Coordenadas: 34°04′25″N 118°14′24″O / 34.073611111111, -118.24

O Dodger Stadium, chamado ás veces polo metónimo Chavez Ravine, é un parque de béisbol situado barrio de Elysian Park nos Ánxeles, California (Estados Unidos). É o estadio local de Los Angeles Dodgers da Liga Nacional da Major League Baseball (MLB). Aberto o 10 de abril de 1962, foi construído en menos de tres anos. O custo da construción foi de 23 millóns de dólares, todos achegados por capital privado.[1] O Dodger Stadium é o recinto da MLB máis antigo situado ao oeste do Río Mississippi, así como o terceiro máis antigo en xeral, só despois de Fenway Park en Boston (1912) e Wrigley Field en Chicago (1914). Con capacidade para 56.000 espectadores, é o parque de béisbol con maior capacidade do mundo. Os segunintes son o Estadio Latinoamericano da Habana e o Tokyo Dome con 55.000. Considerado favorábel para pitchers, o estadio presencio doce no-hitters, dos cales dous foron xogos perfectos.

Dodger Stadium
Datos
LocalizaciónOs Ánxeles, Estados Unidos
AlcumeChavez Ravine
Blue Heaven on Earth
Construción
Construción17 de setembro de 1959
Inauguración10 de abril de 1962
ArquitectoPraeger-Kavanagh-Waterbury
EnxeñeiroWilliam Simpson & Associates Inc.
SA Bogen Engineers
Custo$23 millóns (1962)
Estadio
SuperficieSanta Ana Bermuda Grass (natural)
DimensiónsLeft Field – 330 ft (101 m)
Left-Center – 375 ft (114 m)
Center Field – 395 ft (120 m)
Right-Center – 375 ft (114 m)
Right Field – 330 ft (101 m)
Backstop – 55 ft (17 m)
Dimensións en pés
Dimensións en pés
Capacidade56.000 espectadores
Asist. máxima57.099 (13 de abril de 2009)
Giants 1−11 Dodgers (MLB)
PropietarioGuggenheim Baseball Management
OperaradoraLos Angeles Dodgers
LocalíaLos Angeles Dodgers (1962– )
Los Angeles Angels (1962–1965)

Notas editar

  1. "Dodger Stadium Construction Facts". O'Malley Seidler Partners. Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2017. Consultado o 4 de abril de 2017. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar