Domokós (en grego: Δομοκός) é unha vila situada na prefectura da Ftiótida, en Grecia. A súa poboación era de 2.144 habitantes, de acordo co censo de 2011. É a capital da provincia homónima, como tamén a sede do concello homónimo, que conta con 16 distritos municipais.

Modelo:Xeografía políticaDomokós
Imaxe

Localización
Mapa
 39°07′38″N 22°18′11″L / 39.1272, 22.3031Coordenadas: 39°07′38″N 22°18′11″L / 39.1272, 22.3031
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) Traducir
PeriferiasGrecia Central
PrefecturasFtiótida (pt) Traducir
ConcelloDomokos Municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.814 (2021) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal350 10 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico2232 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Riofreddo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Páxina webdomokos.gr Editar o valor em Wikidata

Domokos é o centro da vida comercial da provincia, dispón dunha serie de servizos públicos (xulgados, policía, correos e bancos) e establecementos comerciais de todos tipo. Sitúase a trinta quilómetros de Lamía e a vinte e cinco quilómetros de Farsalo.

Historia editar

A orixe do seu nome ven da antiga cidade de Táumaco (Thafmako), localizada no mesmo lugar. A etimoloxía do nome viría de θαυμάσια (thaumásia), que significa "admirable", "marabillosa", debido á posición xeográfica da cidade, elevándose sobre a planicie da Tesalia. Tivo unha gran prosperidade durante a Idade Media, e foi unha das cidades que pertencían a Eufrosina, esposa do emperador bizantino.

Despois da conquista de Bizancio polos francos, a cidade pasou ao poder do rei de Tesalónica, Bonifacio. En 1393 Domokós foi ocupada polos turcos otománs; foi liberada en 1881 e recapturada en 1897 despois dunha batalla feroz, que ocorreu sobre as seguintes condicións: o exército grego, que tivo que recuar dende a fronteira coa Tesalia, estabeleceu base no planalto de Domokós; o exército turco pasou os seguintes días cercando o exército grego, ata que finalmente o conseguiron. Os gregos defendéronse con forza, e como resultado da encrucillada no monte Kassidiaris, a cidade volveu ás mans dos gregos despois da independencia de Grecia.

A outra cidade da provincia de Domokós é Ághios Stéfanos ("San Estevo"), antiga Nezerós.