Don't Stop Me Now

"Don't Stop Me Now" (en galego «non me deteñas agora») é unha canción da banda de rock británica Queen, lanzada como sinxelo do álbum Jazz en 1978. É a canción número doce do álbum.[1]

A canción baséase no piano tocado por Freddie Mercury, mentres entraban a facer acompañamento Roger Taylor e John Deacon coa batería e o baixo respectivamente. Na versión de estudio, Brian May só intervén coa guitarra durante o solo, mentres que na versión en vivo que apareceu durante o Jazz Tour e o Crazy Tour, Brian May tocaba acordes para darlle un son máis inclinado cara ao rock.

Aínda que a canción alcanzou o posto n.º 9 nas listas británicas, superando a "Bicycle Race"/"Fat Bottomed Girls", só alcanzou o posto n.º 86 nos Estados Unidos.

No 2005 foi elixida polos espectadores do programa de televisión da BBC Top Gear como "a mellor canción para conducir da historia".[2]

Créditos editar

Vídeo musical editar

O videoclip da canción foi dirixido por J. Kliebenstein e gravado no Forest National de Bruxelas, Bélxica, o 26 de xaneiro de 1979.[3] Curiosamente, no videoclip pódese ver a Brian May tocando a guitarra durante case toda a canción, aínda que debido á construción rítmica da mesma, este instrumento non se escoite ata a súa intervención co só de guitarra.

En directo editar

Considerada, no momento do seu lanzamento, como unha canción "menor" dentro do canon de Queen, só se interpretou en directo en 1979, cunha última actuación na xira Crazy Tour.[4] Na versión de estudio, Brian May unicamente toca a guitarra durante o "solo", pero nas interpretacións en directo, durante os tours Jazz e Crazy, May tocaría tamén durante o resto da canción. Unha versión en directo foi incluída no álbum Live Killers (1979).[5]

Outros medios editar

A canción utilizouse en numerosos anuncios publicitarios; VH1, Opel, ENTEL ou Telefónica son algúns exemplos.

Tamén foi utilizada en diferentes películas e series, tales como Shaun of the Dead (2004), Sonic the Hedgehog (2020), Shazam! e Amigos... (2011).

En 2011, foi a canción elixida por Google para o seu logo (ou doodle) especial creado en homenaxe ao que fose o 65 aniversarios de Freddie Mercury.[6]

Darren Criss, interpretando a Blaine Anderson realizou unha versión da canción na serie Glee, para o episodio Diva.

En 2016, foi utilizada no tráiler de lanzamento de Plants vs. Zombies: Garden Warfare 2. Tamén é usada como canción do Just Dance 2017.

Tamén aparece no segundo episodio da primeira tempada da serie de Netflix, Umbrella Academy.

Versións editar

A banda británica McFly fixo unha versión, lanzada o 17 de xullo de 2006, e chegou ao número 1 nas listas británicas, no álbum Motion in the Ocean.[7] Desde a súa publicación en 2006, foi unha canción recorrente nas presentacións da banda. Nunha delas, ademais, contaron como convidado a Brian May, guitarrista de Queen.

Notas editar

  1. Jazz - Don't Stop Me Now Ultimate Queen. Consultado o 2 de xullo de 2011
  2. "Queen win Top Gears Best Driving Song ever poll". Arquivado dende o orixinal o 30 de setembro de 2011. Consultado o 11 de agosto de 2011. 
  3. "Queen Promo Videos". Consultado o 14 de outubro de 2016. 
  4. Queen live on tour: Crazy tour Queen Concerts. 2 de xullo de 2011
  5. Live Killers Allmusic. 12 de xullo de 2011
  6. Inc, Google. "Logo de Google a Freddie Mercury". Video. Consultado o 5 de setembro de 2011. 
  7. Unstoppable McFly top music chart BBC News. 28 de maio de 2011

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar