A dolomita é un mineral composto de carbonato de calcio e magnesio [CaMg(CO3)2]. Recibe o seu nome na honra do xeólogo francés Déodat Gratiet de Dolomieu.

Dolomita.

Características editar

Abunda na natureza en forma de rochas dolomíticas e utilízase como fonte de magnesio e para a fabricación de materiais refractarios. É de cor rosa e raia branca, con brillo vítreo algo perlado, posúe dureza 3,5 a 4 na escala de Mohs. A súa densidade varía entre 2,86 a 3,10. Cristaliza no sistema hexagonal, xeralmente en romboedros. amén se utiliza como fundente en metalurxia, manufactura de cerámica, pinturas e cargas brancas, como compoñente para fabricar o vidro.

Véxase tamén editar