Dolmen de Axeitos

estrutura megalítica

O dolmen de Axeitos é un dos monumentos funerarios megalíticos de Galicia máis coñecidos. Sitúase na parroquia de Oleiros, no concello de Ribeira. Está datado no IV milenio a. C.

Dolmen de Axeitos
Ben de Interese Cultural
Dolmen de Axeitos
Localización
PaísGaliza Galiza
ConcelloRibeira
LocalidadeAxeitos
Coordenadas42°35′59″N 9°01′03″O / 42.59972222, -9.0175Coordenadas: 42°35′59″N 9°01′03″O / 42.59972222, -9.0175
Datos xerais
Data11 de marzo de 1978
CategoríaMonumento
CódigoRI-51-0004270
ConstruciónPrehistoria -
EstiloMegalitismo
Mapa de localización
Dolmen de Axeitos en Galicia
Dolmen de Axeitos
Dolmen de Axeitos

Descrición editar

De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete ortóstatos. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.

Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos.[1] Ata hai algúns anos[cando?], a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída.[1]

É propiedade da Deputación da Coruña.

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 García Martínez, Manuel Carlos; et al. (2005). Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada. El Progreso de Lugo. p. 154. ISBN 84-87804-06-3. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar