Doboj (en serbio: Добој) é unha cidade e concello situado na República Serbia dentro da federación de Bosnia e Hercegovina. A cidade é un importante nó ferroviario e alí ten a súa sede os Ferrocarrís da República Serbia e a Corporación dos Ferrocarrís de Bosnia e Hercegovina. A superficie do concello é de 691 km² despois que tras a Guerra de Bosnia se formaran, integrados na Federación de Bosnia e Hercegovina, os concellos de Doboj do Leste e Doboj do Sur de maioría musulmá e Usora de maioría croata. A poboación estimada do concello é de 80.000 habitantes e da cidade de 30.000 [1]. A composición étnica variou considerablemente coa Guerra de Bosnia, actualmente a maioría da poboación é serbia con arredor do 80%, un 13% é bosniomusulmá e un 3% croata.[2]

Modelo:Xeografía políticaDoboj
Добој (sr-ec) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 44°44′N 18°08′L / 44.73, 18.13Coordenadas: 44°44′N 18°08′L / 44.73, 18.13
EstadoBosnia e Hercegovina
Organização político-administrativa da Bósnia e Herzegovina (pt) TraducirRepública Serbia Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación68.514 (2013) Editar o valor em Wikidata (105,73 hab./km²)
Xeografía
Superficie648 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porRío Bosna, Spreča (en) Traducir e Usora (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altitude143 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación28 de xuño de 1415 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
20 de outubro de 1992Siege of Doboj (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Mayor of Doboj (en) Traducir Editar o valor em WikidataBoris Jerinić (pt) Traducir (2018–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoCity of Doboj Assembly (en) Traducir , Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal74000 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico053 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Celje
Cavaglià (pt) Traducir
Ćuprija (pt) Traducir
Osmangazi (pt) Traducir (2013–) Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A primeira vez que se menciona a localidade de Doboj foi en 1415 pero de feito pola cantidade de obxectos atopados en escavacións arqueolóxicas había xa un núcleo de poboación desde moito antes e a Fortaleza de Doboj data do século XIII, construída sobre unha anterior que podería ser do século X. En 1476 a fortaleza xunto coa localidade caeu baixo o Imperio Otomán. Durante a primeira guerra mundial en Doboj estableceuse o máis grande dos campos de concentración para serbios polo que pasaron case 46.000 prisioneiros. Na segunda guerra mundial Doboj converteuse nun importante foco de resistencia dos partisanos. A cidade quedou liberada o 17 de abril de 1945

Notas editar

  1. Esas cifras aparecen na web oficial do concello [1] Arquivado 12 de abril de 2008 en Wayback Machine.. O último censo oficial en Bosnia e Hercegovina foi en 1991 antes da guerra de Bosnia que modificou considerablemente a demografía da localidade. Segundo o censo de 1991 o concello de Doboj tiña 102.549 habitantes, aproximadamente un 40% de bosniomusulmáns e 39% de serbios
  2. Segundo a Oficina de Estatísticas de Bosnia e Hercegovina, datos estimados de de 2005 [2]