneiro de 2012. 

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.