Doctor Sleep (filme de 2019)

filme de 2019 dirixido por Mike Flanagan

Doctor Sleep (comercializado tamén co título Stephen King's Doctor Sleep) é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Mike Flanagan. Baséase na novela homónima de 2013 escrita por Stephen King, unha secuela doutra novela de King, The Shining. O filme, que tamén é unha secuela directa do filme The Shining, dirixido por Stanley Kubrick, está ambientado varias décadas despois dos eventos da historia orixinal e mestura elementos da novela de 1977 tamén. Doctor Sleep foi escrito, dirixido e editado por Mike Flanagan, e está protagonizado por Ewan McGregor como Danny Torrance, un home con habilidades psíquicas que tenta superar os traumas da súa nenez. Rebecca Ferguson, Kyliegh Curran e Cliff Curtis intepretan os papeis secundarios.[5][6] No filme, un xa adulto Dan Torrance debe protexer unha rapaza con poderes semellantes dun culto coñecido como "The True Knot", que cazan nenos con habilidades psíquicas para permanecer inmortais.

Doctor Sleep
Ficha técnica
Título orixinalDoctor Sleep
DirectorMike Flanagan
Produtor
  • Trevor Macy
  • Jon Berg
GuiónMike Flanagan
Baseado enDoctor Sleep de Stephen King
Intérpretes
MúsicaThe Newton Brothers
FotografíaMichael Fimognari
MontaxeMike Flanagan
Estudio
DistribuidoraWarner Bros. Pictures
EstreaEuropa: 31 de outubro de 2019
8 de novembro de 2019
Duración152 minutos (estrea nos cinemas)
181 minutos (corte do director)
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Orzamento45 millóns de dólares[1][2]
Recadación72,3 millóns de dólares[3][4]
Filme anteriorThe Shining
Na rede
http://www.doctorsleepmovie.net
IMDB: tt5606664 Filmaffinity: 140751 Allocine: 242734 Rottentomatoes: m/doctor_sleep Mojo: doctorsleep Allmovie: v717647 Metacritic: movie/doctor-sleep
Facebook: doctorsleepmovie Twitter: DoctorSleepFilm Instagram: doctorsleepmovie Editar o valor em Wikidata

Warner Bros. Pictures comezou a desenvolver unha adaptación cinematográfica de Doctor Sleep pouco despois de que a novela fose publicada no ano 2013. O produtor e guionista Akiva Goldsman escribiu un guión, mais o estudio non asegurou un orzamente para o filme até o éxito de recadación do filme de terror It, que tamén está baseado nunha novela de King. Flanagan foi contratado para reescribir o guión de Goldsman e para dirixir o filme. Flanagan dixo que o filme tentaría reconciliar as diferenzas entre a novela e o filme de The Shining. A rodaxe comezou en setembro de 2018 en Xeorxia, incluíndo Atlanta e as áreas limítrofes, e rematou en decembro de 2018.

Warner Bros. Pictures lanzou Doctor Sleep en todo o mundo a partir do 31 de outubro de 2019, e nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2019. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que louvou as interpretacións e a atmosfera, mais con certas reticencias pola súa duración.[7] Cunha recadación de $72 millóns en todo o mundo, a súa acollida polo público foi considerada decepcionante en comparación co éxito doutras adaptacións de novelas de King como It Chapter Two e Pet Sematary.[8]

Personaxes editar

Notas editar

  1. Variety, ed. (6 de novembro de 2019). "Can 'The Shining' Sequel 'Doctor Sleep' Awaken the Box Office?". Consultado o 7 de novembro de 2019. 
  2. D'Alessandro, Anthony (10 de novembro de 2019). Deadline Hollywood, ed. "How 'Doctor Sleep' Went Into A Coma At The B.O. With Dreary $14M+ Opening, Following Surprise $17M+ Attack By 'Midway' – Update". Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  3. IMDb (ed.). "Doctor Sleep (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de xaneiro de 2020. 
  4. "Doctor Sleep (2019)". The Numbers. Consultado o 8 de xaneiro de 2020. 
  5. YouTube, ed. (8 de setembro de 2019). "Doctor Sleep - Final Trailer [HD]". Warner Bros. Pictures. Consultado o 9 de setembro de 2019. 
  6. Chitwood, Adam (8 de novembro de 2019). "‘Doctor Sleep’ Ending Explained: Bridging the Gap Between 'The Shining' Book and Film". Collider. Consultado o 25 de decembro de 2019. 
  7. James Comtois (30 de outubro de 2019). SyFy, ed. "Critics Say Doctor Sleep Runs Long, but Star Rebecca Ferguson Shines". Consultado o 10 de novembro de 2019. 
  8. Jeff Ewing (30 de outubro de 2019). "'Charlie's Angels', 'Dark Fate', 'Doctor Sleep'... Examining Surprising Box Office Flops". Consultado o 19 de novembro de 2019. 
  9. 9,0 9,1 Fleming Jr, Mike (1 de agosto de 2018). Deadline Hollywood, ed. "'Doctor Sleep' Gets Carl Lumbly For Dick Halloran, Alex Essoe For Wendy Torrance". Consultado o 17 de outubro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar