Doctor Strange (filme de 2016)

filme de 2016 dirixido por Scott Derrickson

Doctor Strange é un filme estadounidense de 2016 dirixido por Scott Derrickson. Baséase no personaxe de Marvel Comics Doctor Strange e foi producido por Marvel Studios e distribuído por Walt Disney Studios Motion Pictures. Foi o décimo cuarto filme do Universo Cinematográfico Marvel (MCU). O guión foi escrito por Jon Spaihts e C. Robert Cargill, e está protagonizado por Benedict Cumberbatch no papel do cirurxián Stephen Strange, xunto con Chiwetel Ejiofor, Rachel McAdams, Benedict Wong, Michael Stuhlbarg, Benjamin Bratt, Scott Adkins, Mads Mikkelsen e Tilda Swinton. No filme, Strange aprende os segredos das artes místicas logo de que a súa carreira como doutor rematase nun accidente de coche.

Doctor Strange
Logo do filme.
Ficha técnica
Título orixinalDoctor Strange
DirectorScott Derrickson
ProdutorKevin Feige
Guión
Baseado enDoctor Strange de Stan Lee e Steve Ditko
Intérpretes
MúsicaMichael Giacchino
FotografíaBen Davis
Montaxe
  • Wyatt Smith[1]
  • Sabrina Plisco[2]
EstudioMarvel Studios
DistribuidoraWalt Disney Studios
Motion Pictures
EstreaHong Kong: 13 de outubro de 2016
4 de novembro de 2016
Duración115 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAventuras e acción
Orzamento165 millóns de dólares[3][4][5]
Recadación677,7 millóns de dólares[3]
Na rede
http://www.marvel.com/doctorstrange
IMDB: tt1211837 Filmaffinity: 858509 Allocine: 130533 Rottentomatoes: m/doctor_strange_2016 Mojo: marvel716 Allmovie: v601168 TCM: 2041863 Metacritic: movie/doctor-strange
Twitter: DrStrange Netlix: 80108237Editar o valor em Wikidata

Varias adaptacións de Doctor Strange estiveron en fase de desenvolvemento dende mediados da década de 1980, até que Paramount Pictures adquiriu os dereitos cinematográficos en abril de 2005 en nome de Marvel Studios. Thomas Dean Donnelly e Joshua Oppenheimer foron incorporados no proxecto en xuño de 2010 para escribir o guión. En xuño de 2014, Derrickson foi contratado como director, xunto con Spaihts para reescribir o guión. Cumberbatch foi escollido para o papel epónimo en decembro de 2014, precisando dun cambio de calendario para non interferir nos seus outros compromisos. Isto permitiulle ó propio Derrickson ter tempo para traballar el mesmo no guión, coa axuda de Cargill. A fotografía principal comezou en novembro de 2015 no Nepal, antes de trasladarse ó Reino Unido e a Hong Kong, rematando na cidade de Nova York en abril de 2016.

Doctor Strange estreouse en Hong Kong o 13 de outubro de 2016, e lanzouse nos Estados Unidos o 4 de novembro en 3D e IMAX 3D. O filme recadou máis de 677 millóns de dólares en todo o mundo, foi louvado polos seus efectos visuais e o elenco, e foi nomeado nos Premios Óscar na categoría de mellores efectos visuais. A súa secuela, Doctor Strange in the Multiverse of Madness, está programada para a súa estrea o 7 de maio de 2021.

Personaxes editar

 
De esquerda a dereita: Cumberbatch, Derrickson, Swinton, McAdams, Ejiofor, Mikkelsen e Wong na Convención Internacional de Banda Deseñada de San Diego de 2016.

Notas editar

  1. Giardina, Carolyn (1 de agosto de 2015). The Hollywood Reporter, ed. "EditFest: 'Ant-Man,' 'Avengers 2' Editors on Working in the Marvel Universe". Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015. 
  2. "Marvel's 'Doctor Strange' Begins Production". Marvel.com. 24 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 24 de novembro de 2015. Consultado o 24 de novembro de 2015. 
  3. 3,0 3,1 Box Office Mojo (ed.). "Doctor Strange (2016)". Consultado o 24 de abril de 2017. 
  4. Beyers, Tim (22 de outubro de 2016). "Instant Analysis: For Disney Investors, 'Doctor Strange' Is Tracking Disappointment". The Motley Fool. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2016. Consultado o 23 de outubro de 2016. 
  5. Sylt, Christian (27 de abril de 2018). Forbes, ed. "Disney Reveals Financial Muscle Of 'Avengers: Infinity War'". Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2018. Consultado o 3 de maio de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar